imprimir

Dende a sección sindical da CIG queremos denunciar a falta de respecto que a concellaría de educación cultura e memoria historica , a Xefatura do Servizo de Educación e os responsables do Servizo de Persoal co seu concelleiro ao fronte,  mostran cara os conserxes dos colexios e aos seus representantes legais, ao impor por decreto unha ampliación da súa xornada anual no período de descanso estival.

Falamos de falta de respecto aos conserxes ao comunicarlles, vía wassap/mail, que tiñan que prolongar durante dez dias no mes de xullo a súa xornada laboral; diante do rebumbio que isto produciu os convocaron a unha asemblea, con nutrida representación municipal, na que se lles preguntou a súa opinión para despois non respectala en absoluto, ameazando con impoñerllo por Resolución de Persoal ,como así fixeron.

Falamos de falta de respecto aos Órganos de Representación por saltarse os procedementos legais, obviando as disposicións legais en materia de negociación, en concreto o apartado m) do punto 1 do artigo 37 do EBEP. Esta falta de respecto agrávase co feito de que , despois da primeira noticia do vontade de realizar esta ampliación de xornada, dende a CIG instaramos aos responsables de educación e persoal a negociar este asunto sen obter ningún tipo de resposta.

Chéganos a información de que alguén esta barallando, co visto e prace do Servizo de Persoal, de que “ os conserxes abran e pechen os colexios próximos aos seus domicilios durante este período, por acordo entre eles”.  Chapuza sobre chapuza.

Dende a CIG instamos ao Goberno Municipal a que realice unhas das seguintes opcións:

  1. Si a motivación do punto 1º da súa circular é valido e correcto que proceda a negociar, polas canles legais, a compensación deste exceso de xornada.
  2. Si a motivación do punto 1º da súa circular xa non é necesaria, que deixe sen efecto a circular.
Categoría: INICIO
Visitas: 1113