Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 28 de decembro (LIGAZÓN) publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.

Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.

FUNDAMENTOS.

I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

II LEXITIMACION-  Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).

III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.

IV

Que o pasado día 28 de decembro publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.

Que descoñecemos si esta OPE esta informada polo Secretario do Concello polo que solicitamos que se nos dé traslado ou vista do dito INFORME.

Que na ampliación da OPE 2018 no proceso de estabilización aparecen encadrados no subgrupo C1 as seguintes prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A DE CENTROS CÍVICOS.

Que na totalidade dos postos da RPT do Concello da Coruña das prazas mencionadas teñen como requisito específico as seguintes titulacións:

  • B04, B09/1, B10/1 para DELINEATES e Xefatura de DELINEACIÓN
  • B08/1 para ANIMADOR/A DE CENTROS CÍVICOS

Que segundo o ANEXO I: CÓDIGOS DE TÍTULOS ACADÉMICOS das Normas de Xestión da Relación de Postos de Traballo, as titulacións que na RPT son requisito específico para Delineantes, Xefatura de Delineación e Animadores Centros Cívicos corresponden únicamente a TITULACIÓNS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL encadradas no GRUPO B.

Que o EBEP no seu artigo número 76 dí: “ Grupo B. Para o acceso aos corpos ou escalas do Grupo B exixirá estar en posesión do título de Técnico Superior.”

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que , tralos tramites legais oportunos, se dite resolución pola que se declaren contrarios a dereito as prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A CENTROS CÍVICOS encadradas no subgrupo C1 e que éstas sexan ofertadas no grupo B.

 

A Coruña, 14 de xaneiro de 2019

 

Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña

aquí LIGAZÓN podedes consultar a nosa proposta de formación para o ano 2019

LIGAZÓN RESPOSTA DE PERSOAL

NOTAS DA CIG Á CONTESTACIÓN

  • Descoñecemos si estas bases estan informadas polo Secretario/a do Concello polo que solicitamos que se nos de traslado ou vista do dito INFORME.

PERSONAL CONTESTA QUE NON É NECESARIO

O apartado 5.3 das Bases da Convocatoria so permite a valoración de dous niveis por encima do nivel do posto ao que se opta, ao non ter en conta aos candidatos que superen esa marxe se lles estaría discriminando ao non ter en conta a totalidade da súa carreira profesional para os efectos do concurso “5.3 – Grao persoal consolidado. O grao persoal consolidado valorarase en relación co nivel dos postos aos que se opta ata un máximo de 4 puntos do seguinte xeito: Nivel do grao persoal consolidado en relación co do posto ao que se opta Puntos Superior en dous niveis 4,00 Superior nun nivel 3,34 Igual 2,68 Inferior nun nivel 2,02 Inferior en dous niveis 1,36.”

PERSONAL CONTESTA QUE PERMITE VALORAR ATA DOUS NIVEIS DO POSTO a súa contestación xa a afirmábamos nós no texto da pregunta, se permite valorar ata 2 niveis por riba do posto ofertado, pero siguen sin valorar o que supere o limite de 2 polo tanto NON CONTESTAN ao solicitado

O apartado 5.4 das Bases da Convocatoria equipara aos Colexios Profesionais e as Administracións Públicas para os efectos de homologación de cursos de formación cando a Lei 11/2001 de 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galiza no seu artigo 9, que determina as súas, funcións non lle recoñece esa competencia nesta materia, exclusivamente no apartado j) fala de organizar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos seus colexiados. Non debemos esquecer que esta mesma lei no sei artigo 3 exime de colexiarse para o exercicio das súas funcións aos profesionais ao servizo das Administracións Públicas 5.4 Cursos de formación e perfeccionamento.. Todos os cursos deberán ser impartidos por organismos oficiais ou homologados polas Administracións Públicas e Colexios Profesionais. Terán esta consideración os cursos organizados polo Concello da Coruña, os recibidos na EGAP, no INAP, Servizos de Prevención e Mutuas ou noutros centros oficiais de calquera administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. 5.4.2 Por cada título propio (master ou outro título de especialización) directamente relacionados

         ACEPTADA

  • O apartado 5.4.4 da bases ao valorar calquera tipo de titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo dende o que se concurse é contraria ao recollido no artigo 44, 18 a) do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado que di que so poderán valorarse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto que se determinen nas respectivas convocatorias. Asemade, naqueles postos barrados a dous grupos de titulación, podería suceder que houbera dous candidatos, un de cada grupo de titulación, coa mesma titulación académica, a do grupo superior, que suporía un mérito a valorar só ao que concursa dende o grupo inferior, o que é manifestamente discriminatorio.4.4 Titulacións académicas. Valorarase a titulación académica ou master oficial sempre que sexa distinta á requirida para o ingreso no corpo desde o que se concurse e sexa de igual ou superior nivel académico

PERSONAL CONTESTA QUE A TITULACIÓN ACADÉMICA Á QUE SE REFIREN AS BASES TERÍAN ENCAIXE NO APARTADO 44.1 do RGI d) NO QUE ESPECIFICA QUE A FORMACIÓN DEBERÁ VERSAR SOBRE MATERIAS DIRECTAMENTE RELACIONADAS COAS FUNCIÓNS DO POSTO.  Persoal considera que por exemplo a titulación de veterinaria ten moito que ver coa cobertura por exemplo dun posto de administrativo, gustaríamos saber que posto administrativo do concello estaría relacionado coa devandita titulación...aínda que algunha sospeita temos...

Non saen a concurso os postos que a continuación se relacionan, todos eles cubertos nestes momentos ou en adscrición provisional ou en comisión de servizo a excepción o posto co CÓD 1895 que está vacante, o que impedira que os que estean en adscrición provisional que están obrigados a concursar non o podan facer ao posto que están desempeñando e que os que están en comisión de servizo non teñan a obriga de facelo para seguir neles ao impedir que se podan prover de xeito definitivo.

PERSONAL ENGADE NUNHA CORRECCIÓN NO BOP O 17 DE SETEMBRO ALGUNS DOS POSTOS SEÑALADOS POLA CIG PERO SEGUE RESERVANDO 15 QUE SEGUEN OCUPADOS EN COMISIÓN DE SERVIZO.

TAMÉN CONTESTAN DE QUE ALGÚNS POSTOS NON  ESTÁN VACANTES POIS OS TITULARES ESTÁN NOUTRO POSTO DE MANEIRA TEMPORAL, ENTENDEMOS QUE NOUTRA COMISIÓN DE SERVIZO, SEN EMBARGO NON IDENTIFICAN ESTOS POSTOS.

NOUTRO APARTADO INFORMAN DE QUE EXISTEN POSTOS OCUPADOS POR MOTIVOS DE SAÚDE SEN COMUNICARNOS CALES SON.

NOUTRA CONTESTACIÓN DIN QUE NON REUNEN O REQUISITO DE ESTAR ORZAMENTADOS, FALAN EN PLURAL CANDO O SÓ HAI UN O COD 1895 QUE PERTECE A UN COLECTIVO QUE PARA PODER PROMOCIONAR NO CONCURSO TERÍA QUE OPTAR A POSTOS DISTINTOS AOS QUE OPOSITOU CUNHA ESPECIALIZACIÓN CONCRETA

POR ÚLTIMO NOMEA DOUS POSTOS, O 1201 E O 1882 QUE EXCLUE ARGUMENTAN QUE AS PERSONAS QUE OCUPAN ESTOS POSTOS NON TEÑEN A OBRIGACIÓN A PARTICIPAR  POR SER DE ADM ESPECIAL E E ESTAN ABERTOS AO A2, ALGO QUE NON É CERTO NO 1882 SÓ DO SUBGRUPO C1 E PERTECER A ADM ESPECIAL É UN REQUISITO QUE NON FIGURA NAS BASES COMO EXCLUINTE

LISTASE FINAL DOS POSTOS NON CONVOCADOS A PESAR DE ESTAR OCUPADOS EN COMISIÓN DE SERVIZO

servizo

Cod.un.orga

Unidad Org

Ref. Pto

Pto. Trabajo

grupo

nivel

escala

Pr. Es. Ec.

SH0000

Presup. y Est. Eco.

98

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Gest. Trib.

GT3200

Gest. Tributos

113-114-115

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Gest. Trib.

GT3200

Gest. Tributos

123-125

Astte. Admón.

 

C1/C2

18

AG

Gest. Trib.

GT5000

Inf. y Reg. Franja

159

Admvo. At. Tribut.

C1

20

AG

Emp. y Empr.

PS2200

Ap. Admvo. PS

225

Aux. At. Ciud.

 

C1/C2

16

AG

Contrat.

CT1000

Contratos

265

Administrativo

 

C1

20

AG

Deportes

DJ1100

Gest. Admva. DJ

449   

Aux. At. Ciud.

C1/C2

16

AG

Deportes

DJ1100

Gest. Admva. DJ

463    

Aux. At. Ciud.

C2

14

AG

M. Amb.

MA5000

Inspeccion MA

1201

 J. Unidad

A2/C1

22

AE

M. Amb.

MA5000

Inspeccion MA

1215

 Of. Inspec. MA

C2

14

AG/AE

Int. Gral.

IG1300

Ap. J. Serv. IG

1231

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Int. Gral.

IG1400

Gestion admva

1235

Administrativo

 

C1

20

AG

Int. Gral.

IG1400

Gestion admva

1238

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Tes. Gral.

TG1000

Recaudacion

1270-1271

Administrativo

 

C1

20

AG

Tes. Gral.

TG3000

Ap. Admvo. TG

1305

Administrativo

 

C1

20

AG

Educac.

ED0000

Educacion

1328

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Justicia Soc.

SS1200

Gest. Admva. SS

1430

Administrativo

 

C1

20

AG

Justicia Soc.

SS1200

Gest. Admva. SS

1432

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Igualdad

IG1100

Ap. Admvo IG

1524

Aux. At. Ciud.

 

C2

14

AG

Rh. y Viv.

RV0000

Rehab. y Vivienda

1552

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

I. Ed. D. Urb.

UR4300

Disciplina Urb.

1610

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Mov. Urb.

MU4000

Ap. Admvo. MU

1750

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Infraest.

IE7000

Vía Pub. y Patrim.

1882

Engdo. Gral. V. Pub.

C1

20

AE

Infraest.

IE9000

Delineacion IE

1895

J. Delineación

B/C1

20

AE

Int. y At. Ciud.

IT2210

Atención Ciudadana

1949

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Int. y At. Ciud.

IT2500

Ap. Admvo. IT

2077

Of. Admvo

 

C1/C2

16

AG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na nosa opinión este Goberno Municipal non ten intención de convocar un concurso que trate en igualdade a totalidade do persoal municipal, axustándose á legalidade vixente. Tratan de votarlle a culpa ao sindicato CIG, do retraso da execución do concurso, por acudir a vía xudicial en defensa da legalidade. Na CIG estaríamos encantados de non vernos obrigados a utilizar a vía xudicial e dende logo para evitalo o Goberno Municipal o tería moi fácil. AXUSTE OS SEUS ACTOS Á LEGALIDADE VIXENTE.

 

Á consecuencia da primeira denuncia presentada pola CIG na Fiscalía Provincial, en relación as COMISIÓSN DE SERVIZO ILEGAIS, foi que o Fiscal se amparara no feito de que existía unha demanda no xulgado do Contencioso-Administrativo, para manterse á espera da resolución deste xulgado. Unha vez resolta a demanda no xulgado co resultado que todas coñecedes, achegamos esta sentencia á Fiscalía para que actúe en consecuencia.

Acompañando esta sentenza, achegámoslle tamén unha listaxe que elaboramos uns días previos ao xulgado, porque o concello presentou no xulgado un exceso de documentación (4 tomos cun peso total de 8,2Kg) co fin de dificultar a comprensión da realidade.

Nós sabíamos positivamente que unha documentación deste volume o xuíz non a ía a ler ,(supoño que os responsables de persoal pensaban o mesmo) foi por iso que fixemos esta labor de escolma para sintetizar o realmente importante dentro desta maraña de papeis.

Salientar que o avogado do concello sí que tiña un resumo de todos os papeis que se entregaron con carácter previo no xulgado, este resumo aportouno no mesmo momento do xuízo.

Coa transparencia que nos caracteriza na nosa actividade sindical, facemos o que decimos e decimos o que facemos, poñemos a vosa disposición as seguintes ligazóns.

ESCRITO

LISTAXE

texto do correo enviado o xoves 15 de novembro de 2018:

SOLICITUDES BM SETEMBRO 2018

19 DE SETEMBRO NÚM REXISTRO 31767

MANIFESTA:

Que non se están a cumprir os acordos en canto a cobertura de vacantes e baixas na Banda de Música, polo tanto requirimos ao Goberno Municipal para que os cumpran escrupulosamente xa que esta maneira de proceder dende o noso punto de vista neglixente pon en perigo tanto a execución das obras, coma a execución da programación coa calidade que a caracteriza.

Polo anteriormente exposto

SOLICITAMOS:

Que se executen os acordos e se cubran as baixas na Banda Municipal

 

24 DE SETEMBRO NÚM REXISTRO 32462

MANIFESTA:

Que o pasado 19 de setembro solicitamos que se executaran os acordos para cubrir as baixas na Banda Municipal de Música sen ter unha resposta a día de hoxe.

Polo anteriormente exposto

SOLICITAMOS:

Que se convoque unha Mesa Técnica da Banda Municipal de Música ou que se engada esta cuestión na orde do día da vindeira Mesa Xeral de Negociación.

 

 

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

COMUNICA:

Que o pasado luns 23 de xullo publicouse no BOP  a oferta de emprego público para o 2018.

Que aparecen varias prazas (Arquitecto/a Sup., Téc Med. Prom. Emp, Téc Norm. Ling., Arq. Téc. e Aux Adm.) en quenda libre coma execución de sentenza e de cumprir co precepto da antigüidade que marca a lei de orzamentos do estado do ano 2018 no seu artigo19 punto 9, deberían formar parte do proceso de estabilización que está en marcha e non na quenda libre. Non modificar isto supoñería penalizar a quen exerceu o seu dereito á tutela xudicial e ademais supoñería duplicidade de procesos selectivos cos conseguintes custes económicos na confección dos tribunais.

Que tamén figura unha praza de Técnico/a superior de informática encadrado só no grupo B, de materializarse este proceso antes do paso ao grupo B dos Técnicos/as que pertencen ao cadro de persoal deste Concello, estaríamos ante un agravio comparativo con todos/as aqueles/as que sendo titulares desas prazas (e se lles exixiu os mesmos requisitos de ingreso que a da praza ofertada), están encadralos no subgrupo C1, isto daría lugar a que persoal cunha antigüidade de  20 anos (ou máis...) realizando o mesmo traballo reciba menos retribución que persoal de novo acceso.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO

Que as prazas da OPE 2018 que cumpran o requisito da antigüidade recollido  artigo 19 punto 9 da lei de orzamentos do estado de 2018, queden fora da quenda libre e se inclúan no proceso de estabilización.

Que se aborde o paso ao grupo B dos postos propostos pola CIG en maio de 2016.

 

A Coruña, 1 de agosto de  2018

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

COMUNICA:

Que na pasada Mesa Xeral de Negociación fomos informados do incremento retributivo para o ano 2018 e que supón un 1.5%.

Que novamente a produtividade volve a ser excluída de calquera subida.

Que esta parte do noso salario foi establecida fai 10 anos para reducir a diferencia salarial cos postos co complemento de Especial Dedicación, aos que si lle foron aplicando as subidas anuais cando as houbo.

Que a este complemento se lle aplicou a redución do 5% no ano 2011 coma ao resto das retribucións, a pesar diso non se lle aplicaron ningún dos incrementos retributivos que determinaron as sucesivas leis do estado, tendo en conta que os incrementos se aplican sobre o 100% da masa salarial, que está facendo o concello con estes cartos que aforra?

Á inaplicación destes incrementos retributivos, si que cabria aplicarlles a disposición adicional 29 que figuran nos orzamentos xerais do estado do ano 2017 de restablecemento das retribucións minoradas.

 

Polo anteriormente exposto

SOLICITO

Que se lle aplique o 1,5% de subida ao complemento PRODUCTIVIDADE.

