imprimir

Dende a  sección sindical da CIG no concello da Coruña e para saír ao paso das informacións ,claramente interesadas, que se transmiten por algúns sindicatos sobre o acontecido no pleno da xunta de persoal, do pasado martes 23 de xullo, temos que manifestar o seguinte:

  1. O punto da orde do día obxecto da discordia titulábase, de xeito literal:” Declaración de apoio o Servizo da Policía Local pola actuación da Insumisa”, e foi proposto pola CSIF
  2. O Presidente da Xunta de Persoal e responsable do sindicato que achegou a proposta fixo unha explicación do escrito que se pretendía facer cargando especialmente as tintas sobre as declaracións da concelleira do BNG.
  3. Nós dixemos que tal como o presentaban non podiamos apoialo por que o Servizo da Policía Local non so comprende os membros do Corpo actuantes senón que tamén á Xefatura do Corpo ,ao Director da Area de Seguridade e a concelleira responsable. Manifestamos que os policías actuantes non foron responsables do resultado da actuación e a noso desexo da pronta recuperación dos feridos. Nos non podemos avalar a actuación dos cargos mencionados con anterioridade por que os consideramos responsables dos feitos acaecidos en base ao seguinte: A concelleira dispuxo que se fixera un desaloxo “Amable” para evitar enfrontamentos cos okupas e, en base a iso , o Director da Area e o Xefe da Policía deseñaron un operativo en base a criterios políticos e non técnicos, falto de material antidisturbios, escaso de efectivos e con policías que souberon a onde e a que  ían  cando chegaron ao lugar. Non se tivo en conta en absoluto que ao redor do movemento okupa  móvense unha serie de colectivos, cualificados como perigosos, que soen presentarse nestas situacións co único obxectivo de xerar violencia, como así manifestou o Presidente da Xunta de Persoal. Dende po noso punto de vista o deseño deste operativo puxo en risco innecesario aos policías actuantes e incluso aos propios manifestantes ao non dotar ao operativo da capacidade disuasoria adecuada para evitar ter que actuar de forma represora en defensa da legalidade. Por outra parte expuxemos que non considerabamos lóxico que se esixira mais responsabilidade a quen fai valoracións de feitos producidos, esteamos de acordo ou non, que aos responsables de que eses feitos se produzan.  En concordancia co exposto nos propuxemos que o escrito se redactara cos seguintes termos: manifestar que non considerabamos responsables do desenvolvemento do operativo aos integrantes do mesmo, solicitude de  dimisión dos responsables mencionados con anterioridade e que se solicitara a quen tivera feito declaracións, que falseando a verdade, atentaran contra a imaxe dos policías actuantes pedira desculpas públicas. Esta proposta non poido ser votada por oposición do resto dos sindicatos e por que , segundo o Secretario da Xunta de Persoal non se axustaba ao literal do punto da orde do día.

É unha magoa que outra vez mais os sindicatos CSIF, UGT e CCOO, que por certo non estaba ninguén deste último sindicato con dereito a voto presente no Pleno da Xunta de Persoal, valoren tan pouco a dignidade e a seguridade dos policías que din defender, 83 € neste caso

Categoría: INICIO
Visitas: 2797