O Goberno Municipal da Marea fixo oficial o pasado 15 de decembro por correo electrónico dirixido ao Comité de Empresa e a Xunta de Persoal o recoñecemento da obriga de efectuar o pago da extra de decembro do 2012 , secuestrada polo Goberno do PP, con cargo aos orzamentos do 2015 por existir disponibilidade económica e a súa "intención",

 de facela efectiva en xaneiro do 2016.

 

Dende a sección sindical da CIG no concello da Coruña queremos mostrar a nosa disconformidade e repulsa con esta decisión do Goberno Municipal en base as seguintes consideracións:

 

 

1.      Adiar o pagamento ao 2016 fará que no próximo ano teñamos un 75% máis de ingresos derivados do que resta da paga extra de nadal de 2012 a marxe da suba xeral do 1%,  que non só pode influir negativamente na declaración da renda senon que, nalgúns casos, pode significar que se superen os tramos máximos para optar á concesión de bolsas e outras axudas.

 

Isto ven desmentir o que nos trasladou o Goberno Municipal da Marea  en Mesa Xeral Negociación, o favor que nos queren vender co argumento de que NON a pagan en decembro porque as retencións a aplicar serían moi elevadas.

 

2.      Incumpre o recollido no RD 10/2015 que obriga o efectuar o pagamento no ano 2015, con mais abondamento despois de telo recoñecido.

 

3.      Deixan aos empregados municipais na mais absoluta indefensión xa que nen sequera nos queda a posibilidade do recurso aos tribunais, xa que con efectuar o pago inmediatamente antes do xuízo deixarán a demanda sen obxecto.

 

Esta maneira de actuar arbitraria, moi lonxe dunha actitude responsable que se lle debe supoñer a quen presume de formar parte dun goberno con talante aberto, democrático, popular e de respectar os dereitos dos traballadores pero, que diante dos seus empregados/as actúa coa mesma prepotencia que gobernos anteriores para os quen nunca fomos unha prioridade.”

 

O Secretario da Sección Sindical da CIG

José María Calatayud Sánchez