Que se aborde unha negociación para implementar este complemento no específico.

 

A Coruña, 31 de xullo de  2018

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

COMUNICA:

Que na MXN do pasado 24 de xullo, o Goberno municipal achegounos unha listaxe das prazas a estabilizar, na que se incluían algunas que pertenecían a programas (UAMI).

Que non é a primeira vez que existindo postos vacantes na RPT, este concello opta por contratar a traves de programas e non por interinaxes.

Que a CIG xa denunciou situacións similares e avalar a inclusión deste tipo de prazas nun proceso como é o de estabilización nin nos parece razoable nin legal, pois ata o de agora moitos  derivaron en procesos xudiciais con cuantiosos custes económicos para o concello.

Polo anteriormente exposto

A CIG non avalará a listaxe proposta non facendo máis pronunciacións ao respecto.

 

A Coruña, 30 de xullo de  2018

Diante do incremento da campaña desinformativa levada a cabo polos sindicatos asinantes do chamado “Acordo de Policía” do ano 2009, CSIF,UGT E CCOO, campaña que non é puntual  senón sistémica dende o primeiro minuto en que nos negamos a asinar ese acordo, vémonos na necesidade de trasladarvos o relato dos feitos para que sexades vos mesmos os que tiredes as conclusións que consideredes oportunas.

No ano 2006 a CIG reúnese con CSIF para acordar o inicio das accións necesarias para conseguir que no Concello da Coruña se fixera unha Relación de Postos de Traballo (RPT) que mellorase os precarios salarios que tíñamos a totalidade dos/as empregados/as do noso Concello. Convén recordar que con anterioridade se tiñan producido mobilizacións de policías e bombeiros, cada seu pola súa conta, sen que tiveran resultado algún.

Aquel acordo inicial do ano 2006, tiña dous obxectivos: Conseguir sinaturas de apoio do persoal municipal e implicar ao resto dos sindicatos. Dous delegados, un da CIG e outro da CSIF, conseguiron arredor de 800 sinatura de empregados/as do Concello apoiando a realización dunha RPT. Armados deste documento e xa co apoio de CCOO e UGT, solicitamos do goberno do PSOE que realizase unha RPT. A unidade sindical durou ben pouco; a UGT desmarcouse do resto e pactou pola súa conta e co PSOE unha RPT que non satisfixo a ninguén, dando comezo ao conflito.

O obxectivo dos dous colectivos máis combativos, policías e bombeiros, era chegar aos mil cincocentos € de salario; e na procura deste obxectivo mantívose o conflito que durou cerca dos dous anos. É de salientar que non todos tiveron a mesma determinación de loitar ate acadar este obxectivo; e é de xustiza recordar que a sección sindical de CCOO, a pesares das presións dos responsables na comarca, mantivo o seu compromiso ate o final sen fraquezas.

Coa perda da maioría absoluta do PSOE, nas eleccións do 2007, e a conformación do bipartito (PSOE-BNG) a totalidade de sindicatos xunto co goberno municipal, asinamos unha RPT que garantía os 1500€ a policías e bombeiros, cun incremento retributivo (para estes colectivos) do 50% e subidas, en diferentes contías, ao resto de persoal municipal. Na asemblea xeral realizada no Coliseum para consulta ao persoal sobre da sinatura ou non deste acordo, nos dixemos que esa RPT proposta era tecnicamente moi deficiente aínda que  estes defectos podían permitirnos perfeccionar a RPT nun futuro, cando o Goberno Municipal pretendera a súa modificación.

No medio do conflito aprobouse a lei 4/2007, de Coordinación de Policías Locais de Galicia (LGPLG), que modificaba os grupos de titulación dos corpos da Policía Local e permitía que non se aplicasen as retribucións desta modificación ate o ano 2010. Se ben é certo que dita lei contemplaba detraer do complemento específico a cantidade que se incrementase polo cambio ao grupo C1 iso  implicaría unha modificación da RPT que iría en contra do acordo que dera fin ao conflito estando xa en vigor esa lei, polo que o Goberno do PSOE non se atrevería a facelo.

