Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

  1. Que o pasado día 26 de novembro publicouse no  portal web municipal na sección de selección de personal, unha convocatoria para a cobertura temporal dun posto de Técnico/a de Apoio a Dirección de Economía e Facenda coa referencia número 71.
  2. Que este posto foi creado coa condición de “a extinguir”, porque se crearon única e exclusivamente para darlle cobertura aos habilitados/as nacionais que foron removidos do seu posto de xefatura de servizo en cumprimento dunha sentenza xudicial.
  3. A condición de a extinguir, execútase de dúas maneiras: Por decisión organizativa da propia administración ou por devenir este posto vacante por calquera circunstancia.
  4. Cumbrir un posto vacante coa consideración de a extinguir, ainda que sexa de maneira temporal, significa, ao noso entender, que se incumple a condición imposta na RPT, xa que si este posto resulta tan necesario, sería preciso eliminar das observacións, esta consideración de a extinguir.

Que contra este proceso de cobertura, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN e SOLICITO:

Que se teña por presentado e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución anulando esta convocatoria e que se proceda na primeira modificación que se produza na RPT en vigor, á supresión de todas as prazas vacantes que na RPT figuren os postos a extinguir.

A Coruña, 29 de novembro de 2019

SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que o 3 de outubro o servizo de persoal mediante correo masivo, comunicou unha convocatoria de cobertura temporal de 20 postos de traballo a través de comisións de servizo, 17 para o persoal do Concello da Coruña e 3 abertos a outras administracións.

Que os 6 postos barrados cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 no grupo C (subgrupo C2 e C1) teñen como forma de provisión a Libre Designación.

Que aínda está pendente a convocatoria da segunda fase de concurso que afecta aos subgrupos A2 e A1.

Que convocatoria C.E./19 quedou parada na publicación do 7 de xuño de 2019, sen mediar máis publicacións ou resolucións.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

Que os 6 postos cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 sexan provistos con carácter definitivo polo sistema de provisión que consta na RPT, nomeadamente a LIBRE DESIGNACIÓN, xa que os trámites para unha cobertura provisional ou definitiva son os mesmos.

Que se convoque a segunda fase de concurso de provisión de postos de traballo C.E./19. que afecta as vacantes que inclúan algún dos subgrupos A2 e A1.

A Coruña a  4 de outubro de 2019

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o venres 27 de setembro a primeira hora o servizo de persoal, notificou por correo electrónico a aquelas persoas que acadaron un posto no concurso 1/18.

Que nesta notificación dí :

-La firma del acta de aceptación del puesto adjudicado tendrá lugar durante los días 1, 2 y 3 de octubre, aunque los efectos económicos y administrativos de la firma serán del 1 de octubre de 2019.

 

-Asimismo se informa que, para evitar distorsiones y alteraciones en el funcionamiento de los servicios y la atención a los ciudadanos, y facilitar la adaptación de los compañeros a las nuevas tareas y funciones, las incorporaciones a los nuevos puestos de trabajo se realizarán de forma progresiva cuando así se considere necesario por las Jefaturas de Servicio y/o las Direcciones de Área de los puestos de trabajo de origen, en coordinación y colaboración con las Jefaturas de Servicio y Direcciones de Area de los nuevos destinos.

Que a ocupación efectiva acadada no concurso nin pode nin debe quedar a criterio das diferentes xefaturas de servizo ou direccións de área, xa que veñen directamente marcados na lexislación vixente e tal e como recoñece o mesmo escrito do que estamos falando, os efectos económicos son do 1 de outubro.

Que retribuir ao persoal, cas cantidades determinadas para un posto que non desenvolve podría constituir un delito de malversación de caudales públicos

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se efectivicen a ocupación efectiva dos postos de traballo aos prazos legalmente establecidos.

 

 

A Coruña, 30 de setembro de 2019

 

 

SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Jose María Calatayud Sánchez con DI XXXXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que as bases definitivas para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, convocatoria 1/18, no seu apartado 3.4.  di “Así mesmo, o persoal funcionario que o desexen poderán solicitar, no prazo especialmente habilitado a este efecto, os postos que poidan resultar vacantes a consecuencia da adxudicación dos postos ofertados no Anexo I. A adxudicación dun posto en resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no Anexo I.”

Que o pasado 13 de setembro publicouse  a listaxe de postos ofertados na fase de resultas.

Que unha vez examinada a listaxe, atopamos que aparecen postos que non formaron parte dos postos ofertados inicialmente no convocatoria (exemplos, código 0059 e 1328) e que outros que resultaron vacantes logo da adxudicación de postos, non son ofertados nesta fase de resultas.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

1º) Que se cumplan as bases na súa totalidade, tanto na inclusión de postos vacantes derivados da execución da primeria fase coma a exclusión dos postos que non formaban parte do concurso inical

2º) Que se adapte á legalidade a listaxe de postos ofertados na fase de resultas e se inicie de novo o prazo de solicitudes.

A Coruña, 27 de setembro de 2019

SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que se nos informa de que se están nomeando postos  en comisión de servizo sen que esteen resoltos os concurso pendentes.

Que con independencia de que algunhas comisións de servizo poderían estar motivadas por urxencia e necesidade, debería terse en conta, para a súa cobertura, a sentenza da Sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo de 24 de xuño de 2019  (rec.1594/2017), co fin de ofertalas mediante convocatoria pública e así evitar a discrecionalidade e o ocultismo co que se nomearon a maioría das comisións de servizo neste concello.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

Que se nos informe que postos foron nomeados en comisión de servizo e quen os ocupa. 

A Coruña a  8  de agosto de 2019

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

JEFATURA Inst. Jef. 034/2019

Mandos y Policías

NUEVO TERMINAL TELEFONICO PARA LLAMADA DE SERVICIOS EXTRAORDINARIOS

A partir de hoy y con la finalidad de tener constancia oficial de las llamadas telefónicas  realizadas tanto que se haya cogido la llamada como de la constancia de los intentos de llamada desde la sección administrativa, todas las llamadas se realizan desde el terminal telefónico 627642622.

Este terminal telefónico que es una pda grabará todas las llamadas realizadas, tanto las que sean recepcionadas como los intentos de recepción, con los efectos establecidos en los criterios consensuados del año 2013 para nombramiento de servicios extraordinarios. 

Por todo ello a los que estén anotados para servicios extraordinarios y con la finalidad de facilitar la labor de los compañeros que tienen que realizar el trabajo poco agradable de hacer estas llamadas, se agradece que anoten este teléfono en la agenda como “horas extras” o “similar” a fin de evitar demoras en la recepción o en su caso, en la devolución de las llamadas, y que perturban el sistema de nombramiento.

 

A Coruña, 30 de julio de 2019.                 

El Jefe acctal. del Cuerpo de la Policía Local

José A. Brandariz Castelo

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxxe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que as normas do actual sistema de chamamentos para a realización de horas extraordinarias no servizo da Policía Local ven recollido nun escrito titulado “CRITERIOS GENERALES PARA SERVICIOS EXTRAORDINARIOS”

Que ao noso entender, o mencionado escrito contén parágrafos que son contraditorios entre sí, pouco claros e incluso manifestamente ilegais.

Que ademais, pola información da que dispoñemos, non se está executando ca limpeza que debería.

 

Polo anteriormente exposto: 

SOLICITO:

Que se nos convoque de maneira urxente para negociar unhas normas que regulen “con forme a dereito”  os  chamamentos para a realización de horas extraordinarias no servizo da Policía Local.

A Coruña a  16  de xullo de 2019

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 29 de maio publicouse no BOP da Coruña unha as bases dunha convocatoria de 1 praza de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16. Subgrupo A2, nivel 20 e pertencente á escala especial.

Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.

FUNDAMENTOS.

I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

II LEXITIMACION-  Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).

III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.

Que  en xullo de 2017 publicaronse unhas bases, tamén para unha praza de Técnio de Apoio Social (C.E. 3/16), que foron recorridas no xulgado por non ter como requisito a formación específica de educación social e traballo social, o resultado desta demanda foi unha sentenza en novembro de 2017 206/2017 que dicía:

Que debo estimar el recurso administrativo interpuesto por Confederación intersindical Galega-CIG contra Ayuntamiento de A Coruña representado por la letrada del Ayuntamiento de A Coruña sobre personal declaro la nulidad de la resolución recurrida en concreto la base tercera A) de la convocatoria recurrida al requerir titulación genérica para su acceso y no titulaciones especificas –que según el Plan Bolonia- estarían vinculadas al ámbito social al estar cualificada la plaza convocada de administración especial en la RPT.

Que a pesar da mencionada sentenza, estas novas bases de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16. en canto aos requisitos esixidos di: a) TITULACIÓN: Estar en posesión dalgunha das titulacións de grao universitario pertencentes a rama das ciencias sociais e xurídicas do Plan Bolonia que figuran na táboa do Anexo I, ou diplomatura universitaria dalgunha das titulacións que figuran na táboa do Anexo II.

Que segundo a sentenza habería que eliminar a exixencia das titulacións da rama xurídica e a táboa do Anexo I que non gardan ningún tipo de relación co ámbito social, como exemplos Gastronomía, Xeografía, Banca, Xestión Hostelera, Loxística e Negocios Marítimos.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teña por presentado este recurso de REPOSICIÓN contra as bases de convocatoria de unha praza de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16 para que se elimine o ANEXO 1, se corrixan as titulacións requeridas e se circunscriban exclusivamente ao ámbito social.

A Coruña, 4 de xuño de 2019

Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña

José María Calatayud Sánchez con D.I. xxxxxxx e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de Delegado de Prevención.

COMUNICA:

Que 24 de outubro de 2018 fomos informados de que a empresa que estivo xestionando as medicións de GAS RADÓN ata ese momento nas dependencias municipais era INTERA.

Que tamén se nos achegou un documento sobre as descricións de actuacións no que se menciona o laboratorio que realizou as medicións, LABORATORIO DE ANÁLISIS DE RADIACIONES (LAR).

Que o mencionado laboratorio non aparece no listado de laboratorios acreditados para medir radón no aire segundo a norma ISO/IEC17025, ubicados en España ou con distribuidores en España.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se nos aclare cal foi o laboratorio que fixo as medicións de gas radón nas depencias municipais .

Que se nos informe que empresa ou empresas fixeron xestións relacionadas co radón.

A Coruña, 28 de maio de  2019.

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.

Se ben estamos dacordo nas liñas que sinala o Acordo Marco, pois nomea as cuestións que estivemos reclamando, recordámosvos o motivo polo que non asinamos:

páxina 2, apartado B)  PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO. As bases do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo do Concello da Coruña aprobaranse cunha periodicidade máxima de 18 meses contados a partir da finalización do concurso anterior e rexerase polas  bases xenéricas de provisión de postos de traballo aprobadas en MXN de data 27/04/2018.

A coherencia demostrada impídenos asinar un documento que menciona unhas bases que temos recorridas no xulgado, bases que exclúen postos sen  xustificación LIGAZÓN

CHÁMANOS A ATENCIÓN QUE O ÚNICO ASUNTO QUE XA FOI NEGOCIADO E APROBADO POR TODOS OS SINDICATOS INCLUIDO A CIG, non aparece na publicación do BOP a pesar de que aparece como anexo na DISPOSICIÓN FINAL.  O documento  do acordo de Bombeiros podedes consultalo  na nosa web LIGAZÓN que por certo non sabemos porqué PERSOAL o trata como asunto de MESA TÉCNICA (pdte de refrendar na MESA XERAL) cando foi refrendado por UNANIMIDADE NA MXN. O acordo de Bombeiros é de aplicación inmediata e o ACORDO MARCO está pendente das negociacións correspondentes.

Cáusanos  ESTUPOR  o USO POLÍTICO  que o Goberno Municipal  fai  con este asunto, publicando o día anterior ao día das ELECCIÓNS SINDICAIS o ACORDO MARCO,  facéndolle campaña electoral aos sindicatos asinantes. CANDO A PATRONAL SE DECANTA POR APOIAR A DETERMINADOS SINDICATOS POR ALGO SERÁ.

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

Que en base a sentenza 068/2019 pola que se lle asigna o complenento de atención ao púlbico AP1 aos postos  Psicólogos clínicos (postos nº 1452 e 1502) e para Auxiliares de estación (postos de 1706 a 1718)

SOLICITA

Que se lle aplique este factor aos seguintes postos de traballo xa que, ao noso entender, cumpren as condicións mencionadas na sentenza:

  • 116-117 Administrativo
  • 118-128 Astte. Admón
  • 129-136 Of. Admvo
  • 137-138 Aux. Tributario
  • 139-145 Aux. Admvo.
  • 147 e 149 , Inspector de tributos.
  • 150 Astte. Admón
  • 151-152 Aux. Inspec. Trib.
  • 153 Aux. Admvo.
  • 154-157 Agte. Campo
  • 204 ,210,  Técnico superior orientación profesional.
  • 208,209, Técnico superior prom. econ.
  • 211, Axente desarr. Local.
  • 232, Técnico local emprego
  • 321,322, Animador sociocultural
  • 474-477, Socorrista
  • 541-546 Sarxento seis
  • 547-561, Cabo do seis
  • 562-686, Bombeiros.
  • 688,689, Monitor protección civil
  • 690, Oficial de protección civil
  • 704-721, Inspector PL
  • 722-775, Oficial PL
  • 76-1097, Policia local
  • 1161-1170, Oficial cemiterios.
  • 1171-1186, Axte. cemiterios
  • 1263, Xefe departamento recadación.
  • 1272-1277, Axente executivo
  • 1509,1510, Técnico orientación e inserción laboral
  • 1542-1550, Asistente rede acollida.
  • 1626,1627 Inspección  Intervención edificación.
  • 1719-1721, Axudante de estación. 
  • 1933 , TM xuventude
  • 1934 Animador sociocultural
  • 1935, Técnico auxiliar xuventude e solidariedade

 

 

A Coruña 21 de maio  de 2019

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA