José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
EXPÓN:
Que o pasado mércores 4 de xullo publicouse no BOP (ligazón BOP) a APROBACION INICIAL DA MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DA CORUÑA E DAS SÚAS NORMAS DE XESTIÓN PARA A APLICACIÓN E EFICACIA DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 15/06/2018.
Que, tras estudar a documentación publicada , vémonos na obriga de facer as seguintes ALEGACIÓNS:
- FALTA DE NEGOCIACIÓN EFECTIVA. Non se negociou coa CIG esta modificación da RPT a pesar de ter a consideración de Sindicato Mais Representativo e de contar co 30.43 % do número de delegados da Xunta de Persoal, o que vulnera a obriga legal recollida no Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público nos seus artigos 33.1 e 37 b).
- As modificacións realizadas non se sustentan nin en ningún criterio técnico, nin método de valoración obxectiva aplicable á totalidade do persoal municipal, proba diso é que para poder efectuala tivéronse que modificar á mantenta as Normas de Xestión da RPT vixentes.
- Esta modificación da RPT é contraditoria co acordo da Xunta de Goberno Local que ordena con total e absoluta claridade “ restablecer , con efectos económicos e administrativos do 1/07/2018, as retribucións vixentes antes da minoración operada como consecuencia da suspensión de efectos do acordo do 4/12/2009,para á aplicación da Lei 4/2007 de Coordinación das Policías Locais de Galiza ás distintas categorías da Policía Local do concello da Coruña. Pois ben, dende a Sección Sindical da CIG no concello da Coruña mantemos que non se produciu ningún tipo de minoración nas retribucións do persoal do Corpo da Policía distinta as que se lle aplicaron á totalidade do persoal municipal. Baseamos esta afirmación nos seguintes feitos:
- O salario base de cada grupo ou subgrupo de titulación ven determinado na Lei de Orzamentos do Estado para cada ano, o nivel de Complemento de Destino e as retribucións do complemento específico veñen determinados na RPT.
- As escalas e categorías aos que pertencen os membros dos corpos de policía local de Galiza veñen determinados no artigo 24 da Lei 4/2007 de LCPLG e se corresponden exactamente coas recollidas na RPT do concello da Coruña dende decembro do 2009 no que foi modificada a RPT do 2007co seguinte motivación, recollida na pax 95 do BOP nº 272 de 29 de decembro.”integración de los puestos y modificación de los Grupos para adaptarlos a la Ley, 4/2007, de 20 de abril de Coordinacion de Policías Locales de Galicia”
- Os elementos que conforman o complemento específico e o nivel de complemento de destino de cada un dos postos de traballo do corpo da Policía Local permanecen inmutables dende a RPT do 2007 a pesar da modificacións e correccións de erros da RPT publicadas no BOP nas seguintes datas: 29/12/2009, 8/02/2010, 23/08/2011, 18/10/2012, 11/06/2013, 31/07/2014, 4/08/2014 e 31/08/2017. En ningunha destas ocasións os asinantes do acordo do 3/12/2009 realizaron ningún acto para reclamar que a RPT se adaptara aos termos do que tiñan pactado.
Polo anteriormente exposto
SOLICITA:
Que se teña por nula e por non feita a modificación da RPT publicada o 04/07/2018 por ser contraria a dereito
A Coruña, 13 xullo de 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.