INICIO
O pasado martes, 2 de agosto, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e os sindicatos CIG, CCOO e UGT asinaron un documento consensuado de Criterios para a estabilización do emprego Local. Este documento é froito dun intenso traballo entre as partes asinantes durante os últimos meses.
Este documento, de terse en conta, garantirá homoxeneidade nos distintos procesos que se desenvolverán no ámbito local nos vindieros meses, e polo tanto, ademáis de proporcionar seguridade xurídica ao estar avalado polas partes asinantes, evitará situacións de desvantaxe entre entidades locais que empreguen estes criterios e as que non.
Polo tanto, confiamos en que este importante traballo sirva como contido mínimo nos distintos procesos de estabilización que este concello ten pendentes de convocar e desenvolver.
Podedes consultar o contido do dito documento na seguinte LIGAZÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 669
Jose María Calatayud Sánchez na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
A sección sindical da CIG no concello da Coruña quere mostrar o seu total apoio ao persoal das bibliotecas municipais externalizadas, consideramos inaceptable que traballadores dun servizo público non perciban os seus salarios en tempo xa que isto so pode significar tres cousas, que a empresa se quede cos cartos, que o concello non abone o importe do contrato a empresa que xestiona o servizo en tempo ou que o prezo do contrato non sexa suficiente para facer fronte as nóminas das traballadoras e resto de gastos. O concello sería responsable directo dos dous últimos supostos e responsable subsidiario no caso do primeiro, ao final as débedas da empresa acabarán pagándose con diñeiro público.
Unha vez que a Sala do Social do Tribunal Supremo aclarou que é o que se debe facer nos supostos de recuperación da prestación dos servizos públicos de xestión privada, que foi o principal atranco para realizar esta recuperación co anterior Goberno da Marea, instamos ao Goberno Municipal a que inicie o proceso de reversión no concello da prestación deste servizo público.
A Coruña a 30 de xuño de 2022
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 691
Como ben sabedes, no día de hoxe asistimos á Mesa Xeral Extraordinaria de Negociación que convocou o señor Concelleiro o pasado 3 de maio, con 3 puntos na orde do día:
1.- Aprobación das actas das sesión celebradas os días 25.02.2022 e 04.03.2022.
2.- Oferta de Emprego Público do Concello da Coruña para o exercicio 2022 e taxa adicional prevista na Lei 20/2021, do 23 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público
3.- Toma de coñecemento das prazas de estabilización previstas nas ofertas de emprego público doa nos 2017, 2018 e 2022
A sesión comeza co señor Concelleiro recordando que se trata dunha sesión EXTRAORDINARIA e que polo tanto non vai a haber rolda de intervencións ao remate da sesión.
Dende a CIG, informámoslle ao señor concelleiro que alomenos un dos puntos que contén a convacotoria, a Oferta de Emprego Público, ten a entidade suficiente como para que debera ser considerada a sesión de hoxe como ordinaria , e non como extraordinaria, e que polo tanto, non compartimos que non poida darse unha rolda de intervencións ao final da sesión.
Ao respecto do punto 2, a OPE do 2022, o señor Concelleiro solicita ás centrais sindicais que fagan forza para conseguir que a nivel estatal se elimine a taxa de reposición para poder aumentar as ofertas de emprego. A CIG puntualiza que leva facendo esta labor dende a súa aprobación, non asinando acordos a nivel estatal que non condicionan nin esixen a eliminación da dita taxa, ao contrario das demais centrais sindicais.
Ao respecto da proposta que se achega por parte do Goberno Municipal para o OEP do 2022, dende a sección sindical expoñemos que a oferta que achegan de 3 prazas de promoción interna de Bombeiros é totalmente insuficiente e está totalmente alonxada das necesidades do servizo, e recordamos:
-
Prazas de Oficial: non hai ningunha cuberta
- Prazas de suboficial: só cubertas 2 de 5.
- Novas prazas de sarxento: recordamos que se están a facer unhas 600 horas extras ao ando cada un, e debería por tanto haber máis prazas na RPT.
- Convocar as prazas de cabo que están sen cubrir, o que provoca que os cabos fagan unhas 300 horas extras por ano cada un.
- A falta de todas estas prazas impide a promoción dos compañeiros.
Ao respecto das prazas de promoción interna relativas ao grupos A1 e A2 repasarán a porcentaxe xa que é posible que o cálculo non sexa o correcto e poida haber más prazas nesta quenda.
Ao respecto das 12 prazas de Administrativo que propón o Goberno Municipal para a quenda da Promoción Interna, clarexan que se corresponden co número de persoas que non superaron o proceso de promoción deste ano, para que todo o mundo teña a oportunidade de promocionar. Ante a posibilidade de aumentar este número para que poidan optar tamén persoas que na convocatoria deste ano non puidese ter participado, o señor Concelleiro di que “non van facer un traxe á medida”.
Ao respecto do punto 3, referido á toma de coñecemento das prazas afectadas polo proceso de estabilización, a CIG expón que a información que facilitan non permite ter o coñecemento suficiente como para poder garantir que están todas as prazas afectadas e que a información que facilitan, e que partillamos con todo o persoal municipal, non lles permite identificarse e ter as garantías suficientes neste procedemento. Sinalamos algúnhas cuestións que temos detectadas:
-
Nas prazas de estabilización a convocar mediante concurso-oposición: na taboa que facilitan as datas que amosan non permiten concluir que deban ser convocadas mediante concurso-oposición e non por concurso. A este respecto explican que, o goberno municipal seguindo as recomendacións estatais de función pública, todas aquelas prazas que tiveran un periodo de falta de cobertura de 3 meses entre unha alta e unha baixa, deben ser convocadas por concurso-oposición e non por concurso, ao entender que eses tres meses fan que non cumplan o criterio de “cobertura ininterrumpida” que sinala a lei. A CIG recordalle ao Goberno Municipal que se tratan de recomendacións, e que non son de obrigado cumprimento.
O Goberno Municipal comprométese a repasar todas as datas que se refiren neste apartado e reenviarán de novo.
-
Ao respecto da praza 6F23009 Axudante de Cemiterios, dende a CIG advertímoslles que sendo o mesmo código, está en dous procesos: o de estabilización por concurso-oposición e estabilización por concurso.
-
Ao respecto das prazas que a proposta do Goberno Municipal refire á disposición adicional 8ª solicitamos que clarexen por qué tendo unha data de alta posterior a 31 de decembro de 2020 se incluén na proposta de estabilización. Especifican que acordaron sinalar so a data da última alta na cobertura desas prazas, pero que estiveron ocupadas con anterioridade. Insistimos en que o Goberno Municipal debería facilitarnos toda a información completa de tódalas altas e baixas que houbo na cobertura dos postos afectados pola estabilización, xa que do contrario non podemos validala. De feito, tanto a CIG como CCOO mostramos a nosa abstención ante a proposta remitida, e UGT e CSIF a aceptan.
-
Recordámoslle ao Goberno Municipal que é necesario que se faga unha notificación ás persoas afectadas polo proceso de estabilización. Informan de que así o farán.
O señor concelleiro informa de que “próximamente” convocará de novo unha Mesa Xeral de Negociación, esta vez ordinaria e, polo tanto, teremos sorte e contaremos con quenda para rolda de intervencións, para comezar coa 2º fase na negociación das melloras para o persoal municipal.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 794
Na seguinte LIGAZÓN podedes atopar a contestación que nos deron ao Recurso de Reposición, recordade que previamente a este recurso a CIG solicitou unha reunión URXENTE co Goberno Municipal para clarexar que estas convocatorias non incluíran prazas afectadas pola estabilización, ante a falta de convocatoria da reunión vímonos na obriga de presentar este recurso.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1182
Aquí tedes as coantías do exceso das productividades ordinarias cobradas por 41 persoas, asemade sinalamos que algúns postos teñen Especial Dedicación
Esta información foi xerada a partir da documentación achegada polo Goberno municipal (previa denuncia no xulgado), os excesos sinalados son sobre as productividades ordinarias (95€ mes e a do 2021 anual 471€)
exceso cuantía | ED |
1210 € | SI |
573 € | SI |
859 € | SI |
1100 € | SI |
420 € | SI |
1145 € | SI |
1141 € | SI |
1318 € | SI |
30 € | SI |
1630 € | SI |
1119 € | SI |
740 € | SI |
707 € | SI |
1000 € | SI |
95 € | SI |
1387 € | NON |
410 € | NON |
2280 € | SI |
191 € | NON |
191 € | NON |
191 € | NON |
191 € | NON |
128 € | NON |
782 € | NON |
84 € | NON |
512 € | NON |
3301 € | NON |
191 € | NON |
3330 € | NON |
3330 € | NON |
3330 € | NON |
2851 € | NON |
3335 € | NON |
3335 € | NON |
629 € | SI |
626 € | SI |
963 € | NON |
282 € | SI |
7592 € | NON |
749 € | NON |
1353 € | NON |
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1292
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXcon DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
- Que o pasado 29 de decembro publicouse no BOE a Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.
