José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 4 de xaneiro a Xefatura da Policía Local publicou (INST XEF. 01/2019) unha convocatoria interna de asignación preferente na que se incluían dúas prazas de Policía para a realización de tarefas de MACEIROS para cubrir vacantes por futura xubilación anticipada.
Que o pasado 17 de xaneiro a Xefatura da Policía Local en relación a convocatoria de MACEIROS, publicou (INST XEF. 03/2019) que:
- “Debido a que varios mandos presentaron escritos de discordia con esta convocatoria, se declara ANULADA”
Que a anulación desta convocatoria non está xustificada por non acreditar que si estivera conculcando ningunha norma nin a lexislación que ao respecto puidera ser de aplicación.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos achegue os escrito de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito
A Coruña a 24 de xaneiro de 2019