José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

EXPÓN:

Que o pasado 15 de decembro de 2020 rexistramos (nº68551) unha solicitude para:

  • Que, tras a realización dos procedementos oportunos, se proceda a perfeccionar a Relación de Postos de Traballovixente no sentido de dotar á totalidade dos postos clasificados na Administración  Especial da titulación ou titulacións necesarias para poder exercer o seu desempeño

Que como mencionamos na exposición desta solicitude o concello acumula máis dunha sentenza neste sentido (exemplo 206/2017)

Que o 19 de xaneiro o servizo de persoal informa da resolución da Xunta de Goberno Local de 15 de xaneiro de 2021 que debido á sentenza FIRME 0000038/2020-M, exclúe da segunda fase de concurso os postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399, pola non esixencia de titulación especifica de educador social ou traballador social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.

Que na propia comunicación da resolución da XGL vincula a necesaria modificación da Relación de Postos de traballo cas sentenzas 145/19 e 25/2019,  que obrigan ao Concello da Coruña a ser dilixente na celebración e terminación dos procesos selectivos convocados para a provisión de postos de traballo (CONCURSOS).

Que a firmeza desta sentenza comunicouse o 19 de novembro de 2020 e polo tanto os prazos na tramitación dunha modificación de RPT para a súa adecuación á sentenza xa se podería ter efectivizado.

Que os postos de referencia de 1390 ao 1399 exceden amplamente os 2 anos na provisión en comisión de servizo e a decisión de excluílos do concurso entendemos que é arbitraria, porque o Concello da Coruña non recorreu a sentenza e ao noso entender tivo tempo suficiente para adaptar a RPT a unha sentenza, que é moi clara e concisa no seu fallo e porque excluir os postos que máis tempo levan en COMISIÓN DE SERVIZOS sen especificar cando se proveeran polo sistema de  CONCURSO non é actuar ca dilixencia que demandan as sentenzas contra o abuso das COMISIÓNS DE SERVIZO no Concello da Coruña.

Polo anteriormente exposto

SOLICITA:

  • A non exclusión do concurso ordinario dos postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399
  • A convocatoria urxente dunha Mesa Xeral de Negociación para tratar unha modificación puntual da RPT para que nos postos de 1390 ao 1399 figure o requisito de acceso a titulación especifica de educador/a social ou traballador/a social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.

A Coruña, 19 de xaneiro 2021

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA