José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o pasado luns 23 de xullo publicouse no BOP a oferta de emprego público para o 2018.
Que aparecen varias prazas (Arquitecto/a Sup., Téc Med. Prom. Emp, Téc Norm. Ling., Arq. Téc. e Aux Adm.) en quenda libre coma execución de sentenza e de cumprir co precepto da antigüidade que marca a lei de orzamentos do estado do ano 2018 no seu artigo19 punto 9, deberían formar parte do proceso de estabilización que está en marcha e non na quenda libre. Non modificar isto supoñería penalizar a quen exerceu o seu dereito á tutela xudicial e ademais supoñería duplicidade de procesos selectivos cos conseguintes custes económicos na confección dos tribunais.
Que tamén figura unha praza de Técnico/a superior de informática encadrado só no grupo B, de materializarse este proceso antes do paso ao grupo B dos Técnicos/as que pertencen ao cadro de persoal deste Concello, estaríamos ante un agravio comparativo con todos/as aqueles/as que sendo titulares desas prazas (e se lles exixiu os mesmos requisitos de ingreso que a da praza ofertada), están encadralos no subgrupo C1, isto daría lugar a que persoal cunha antigüidade de 20 anos (ou máis...) realizando o mesmo traballo reciba menos retribución que persoal de novo acceso.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
Que as prazas da OPE 2018 que cumpran o requisito da antigüidade recollido artigo 19 punto 9 da lei de orzamentos do estado de 2018, queden fora da quenda libre e se inclúan no proceso de estabilización.
Que se aborde o paso ao grupo B dos postos propostos pola CIG en maio de 2016.
A Coruña, 1 de agosto de 2018