Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o pasado día 28 de decembro publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.
Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.
FUNDAMENTOS.
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
II LEXITIMACION- Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).
III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.
IV
Que o pasado día 13 de febreiro publicaronse no BOP da Coruña as Bases de convocatoria para a provisión por concurso específico de 14 postos de traballo da Xefaturas de Servizo en:
- EMPREGO E EMPRESA código posto 200 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
- CONTRATACIÓN código posto 258 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
- BIBLIOTECAS código posto 393 VACANTE
- MEDIO AMBIENTE código posto 1115 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
- IGUALDADE E DIVERSIDADE código posto 1500 OCUPADO EN ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL
- MUSEOS CIENTÍFICOS código posto 478 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- INTERVENCIÓN URBANÍSTICA E DISCIPLINA URBANÍSTICA código posto 1580 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- MOVILIDADE URBANA código posto 1697 OCUPADO ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL
- INTERIOR E ATENCIÓN CIDADÁ código posto 1940 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- EDIFICACIÓN código posto 1911 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECONOLÓXICO código posto 2118 VACANTE dende o 31/12/2018
- XESTIÓN TRIBUTARIA código posto 72 VACANTE dende o 31/12/2018
- REHABILITACIÓN E VIVENDA código posto 1551 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- INFORMÁTICA código posto 2088 VACANTE dende o 31/12/2018
Asemade publicaronse nas datas que consta a continuación as Bases de convocatorias para a provisión de postos polo sistema de LIBRE DESIGNACIÓN das seguintes xefaturas de servizo:
- ORZAMENTOS E ESTUDOS ECONÓMICOS código posto 72, publicadas o 31 de xaneiro no DOG
- INFRAESTRUCTURAS código posto 1795, publicadas o 31 de xaneiro no DOG
- ACCIÓN SOCIAL código posto 1451, publicadas o día 7 de febreiro no BOP da Coruña
Porén existen 6 postos de xefatura de servizo que non foron convocados nin por CONCURSO ESPECÍFICO nin por LIBRE DESIGNACIÓN e que están nas seguintes situacións administrativas:
- PERSONAL código posto 169 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión LD
- PLANEAMENTO E XESTIÓN DO SO código posto 1630 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión LD
- CULTURA código posto 282 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
- EDUCACIÓN código posto 1320 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
- XUSTIZA SOCIAL código posto 1372 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
- PARTICIPACIÓN CIUD. E INNOV. código posto 1922 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
Das xefaturas de servizo non convocadas mencionadas con anterioridade, os números de código de posto 169, 1630, 1320 e 1372, están sendo ocupados en situación manifestamente ilegal, por exceder o tempo máximo que permite a lexislación vixente para ocupar un posto de traballo en comisión de servizo.
Tendo en conta que prácticamente a totalidade dos que ocupan agora un posto de xefatura de servizo estarían obrigados a participar no proceso, o feito de non convocar todas no mesmo tempo, podería conculcar o principio de igualdade xa que unha vez resolta esta convocatoria quedaría moi retrinxido o persoal que poidese acudir a este último proceso de selección para xefatura de servizo.
En canto ao BAREMO do concurso de méritos:
- No punto 5.1 , deberíase eliminar do primeiro parágrafo todo o que vai despois de 20 puntos, os méritos dun concurso non deben ser eliminatorios como si se tratase dunha oposición.
- No subapartado, 5.1.1.1, a antigüidade debería ser valorada en función do grupo de titulación ou de clasificación do persoal laboral.
- No apartado 5.1.3 VALORACIÓN TRABALLO DESENVOLVIDO, este apartado podería eliminarse si se acepta o recollido na alegación do anterior punto, en todo caso, o segundo parágrafo non ten ningún sentido xa que sempre estariamos falando de postos de A1.
- No subapartado 5.1.4.2 este punto debería ser eliminado, non se deben valorar títulos non oficiais.
- No subapartado 5.1.4.4. non se debería valorar ningunha titulación académica que non teña relación co posto de traballo.
- No subapartado 5.2.1.1.no punto 3 habería que introducir na segunda liña no medio de destino inferior a palabra igual ou quedando de nivel de complemento de destino igual ou inferior ao 24.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teña por presentado este recurso de REPOSICIÓN e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución para convocar o resto dos postos vacantes de xefatura de servizo que estén orzamentadas vacantes na Relación de Postos de Traballo do concello da Coruña
A Coruña, 18 de febreiro de 2019
Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña