Bo día a todos e todas,

Achegámosvos o noso resumo da pasada Mesa Xeral de Negociación.

ACTA ANTERIOR

No primeiro punto a aprobación da acta da MXN anterior do 1 de xuño, volvemos a reprochar a PERSOAL que a envíen un día antes da reunión (53 días despois da celebración) algo que non fan cos seus resumos, pois deberon tardar coma 50 minutos en enviar o desta MXN.

CADRO DE PERSOAL

Sobre a modificación do cadro de persoal informan que os orzamentos do estado para o 2018 permiten un incremento de 11 prazas máis 1 reservada para o corpo de Policía Local.

Devido o cambio no acordo entre os sindicatos UGT, CCOO e CSIF, inclúen no plan de estabilización todas aquelas prazas que foron excluídas na anterior relación e que están ocupadas ininterrompidamente dende o 31 de decembro de 2014 e aquelas que teñan sentenza firme sobre indefinición a estrutura municipal. A CIG respostou que revisaría a listaxe e daría unha resposta.

Infórmannos que se negociaran as bases do plan de estabilización no que a concelleira de persoal xa mostrou en varias ocasións a súa determinación de que serían concurso-oposición na que un 20% da nota final correspondería a fase de concurso.

CONCURSO MÉRITOS

Neste punto achégannos unha relación na que engaden á listaxe anterior, 12 Xefaturas de unidade, 4 Administrativos, 1 Administrativo de Atención Tributaria e eliminan 1 posto de Técnico de Educación (total +16 postos).

O resto de sindicatos avalaron o resultado final da proposta municipal, actualizada nesta LIGAZÓN e na que poderedes comprobar que seguen a faltar postos que se teñen que ofertar obrigatoriamente por estar en comisión de servizos ou en adscrición provisional, algo que ao resto de sindicatos non parece molestar.

Ao marxe da armoniosa relación que gardan CSIF, UGT e CSIF, a CIG solicitou que se contestara ao Recurso de Reposición de 5 de xullo PREME AQUÍ , no momento que o fagan darémosvos conta e actuaremos coma en dereito proceda.

No debate deste asunto saíu o malestar do colectivo de Delineantes, que entenden que dentro da súa deficiente valoración de postos e a negativa a abordar unha reclasificación (ao mesmo de resto de postos barrados C1/B), poderíanse abocados/as a concursar en postos (inspección ou encargados) con maiores retribucións e que nada teñen que ver coa súa titulación, o que podería provocar unha merma importante de efectivos para labores de Delineación e SIX.

Novamente a concelleira que pon atrancos para convocar unha Mesa Técnica GRUPO B solicitada por nós en moitas ocasións, volve a mostrar a súa determinación en derivar este asunto nunha promoción interna. A concelleira resultaralle complicado facerlles ver  a estes colectivos, que sendo o novo grupo B un apéndice dos A e C, se lles volva a solicitar a mesma titulación que se fixo no acceso e non outra superior, tampouco entenderan facilmente coma noutras administracións(Concello de Ames 2016) fixeron unha reclasificación  só porque recoñeceu “que atopábanse nunha clasificación irregular”. Resulta curioso que para algúns asuntos a concelleira sexa tan belixerante pero para outros sérvelle criterios da parte afectada sendo inaplicables nalgúns casos.

MEDIDAS CONTIDAS NA LEI DE ORZAMENTOS DO ESTADO

Informan da aplicación do incremento retributivo aprobado nos orzamentos do estado para o persoal municipal do 1,5% na nómina de xullo e con efectos retroactivos a xaneiro de 2018.

Tamén haberá un 0.25% adicional no caso de cumprir os requisitos establecidos pola lei de orzamentos, este terá efectos dende xullo de 2018.

Sobre a recuperación do 100% das contías na situación de incapacidade temporal (IT), logo do debate a CIG apoiou que se recuperase a situación previa ao recorte que fixera o PP no 2012. A concelleira informou que para que esta medida fora aplicable ten que levar un control de absentismo laboral, a totalidade dos presentes apoiamos esta medida, polo que se acordou por unanimidade.

Coma vedes sempre hai unanimidade nas medidas que afectan co mesmo criterio a totalidade da plantilla.

A CIG recordou que hai medidas recollidas na lei de orzamentos do estado, que se poderían aplicar, coma a de igualar aqueles postos coa mesma definición pero distintos salarios, non contestaron a isto.

ROLDA DE INTERVENCIÓNS

 

Esperamos que esta información fora do teu interese.

A sección sindical da CIG.