- Que a dita lei, establece no seu art. 2 o relativo aos procesos de estabilzación de emprego temporal e na disposición adicional sexta o relativo á convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración.
- Que o concello da Coruña publicou o pasado 31 de decembro do 2021 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as seguintes convocatorias de emprego público:
- 2021/8929 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 22 prazas de Técnico/a de Administración Xeral, C.E. 2/21
- 2021/8930 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a de Medio Ambiente, C.E. 13/18
- 2021/8931 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Informática, C.E. 14/18
- 2021/8932 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Superior de Informática, C.E. 15/18
- 2021/8933 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 3 prazas de Axudante de Cemiterio, C.E. 5/21
- 2021/8934 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a superior de Economía, C.E. 6/17
- 2021/8935 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 3 prazas de Técnico/a de Apoio Social, C.E. 20/18
- 2021/8938 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 22 prazas de auxiliar administrativo/a, C.E. 5/20
- 2021/8941 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Oficial do S.E.I.S., C.E.17/18
- 2021/8942 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Psicólogo/a Clínico/a, C.E. 19/18
- 2021/8943 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Promoción de Emprego, C.E.18/18
- 2021/8944 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Educación, C.E. 7/17
- 2021/8945 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 12 przas de Traballador/a Social. C.E. 4/21
- 2021/8948 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Superior de Mobilidade, C.E. 21/18
- 2021/8949 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Organización, C.E. 16/18
- 2021/8950 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 17 prazas de Técnico/a Medio/a de Xestión, C.E. 3/21
- Que entendemos que o Concello da Coruña coa publicación destas convocatorias de emprego incumple o establecido nos artigos 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.
Que contra estes procesos de cobertura, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN e
SOLICITO:
- Que se teña por presentado e tras os trámites legais oportunos, se dite resolución anulando ou modificando aquelas convocatorias de emprego mencionadas anteriormente que estean afectadas polos procesos de estabilización aos que se refire a Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.
A Coruña a 24 de xaneiro de 2022
SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 856
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx co DI xxxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 28 de decembro publicouse no Boletín Oficial do Estado nº 312 a Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción de temporalidade no emprego público.
A dita lei, entre outras cuestións, articula os procedementos de estabilización de emprego temporal e a convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración.
Que o pasado 31 de decembro, o Concello da Coruña publica no Boletín Oficial da Provincia nº 249 a convocatoria de máis de 100 postos para a sua cobertura, sendo en gran parte mediante o sistema de oposición libre.
Polo anteriormente exposto e en base á incertudume e numerosas consultas que estamos a ter dende a convocatoria no BOP por parte do concello da Coruña referidas aos procesos de estabilización
SOLICITO
A convocatoria URXENTE dunha xuntanza co Goberno Municipal para clarexar que as convocatorias dos ditos procesos respectan o establecido na Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público
A Coruña a 04 de xaneiro de 2022
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1306
XXXXXXXXXXXXXXXXXXX co DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
EXPON
- Que temos coñecemento de que se está fadendo un uso fraudulento das listaxes de agarda, facendo chamamentos para contratos de acumulación de tarefas cando hai vacantes orzamentadas no cadro de persoal.
- As contratacións para acumulación de tarefas non poden de ninguna maneira supoñer a cobertura de necesidades non enventuais nin estructurais.
- Que uso fraudulento e abusivo de esta modalidade de contratación para finalidades non previstas legalmente, pode dar lugar ás oportunas reclamacións xudiciais.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
Que os nomeamentos que se realicen mediante as listaxes de agarda sexan realizados en primeiro término, e sempre que exista posiblidade orzamentaria, para a cobertura de aqueles postos que estén vacantes.
Que as contratacións de acumulación de tarefas sexan utilizados única e exclusivamente nos supostos legalmente establecidos.
A Coruña a 22 de decembro de 2021
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 728
XXXXXXXXXXXXXXXXXXX co DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
EXPON
- Que o pasado 15 de xaneiro de 2021 dictouse resolución pola que, por sentenza de data 19/10/2020 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 da Coruña, en recurso contencioso-administrativo en procedimento abreviado 0000038/2020-M, resolveuse:
- Excluir do Anexo I que recolle a relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión do concurso ordinario de mérito de postos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña os postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399, ambos inclusive, pola non esixencia de titulación específica de educador social ou traballador social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.
- Continuar coa tramitación da convocatoria de provisión de postos (Concurso ordinario, C.E. 1/19.
- Que o pasado 15 de decembro, dictouse resolución pola que, por sentenza nº 00161/2021 de data 16/11/2021 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 da Coruña, resolveuse o recurso contencioso administrativo en procedmiento abreviado 0000055/2020, resolveuse:
- Excluir do Anexo I que recolle a relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de postos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña os postos de Coordinador/a de Centros e Programas, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1382 a 1384, ambos inclusive, pola non existencia de titulación específica de educador social ou traballador social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.
- Continuar coa tramitación da convocatoria de provisión de postos (Concurso ordinario, C.E. 1/19)
- Que ambas resolucións remiten que a execución de ditas sentenzas obrigan a unha modificación da relación de postos de traballo no relativo aos postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399, ambos inclusive, e aos de Coordinador/a de Centros e Programas, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1382 a 1384, ambos inclusive, para que as esixencias recoñecidas pola mencionada sentenza incluénse nas condicións e características deses postos. Especifica ademáis que calquera modificación da relación de postos de traballo, segundo o procedemento establecido no art. 202 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, implica unha serie de trámites preceptivos, tales como a negociación na Mesa Xeral de Negociación, aprobación inicial, sometemento a información pública por prazo non inferior a vintedías, resolución de reclamación e alegacións ou suxerencias e aprobación definitiva, e polo tanto, toda a tramitación pode durar varios meses e polo tanto xustifican excluir do anexo que recolle a relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de postos de traballo vancantes no Excmo. Concello da Coruña.
Polo anteriormente exposto
SOLICITAMOS
Que tendo coñecemento de que se está a traballar nunha modificación da RPT no relativo á modificación do factor da Perigosidade que afecta ao ámbito da Seguridade Cidadá, se de curso na respectiva Mesa Xeral de Negociación para levar ao a modificación da Relación de Postos de Traballo no referido nas sentenzas citadas anteriormente.
A Coruña a 21 de decembro de 2021
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 763
A sección sindical da CIG no concello da Coruña REXISTROU NO DÍA DE HOXE A SEGUINTE SOLICITUDE
EXPON:
A Instrucción 1/2021 de 31 de maio de 2021 establece:” En consecuencia, o persoal empregado público do Concello da Coruña terá dereito ao goce dun día de permiso adicional dado que os días 1 de maio e 25 de decembro de 2021 son festivos nacionais de carácter retribuído, non recuperable e non sustituible polas Comunidades Autónomas, e ambosos dous coinciden en sábado”
A instrucción 2/2021 publicada no BOP de 9 de xullo de 2021 establece na clausula 19.6: “Incorporarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola comunidade autónoma, cando coincidan en sábado no dito ano, agás os traballadores a quendas que xa teñen garantidos o número de festivos anuais a través das táboas horarias.”
Estas duas normas entran en contradicción ao establecer os días adicionais de asuntos particulares que deben gozar os empregados municipais no ano 2021 por coincidencia de dous días festivos en sábado.
Polo exposto SOLICITO:
Que se indique a motivación pola que existindo unha Instrucción (Instrucción 2/2021) que establece que se incorporará un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laboráis de ámbito nacional de carácter retribuído non recuperable e non substituíble pola comunidade autónoma cando coincidan en sábado, se pretende aplicar unha Instrucción (Instrucción 1/2021) de data anterior que establece un so día adicional de asuntos particulares.
A Coruña 5 de novembro de 2021
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1158
A sección sindical da CIG no concello da Coruña REXISTROU NO DÍA DE HOXE A SEGUINTE SOLICITUDE
MANIFESTA:
Que temos coñecemento que se están aboando a algúns/has empregados/as municipais, diferentes cantidades en concepto de produtividade.
Que a sentenza do Tribunal Supremo STS 3195/2020 ampara ós/as representantes sindicais a, entre outras cuestións a recibir información do catálogo de postos ocupados e vacantes asemade das produtividades que se dan nas administracións públicas
Polo anteriormente exposto e en base a mencionada sentenza
SOLICITO:
Que se nos achegue a listaxe dos Postos de Traballo ocupados e vacantes do Concello da Coruña, así como a listaxe das retribucións en concepto de produtividades e a quen se lle otorgaron.
A Coruña a 7 de xuño de 2021
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1751