Pois neste contexto, a UGT e CSIF, iniciaron unhas negociacións por fora da Mesa Xeral de Negociación (das que xa nos gustaría saber de quen partiu a iniciativa), levou co apoio final de CCOO á aprobación do “acordo de reclasificación da Policía Local no ano 2009. A CIG NEGOUSE A ASINAR ESE ACORDO POR CONSIDERAR QUE ERA LESIVO PARA OS INTERESES DOS/AS POLICÍAS E, ADEMÁIS, VOLVÍASE A MODIFICAR A RPT DE XEITO ARBITRARIO E SEN XUSTIFICACIÓN TÉCNICA ABRINDO UNHA BRECHA QUE POÑÍA EN PERIGO O USO DA RPT EN PREXUIZO DA TOTALIADE DOS POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO; ESTA VEZ CON APOIO DOS SINDICATOS CSIF, UGT E CCOO. (Posición da CIG proposta 2009  - preme eiquí-).

Ese acordo adiou no tempo o incremento correspondente ao cambio de grupo nos policías que tiñan ingresado coa titulación anterior á LGPLG, que era a inmensa maioría, excepto os que tiñan preto a súa xubilación. Tal adiamento lastrou a consabida perda de retribucións varios anos. A PARTE DO DO ACORDO QUE AFECTABA Á RPT NON SE EXECUTOU POR IMPERATIVO LEGAL E PORQUE OS SINDICATOS ASINANTES DO MESMO NON FORON O SUFICIENTEMENTE HÁBILES OU PRECAVIDOS PARA APROVEITAR A ADECUACION NA RPT AOS NOVOS GRUPOS DE TITULACIÓN PARA MODIFICAR O ESPECÍFICO E O COMPLEMENTO DE DESTIÑO; AÍNDA NO CASO DE TER QUE ADIAR A SÚA APLICACIÓN POLO ACORDO, TAL E COMO SE FIXO COA RPT DE DECEMBRO DE 2009.

A necesidade dos asinantes para xustificar un mal acordo levounos á non aceptación dos impedimentos legais para a súa aplicación e non ter que asumir o seu erro teimando en aplicar o inaplicable e mostrando unha grande docilidade cos gobernos de quenda e obviando explorar outras posibilidades que terían permitido incrementar as retribucións, non só dos policías senón tamén do resto de empregados/as do Concello.

Dende a CIG, levamos tempo facendo unha proposta neste senso; proposta que ningún dos tres sindicatos asinantes do acordo 2009 atenderon e que limitáronse a criticar:

  1. Nivel mínimo de Complemento de Destiño para o subgrupo C1: CD 18 (coas consecuencias de efecto dominó nos corpos xerarquizados). A esta posibilidade negáronse co argumento de que a CIG pretendía utilizar “o seu acordo” para subir a outros colectivos. A realidade é que só afectaría a un colectivo fora do policial que son os/as compañeiros/as de bibliotecas que teñen o C1 – é dicir 21 persoas-). Así de ter aceptada esta proposta, os/as policías poderían levar todos estes anos cobrando a suba correspondente ao nivel e ter o nivel consolidado (a cambio desto se fixo cómplice aos policías da ilegalidade do pagamento dunha formación como compensación no ano 2015. –preme eiquí-
  2. Tamén levamos tempo defendendo a revisión da aplicación do complemento de perigosidade (que non só afecta á Policía , senón tamén a o S.E.I.S., lóxicamente) regulada no art. 49 das Normas de Xestión da RPT: “O perigo, representado polas siglas PG, retribúe a penosidade derivada do maior risco obxectivo e de exposición a situacións máis conflitivas no desempeño de postos relacionados coa seguridade cidadá” . Así, a nosa proposta sempre foi a aplicación textual do definido nese art. 49 o que suporía aos/ás policías o paso do PG1 ao PG4 cun aumento nas súas retribucións de 126€ mesuais e o Oficial, do PG2 ao PG4 cun aumento nas súas retribucións de 101€ mensuais.

Con esta proposta, evidentemente, baixarían o complemento de perigosidade do Inspector en adiante e subiría o resto. Pensamos que non enfadarse cos mandos para telos da súa parte foi a causa de non apoiar a proposta da CIG.