O pasado 5 de xullo recibimos a contestación da concelleira de persoal, Dª Rosa Gallego sobre a valoración das modificacións á RPT consensuada por todos os sindicatos. Neste documento aparecen unha serie de falsidades e mentiras que consideramos necesario aclarar:

 


1. Cando a concelleira di que os sindicatos solicitamos a apertura de tódolos postos de xefatura de departamento ao subgrupo A2 está falseando a realidade e ocultando as motivacións da nosa contestación. A PRETENSIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL ERA REGULARIZAR UNHA ACTUACIÓN ANTERIOR QUE NON SE AXUSTABA Á LEGALIDADE VIXENTE XA QUE TIÑA ADSCRITO UN TECNICO MEDIO A UN POSTO DE TECNICO SUPERIOR. Nós o que lle dixemos foi que esa modificación non se podía facer ad personam, que tería que facerse con criterios xenéricos e aplicárselle a todos aqueles postos que os cumprisen.

 


2. No que se refire á supresión dos postos de condutor de alcaldía, É DE TRACA QUE SE PRETENDA RESPONSABILIZAR AOS SINDICATOS DE ALGO QUE O PP ESTIVO PREGOANDO ANTES, DURANTE E DESPOIS DA CAMPAÑA ELECTORAL. Nos o que lles dixemos foi que se o que pretendían era substituír os postos de condutor de alcaldía por condutores de mobilidade -non de parque móbil como di a concelleira- terían que eliminar os primeiros, xa que o contrario suporía un incremento de postos de condutor. Por certo, parece ser que non caeran na conta disto.

 


3. Foi a propia concelleira de persoal a que adiou a resolución da proposta desas dúas modificacións puntuais da RPT. Non existindo ningunha outra proposta, ¿Contra que deberíamos as organizacións sindicais presentar alegacións? A realidade é que se falou só de adaptar o organigrama organizativo á nova distribución de competencias das concellerías realizadas polo Goberno Municipal no 2011 (xa non era sen tempo), e non da creación ou modificación de novos postos de traballo. Os sindicatos sabemos de sobra, e así llo dixemos, que a organización é competencia do Goberno Municipal, tal e como a concelleira se encarga de recordarnos neste documento, pero a concelleira tamén debería saber, de sobra, que a creación ou modificación de postos require negociación REAL.

 


4. A documentación que se nos facilita o día 10 de maio para a MXN do día 14 consiste nun documento onde se nos facilita a relación nominal dos cambios que se efectuarán na RPT, que non son só de carácter organizativo no sentido de ubicación e dependencia xerárquica, se non que se eliminan uns postos e se crean outros novos. Asemade, facilítasenos a RPT coas modificacións introducidas. ESTA DOCUMENTACIÓN ENVÍASENOS UN VENRES ÁS 13:47 h PARA UNHA REUNIÓN QUE SE ÍA REALIZAR O MARTES SEGUINTE ÁS 13:00 h.

 


5. Na reunión do día 14 de maio solicitamos que se nos facilitara toda a documentación relativa aos postos de nova creación: funcións, valoracións, memorias xustificativas, etc. A documentación solicitada foinos enviada o día 15 ás 12:18 h e foi aprobada pola Xunta de Goberno Local o día 16: o mesmo día que nos dixeron que podíamos enviar alegacións.

 


CON TODO O RELATADO ATE AQUÍ QUEDA ABSOLUTAMENTE CLARO QUE O GOBERNO MUNICIPAL NON TIVO VONTADE DE NEGOCIAR A RPT E MOITO MENOS DE CHEGAR A NINGÚN TIPO DE ACORDO.

 


Ao respecto das cuestións específicas que a concelleira trata de rebater, temos que manifestar o seguinte:

 


1. A concelleira trata de xustificar o cambio do complemento de especial dedicación dun posto a outro co argumento de que os cambios non poden supor incremento do gasto. Aceptar este criterio implicaría aceptar que o complemento de especial dedicación ten como único obxecto e finalidade o incremento da retribución dun traballador en concreto xa que a súa aplicación depende exclusivamente da dispoñibilidade económica e non das necesidades do servizo. Será por isto que nin este goberno nin o anterior queiran facer un estudo serio dos postos que o requiren, no canto de aplicalos de xeito xenérico tomando case como única referencia o nivel de complemento de destino.

 


2. Argumenta a concelleira con carácter xeral que segundo os artigos 29 e 30 do Decreto 1/2008 calquera posto pode ser provisto polo sistema de libre designación con so recollelo así na RPT. Para rebater isto acompañamos o seguinte extracto dunha sentenza:

 


En la reciente sentencia de 15/02/2013, Nº de Recurso: 300/2012, Roj: STS 745/2013, en su fundamento jurídico Sexto, refiere,“Es preciso recordar la Sentencia de este Tribunal, de 31 de julio de 2012 (casación 1206/2010), en la que se sintetiza la doctrina jurisprudencial dictada sobre los criterios jurídicos a que ha de ajustarse la elección del sistema de libre designación para la provisión de puestos de trabajo, en los siguientes términos:"La jurisprudencia de esta Sala viene insistiendo en el carácter excepcional que la Ley asigna a este sistema de libre designación y en la necesidad de que cuando se considere necesario acudir a él se haga, también excepcionalmente, y justificando, caso por caso, por qué debe utilizarse (así se han manifestado, entre otras, la sentencias de 11 de marzo de 2009 (casación 2332/2005), 9 de febrero de 2009 (casación 7168/2004), 10 de diciembre de 2008 (casación 10351/2004), 24 de septiembre de 2008 (casación 5231/2004), 2 de julio de 2008 (casación 1573/2004), 7 de abril de 2008 (casación 7657/2003), 17 de diciembre de 2007 (casación 596/2005), 17 de septiembre de 2007 (casación 5466/2002), 16 de julio de 2007 (casación 1792/2004)".
A lo que añade que "esa justificación, para que pueda ser considerada suficiente, exige describir las concretas circunstancias y cometidos concurrentes en el puesto de que se trate que permitan valorar si es o no de apreciar en el mismo el carácter directivo o la especial responsabilidad de los que depende la validez del sistema de libre designación, y que no bastan a estos efectos fórmulas estereotipadas o la mera denominación aplicada al puesto".

 


3. Abondando máis no seu erro cualifica a argumentación de CIG e UGT de incoherente cando cuestionaron a provisión polo sistema de libre designación dos postos de Oficial e Policía de Prevención. Trata de xustificar a súa afirmación co argumento de que estes postos están incluídos no organigrama xeral da policía local. Se obviamos o recollido no punto anterior e damos por válido este criterio, ao considerar que os diferentes destinos que compoñen o organigrama da Policía Local son postos de traballo diferenciados, tendo en conta que na RPT teñen que aparecer tódolos postos de traballo do concello habería que trasladalos á RPT: atestados, motoristas, sala do 092, sala de pantallas, etc., Iso implicaría facer unha folla descritiva das funcións e tarefas de cada un deles e unha valoración individualizada en función das características de cada posto. Aceptar isto produciría un cambio radical na filosofía empregada á hora de confeccionar a RPT en vigor, xa que esta partía de que na Policía Local do Concello da Coruña os postos de traballo viñan definidos polas diferentes categorías profesionais.

 


4. Cando a concelleira di que tódolos postos incluídos na proposta de modificación cumpren coas Normas de Xestión da RPT, só lle recordaremos que se crean 5 postos de inspección en infraestruturas aos que non se lles aplican o complemento salarial de traballo na rúa (debe ser que as obras de infraestruturas fanse baixo cuberto...?) nin o de penosidade de inspección, complemento creado especificamente para este tipo de postos de traballo.

 


5. Ao respecto da inclusión dos Técnicos Superiores ou titulacións equivalentes no novo grupo B de clasificación de persoal temos que recordarlle que a Lei 7/2007, na súa Disposición Transitoria Terceira só fala da xeneralización das novas titulacións universitarias. Porén, temos sentenzas que, malia desestimar a adscrición a este grupo de titulación dos empregados que accederon ao posto baixo a lexislación anterior, nos seus fundamentos de dereito indican que si sería de aplicación nos supostos de novos accesos. Isto podería provocar que o mesmo posto de traballo, co mesmo requisito de titulación, tivese retribucións diferentes. Recordar asemade que a RPT do concello de Carballo, por poñer un exemplo, xa contempla este novo grupo dende hai mais de dous anos e que esta aplicación para o concello da Coruña xa se tiña pactada co Goberno anterior.

 


6. Tratar de xustificar a apertura da totalidade dos postos de Xefatura de departamento aos subgrupos A1/A2 dicindo que non se lles pedirán informes os que non estean habilitados, a pesar de ocupar os postos e que estes informes formen parte das funcións do mesmo, é manifestamente irregular, non se pode acceder a un posto se non tes a capacidade ou a titulación necesaria para desenvolver a totalidade das funcións requiridas. Isto poderían evitalo de terse limitado á apertura dos citados postos ao subgrupo A2 só naqueles supostos nos que non fose necesaria a titulación habilitante para o exercicio das súas funcións.

 


Xa para rematar, facer constar que non somos quen de determinar se a concelleira minte ou está mal informada pero tampouco temos claro cal das dúas cousas é peor.

A Coruña, 22 de xullo de 2013