imprimir

Jose María Calatayud Sánchez con DIxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 13 de xaneiro foi publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a aprobación inicial do orzamento xeral da corporación para o exercicio 2020 do Concello da Coruña.

No cadro de persoal que acompaña a este orzamento só se incrementan en 23 as prazas de administrativo do subgrupo C1. Esto supón aproximadamente un 10% das prazas de Auxiliar Administrativo subgrupo C2.

O Acordo asinado entre o anterior goberno municipal e a maioría das organizacións sindicais con representación neste concello contemplaba un mínimo do 40% das prazas de Aux Adm. Para a promoción interna ao subgrupo C1 no período 2019/2020 o que suporía un total de 82 prazas máis co que supón unha diferencia de 59 prazas menos. Esto fai que no orzamento non contemple a dotación orzamentaria necesaria para executar o acordo citado.

Tendo en conta que o RDL 2/2004  determina no art. 171 apartado b) como causa de impugnación dos orzamentos o seguinte: “Por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigacións exixibles a la entidade local, en virtude de precepto legal o de calquera outro título lexítimo.”

SOLICITO:

Que se teñan por presentado estas alegacións contra o orzamento municipal 2020 do Concello da Coruña e non se proceda á aprobación definitiva destes, en tanto non se contemplen  un incremento mínimo de 82 prazas de administrativos C1 para cumprir o acordo citado con anterioridade.

 

A Coruña, 27 de xaneiro de 2020

 

SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: INICIO
Visitas: 911