Á consecuencia da primeira denuncia presentada pola CIG na Fiscalía Provincial, en relación as COMISIÓSN DE SERVIZO ILEGAIS, foi que o Fiscal se amparara no feito de que existía unha demanda no xulgado do Contencioso-Administrativo, para manterse á espera da resolución deste xulgado. Unha vez resolta a demanda no xulgado co resultado que todas coñecedes, achegamos esta sentencia á Fiscalía para que actúe en consecuencia.
Acompañando esta sentenza, achegámoslle tamén unha listaxe que elaboramos uns días previos ao xulgado, porque o concello presentou no xulgado un exceso de documentación (4 tomos cun peso total de 8,2Kg) co fin de dificultar a comprensión da realidade.
Nós sabíamos positivamente que unha documentación deste volume o xuíz non a ía a ler ,(supoño que os responsables de persoal pensaban o mesmo) foi por iso que fixemos esta labor de escolma para sintetizar o realmente importante dentro desta maraña de papeis.
Salientar que o avogado do concello sí que tiña un resumo de todos os papeis que se entregaron con carácter previo no xulgado, este resumo aportouno no mesmo momento do xuízo.
Coa transparencia que nos caracteriza na nosa actividade sindical, facemos o que decimos e decimos o que facemos, poñemos a vosa disposición as seguintes ligazóns.