Asuntos tratados

Análise da situación laboral actual no Concello:

O concelleiro fixo unha presentación aséptica da situación actual que poderíamos asumir perfectamente

Proposta en materia de formación:

Ao respecto da formación enfocouse en dous planos, primeiro na necesidade de nomear un responsable da xestión e o segundo darlle unha volta tanto ao sistema coma as características do plan actual centrándose fundamentalmente na formación obrigatoria, adecuación a novidades lexislativas e por outra banda o uso das novas tecnoloxías e un redimensionamento da formación presencial e online. Todo isto a través da detección das necesidades, da actualización de coñecementos e, sobre todo, da necesidade real de recibir a formación ofertada.

Proposta xeral de obxectivos en materia de xestión de recursos humanos durante o mandato 2019-2023:

O concelleiro comprometeuse a meterse no marrón da RPT a condición de que tería que estar rematada antes de xuño do 2022, xa que non quería que se vise comprometida co proceso electoral do ano seguinte. Acordouse externalizar a confección e a CIG introduciu a necesidade de negociar o manual de valoración antes da súa implementación.

Abordarase o tema do radón iniciando as actuacións polo servizo de informática.

Tamén nos comunicaron que enviarán unha instrución para a recuperación do 12 de Outubro, que será igual que a do  ano pasado

Rogos e Preguntas:

Solicitamos que se modificara o  criterio de persoal sobre si o ir  a recoller  a un menor ao colexio por chamamento da dirección do centro constitúe o exercicio dun deber inexcusable de carácter persoal. Coidamos que quedou claro que si.