imprimir

Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña

 

EXPOÑO:

 

O pasado 7 de marzo de 2023 na sesión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña tratouse na orde do día, entre outros, o seguinte punto:

“5.- Informe sobre as medicións de gas radón e de temperatura en centros de traballo municipais.”

 

Neste punto douse lectura por parte do presidente do Comité de Seguridade e Saúde a un breve informe sobre as medicións de gas radón que se levaron a cabo nos últimos meses no centro de traballo do Pazo Municipal de María Pita.

 

Non se facilitaron aos membros do Comité de Seguridade e Saúde  o resultado concreto de todas  as  medicións efectuadas en diferentes puntos deste centro de traballo.

 

O real decreto 1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición as radiacións ionizantes establece nos seus artigos 75 e 76 a obrigación de tomar medidas cando nos lugares de traballo existan zonas de concentración de radón en aire que, en promedio anual, superen o nivel de referencia de 300Bq/m3, e  que o resultado das estimacións estará a disposición do traballador, das autoridades sanitarias, da inspección de traballo, doutras administración públicas competentes en materia laboral e do consello de seguridade nuclear.

O artigo 82 deste mesmo decreto establece, entre outras cousas, que a Inspección de Traballo e Seguridade Social colaborará co Consello de Seguridade Nuclear na vixiancia do cumprimento das obrigas dos titulares de actividades laboráis con exposición ao radón, particularmente no referido aos incumplimentos relativos á disponibilidade do informe previsto no artigo 76.3.

 

O artigo 18 da lei 31/1995 de 8 de novembro de prevención de riscos laboráis establece que a información nesta materia se facilitará aos traballadores a través dos seus representantes.

 

Asemade  pregunteille ao presidente do Comité de Seguridade e Saúde si se levaran a cabo as obras previstas no centro de traballo de Casa Paredes para reducir os niveis o gas radón,  a resposta do presidente do Comité de Seguridade e Saúde foi que non sabía si as obras se fixeran ou non.

Levamos preguntando polas obras de Casa Paredes dende hai varios anos sin recibir resposta por parte do goberno municipal.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

 

 

 

 

A Coruña a 20 de marzo de 2023

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: INICIO
Visitas: 703