José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de Delegado de Prevención.

COMUNICA:

Que no día de hoxe recibín unha queixa telefónica das traballadoras do servizo de recadación da Franxa, polo ruído ocasionado por un martelo pneumático que estaba a traballar ao carón das fiestras da oficina.

Postos en contacto coa técnica de prevención, esta manifesta que é unha empresa privada e que non pode facer absolutamente nada, deixando as traballadoras afectadas nunha situación de indefensión.

Un feito parecido a este, ocorreu fai uns días nas oficinas do padrón municipal pola execución dunha obra do propio concello.

Postos en contacto coa responsable municipal da obra, esta manifesta que lle enviemos por correo a nosa queixa e que tomará as medidas oportunas para evitar esta situación. 

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

 Que se lle comunique a todos os servizos municipais que contraten obras, que sexan susceptibles de entorpecer a actividade normal das oficinas públicas ou xerar molestias ao persoal municipal, que fagan costar nas cláusulas do propio contrato que as obras deberan realizarse fora da xornada de atención ao público 

A Coruña, 23 de maio de  2018.

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA