Ana Filgueiras Espasandín con D.I XXXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña
EXPON:
No comité de seguridade e saúde do Concello da Coruña do pasado 7 de marzo de 2023 constituiuse unha comisión técnica sobre riscos psicosociais para a analise dos resultados do test de riscos psicosociais efectuado ao persoal de servizos sociais do Concello da Coruña e proposta de posibles medidas correctoras. Esta comisión estará composta por catro delegados de prevención, persoal do servizo de prevención do concello da Coruña, persoal de recursos humanos e duas persoas designadas polo servizo de servizos sociais.
Nesta sesión do CSS expuxen que debería ser o Concello da Coruña o que propoña as medidas correctoras precisas e non unha comisión técnica xa que a planificación da actividade preventiva debe facela o concello atendendo ao establecido na lexislación.
O plan de prevención do concello da coruña establece que o concello opta por constituir un servizo de prevención propio que cubra as áreas de Seguridade, Hixiene e Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada.
Neste mesmo plan de prevención establecese, dentro do servizo de prevención de riscos laboráis, como función dos técnicos superiores de Seguridade, Hixiene e Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada propor medidas para eliminar, reducir ou manter controlados os riscos laboráis.
O real decreto 39/1997 de 17 de xaneiro polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención di:
-Art.8:” Cando do resultado da avaliación puxese de manifesto situación de risco o empresario planificará a actividade preventiva que proceda co obxeto de eliminar ou controlar e reducir ditos riscos, conforme a unha orde de prioridades en función da sua magnitude e número de traballadores expostos aos mesmos.”
-Art.35.c: “Funcións de nivel básico:c-Realizar avaliacións elementais de risco e , no seu caso, establecer medidas preventivas do mesmo carácter compatibles co seu grao de formación”
Aos delegados de prevención do concello da coruña só se lles exixe formación básica en prevención de riscos laborais, descoñezo que tipo de formación teñen o resto de membros da comisión técnica constituída, agás os membros do servizo de prevención do concello para os que a rpt recolle como requisito un curso superior en p.r.l, seguridade, ergonomía e hixiene.
POLO EXPOSTO SOLICITO:
- Se establezan , en base aos resultados dos test de riscos psicosociais efectuado na área de servizos sociais, as medidas correctoras oportunas por parte do Concello da Coruña a fin de eliminar ou controlar e disminuir os riscos.
- Se informe no seo do comité de seguridade e saúde ou da comisión técnica creada das medidas correctoras que se van a implantar, a fin de que os seus membros poidan prestar a colaboración que se precise na sua implementación, facendo as propostas que consideren.
- Se informe por parte do concello da coruña sobre si todos os membros da comisión técnica creada teñen a formación suficiente en materia de prevención de riscos laboráis para exercer as funcións para as que foi creada.
- Unha vez implementadas as medidas correctoras se faga unha nova avaliación nun prazo de 6 meses co fin de comprobar a efectividade das mesmas.
A Coruña a 13 de marzo de 2023
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA