Bo día todos/as
Logo de un ano e 7 meses do anterior COMITÉ DE SAÚDE LABORAL…Logo de telo solicitado en moitas ocasións pola necesidade de tratar cuestións de gran importancia para a vosa Saúde e Seguridade…Logo das denuncias que fixemos, tanto por rexistradas coma nas distintas Mesas de Negociación… O pasado 26 de xaneiro fomos convocados ao Comité de Saúde Laboral.
Empezaron trasladándonos a acta anterior de maio 2016...non houbo ningún tipo de rubor, nin pola tardanza nin pola longa listaxe de cuestións pendentes a tratar, se ben atenderon algunhas cuestións denunciadas, moitas seguen sendo tratadas a futuro...
Dentro da cantidade de cuestións a tratar, destacamos:
- Sobre as reducións na Produtividade das Incapacidades Laborais(IT), volvemos a recordar a discriminación que existe nas reducións desta retribución ao respecto das Especiais Dedicacións, e que a Produtividade descontase no caso dunha enfermidade grave. Logo dun debate sobre cales se consideran enfermidades graves e moi graves, aprobamos que utilizarase a listaxe do decreto 1148/2011 ,polo que a partir de agora inclúense tamén as enfermidades graves que aparecen no devandito decreto.
- Revisións dos Plans de Autoprotección, logo de detectarse deficiencias importantes en distintos centros de traballo.
- Equipos de Protección Individual(EPIs), chalecos de protección na Policía Local e creación dunha comisión de compras para EPIS en cementerios
- Convocatoria do comité de Riscos Psicosociais(RPS) para establecer un calendario á hora de pasar os test de RPS.
- Inspeccións nalgúns centros para avaliar condicións ambientais.
- Creación dunha comisión con distintas facultades da Universidade da Coruña para facer estudos e propostas de actuación fronte ao Gas Radón.
Esperamos que esta información fora do voso interese.
Un saúdo
A sección sindical da CIG