imprimir

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxxe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que as normas do actual sistema de chamamentos para a realización de horas extraordinarias no servizo da Policía Local ven recollido nun escrito titulado “CRITERIOS GENERALES PARA SERVICIOS EXTRAORDINARIOS”

Que ao noso entender, o mencionado escrito contén parágrafos que son contraditorios entre sí, pouco claros e incluso manifestamente ilegais.

Que ademais, pola información da que dispoñemos, non se está executando ca limpeza que debería.

 

Polo anteriormente exposto: 

SOLICITO:

Que se nos convoque de maneira urxente para negociar unhas normas que regulen “con forme a dereito”  os  chamamentos para a realización de horas extraordinarias no servizo da Policía Local.

A Coruña a  16  de xullo de 2019

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: INICIO
Visitas: 937