imprimir
Aquí tedes a solicitude para unha adecuación da RPT en canto aos postos clasificados na Administración Especial e as titulacións necesarias para exercer o seu desempeño.

Levamos tempo requirindo esta modificación para  evitar o laxa que é a nosa RPT en canto a requirimentos nalgúns postos, pois ocasiona problemas sobre todo cando hai procesos de acceso a postos, sexa por novo ingreso ou as outras formas de provisión (concurso, ads. Prov. e comisións de servizo), pois a día de hoxe non existen impedimentos para que persoal municipal que accedera nun posto de novo ingreso cunha titulación específica (enxeñeiro/a de camiños, técnico/a superior informático, veterinario/a...) poda acceder a calquera posto que sendo de Adm. Especial non especifique a titulación, incluso en postos barrados tamén á Adm. Xeral... a día de hoxe non se quixo corrixir, pois ao marxe doutros argumentos esgrimidos en distintos contenciosos administrativos contra a RPT, na capacidade de auto-organización parece que tamén hai lugar a este disparate.

Tal e como están as BASES DO CONCURSO, poden promover movementos de persoal contrarios aos intereses dun bo funcionamento da administración, isto haberá que agradecerllo as seccións sindicais asinantes (CSIF, UGT e CCOO) que tanto bombo lle deron uns días antes das EESS.

Como sabedes, no concello hai distintas sentenzas (recordamos na propia solicitude unha da CIG LIGAZÓN) que, se ven non van contra a RPT e a súa capacidade organizativa difícil de combater (disto a CIG algo sabe), veñen a corrixila en canto as titulacións requiridas para o desempeño de posto na ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

En canto a recursos contencioso administrativos, á CIG resúltanos moi curioso o comportamento de destacados membros dalgunhas organizacións sindicais, que por un lado piden o voto para un sindicato e por outro litigan contra acordos asinados polo mesmo,...que cada quen faga a súa valoración.

SOLICITUDE NÚMERO REXISTRO 68551

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

EXPÓN:

  1. Que no artigo 170do RDl 781/86 se determina que “ terán a consideración de funcionarios de administración especial os que teñan atribuído o desempeño das funcións que constitúan o abxecto peculiar dunha carreira, profesión, arte ou oficio.

  2. Que , na Relación de Postos de Traballo vixente no concello da Coruña se recollen un gran número de postos clasificados como de Administración Especial nos que non se recolle ningún tipo de titulación que xustifique a clasificación na escala de Administración 

  3. Que esta administración acumula mais dunha sentenza que declaran a nulidade  en procesos selectivos por non ter determinado a titulación especifica requirida para o seu desempeño, entre elas a número 206/2017 do Xulgado do  Contencioso Administrativo  nº 1 da Coruña, do 14 de novembro de 2017.

Polo anteriormente exposto

SOLICITA:

Que, tras a realización dos procedementos oportunos, se proceda a perfeccionar a Relación de Postos de Traballo vixente no sentido de dotar á totalidade dos postos clasificados na Administración  Especial da titulación ou titulacións necesarias para poder exercer o seu desempeño

A Coruña 15 de decembro de 2020

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: INICIO
Visitas: 660