A sección sindical da CIG foi convocada a unha xuntanza co concelleiro, o motivo desta convocatoria foi darnos a coñecer o resultado que tiveron as nosas alegacións no orzamento 2020 e o de coñecer a nosa posición sobre algúns asuntos.

ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS 2020 

As alegacións presentadas pola CIG foron presentadas o luns 27 de xaneiro LIGAZÓN, o día seguinte martes 28 de xaneiro,  tivemos reunión da Xunta de Persoal e cando se falou de solicitar a Comisión de Control e Seguimento do Acordo Marco a CIG manifestou a súa intención de absterse por non ser asinantes de dito acordo. Informamos que a pesar de non asinar o acordo defendemos a súa aplicación e que para esixir o seu cumprimento xa tiñamos presentado alegacións ao cadro de persoal.

UGT e CCOO  presentaron alegacións o venres día 31 de xaneiro e ningunha destas alegacións fai mención a un número determinado de prazas que si formaban parte das alegacións da CIG.   

 Tivemos coñecemento de que o informe de Persoal sobre as alegacións dos sindicatos era contrario á súa estimación, este informe incluía o dato do número de vacantes que conformaban o subgrupo C1. Con este novo dato recalculamos o número de prazas do subgrupo C1 que farían falta para acadar que  o 40% das prazas do subgrupo C2 mais as prazas de promoción ao subgrupo C1 de anteriores OPE puideran promocionar neste ano, o numero de prazas do subgrupo C1 que debería figurar no cadro de persoal segundo as nosas contas era de 273. Con este novo dato na man , tendo en conta que o grupo de goberno necesitaba dos votos do BNG e da Marea Atlántica para aprobar de xeito definitivo os orzamentos, acudimos  a estes dous grupos para que apoiaran as nosas demandas e o resultado é o que todas coñecedes. Agradecemos a estes dous grupos políticos o seu apoio, nomeadamente ao BNG que dende o minuto un comezou a facer as xestións necesarias para acadar este resultado

Criticamos a falta de criterio dos responsables da xestión de persoal polo diferente tratamento que fan das alegacións e recursos que se presentan e que nalgúns casos paralizan procedementos e noutros exactamente iguais tiran para adiante, ou reclamacións que nalgúns supostos son contestadas e noutros non. Trasladámoslle a nosa preocupación por esta diferencia de trato, que para nós dependen de quen veñan, porque hai reclamacións que non causan ningún tipo de efecto e se deixan pasar e acaban no xulgado e outras que sen necesidade que vaian ao xulgado paralizan, estas situacións o único que fan é  provocar agravios comparativos e moito malestar entre o persoal. Un claro exemplo é o da Incompatibilidade da RPT e  as Normas de Xestión, a CIG fixo unha alegación á RPT 2019 poñendo de manifesto o erro en canto a incompatibilidade do cobro de DP con JP e FN e este erro mantívose na aprobación definitiva cun informe de persoal no que se desestimaba a nosa alegación, corrixir este erro non con leva gasto algún. Pola reacción do concelleiro,ao manifestarlle que manter iso e seguir pagando igual polos dous conceptos pode supor un delito de prevaricación creemos que vai a reconsiderar este asunto

OUTROS TEMAS EXPOSTOS POLO CONCELLEIRO

Formación: o concelleiro trasladounos que están a rematar unha proposta de formación máis axeitada as funcións dos postos.

Fichaxes: sen ánimo de crear ningunha alarma, o concelleiro comentounos que estaba pensando en actualizar os controis nas fichaxes, establecendo algún sistema con pegada dixital o similar, contestámoslle que mentres se faga para todo o persoal municipal, a CIG non ten ningún tipo de problema nisto.

Proceso de Estabilización: solicitámoslle que se aplicara na fase de concurso o máximo que permita a lexislación e que se primase o tempo traballado nesta administración respecto de outras, explicámoslle que non aplicalo aquí supoñería unha desvantaxe para as persoas que están inmersas no proceso de estabilización deste concello respecto doutras administracións nas que si se está a diferenciar esta experiencia e mencionámoslle que hai sentencias neste sentido. O concelleiro mantivo a mesma postura que na última Mesa Xeral de Negociación e tamén mencionou que hai sentencias variadas sobre este asunto, para el, aplicar a nosa proposta sería unha discriminación respecto aos aspirantes de fora desta administración, non parece que vaia a mudar a súa opinión logo de aludir que está ben asesorado ao respecto.

OUTRAS CUESTIÓNS TRASLADADAS POLA CIG

Comisións de servizo: para ser algo do que a CIG informa de maneira tan exhaustiva LIGAZÓN , tanto as novas comisións e a falta de motivación como daquelas que forman parte de procesos ou de libre designación ou convocados fai tempo e paralizados, sorprendeunos a pouca preocupación que tiña o concelleiro con esta cuestión, mencionámoslle que estamos a espera dunha execución de sentenza que podería ter consecuencias de ceses inmediatos en postos de responsabilidade, contestounos que:

  • Pensa nunha modificación de RPT na que deixarían o 95% das xefaturas de servizo en libre designación coma forma de acceso (historicamente a CIG mantivo que as xefaturas de servizo deberían ser de LD).
  • Cría que as convocatorias dos procesos de comisións de servizo estaban publicados na súa totalidade, incluíndo os resultados, pero que ía consultalo.
  • Que o concurso pendente iría inmediatamente (Subgrupos A2 e A1).
  • Pensa deixar sen efectos algún concurso específico convocado, en concreto referiuse ao de servizo de persoal.
  • E que vai convocar concurso de libre designación naqueles postos que están cubertos en comisión de servizo, unha vez que modifique a RPT para abrir algúns destes postos a administración especial.

Ocupación efectiva dos postos: queixámonos de que aínda hai persoal que non ten ocupado o posto polo que está a cobrar, manter estas situacións podería constituír unha prevaricación administrativa, tomaron nota destas advertencia.

OEP pendentes: solicitamos que axilizaran todos aqueles procesos pendentes de ofertas de emprego público non executadas, contestaron que van a intentar poñelos en marcha e simplificar os procedementos e agrupalos, solicitámoslles que os procesos de promoción interna se executaran este ano.

Saúde Laboral: volvemos a trasladar a preocupación ca falta de información dos resultados do Gas Radón, dixémoslle que se ben eramos conscientes de que a pesar de que os resultados excedían os parámetros que Europa marca dende febreiro de 2018 non estabamos alarmados, o que molesta deste asunto é a falta de información dos resultados nun claro comportamento de paternalismo por parte dos responsables en saúde laboral. Contestounos que a información será facilitada e que hai un comité de saúde laboral previsto para o mes de marzo.

 

O concelleiro finalizou facendo unha valoración do que espera para o futuro, o desenvolvemento, non do Acordo Marco do que non se sinte atado, se non dalgúns asuntos que estando nel son de obrigada negociación.  Temos que recordar  que, para a CIG, este ACORDO  MARCO, non era máis cunha declaración de intencións que non vinculaba a ningún futuro  Goberno e polo que ten manifestado este concelleiro de persoal  parece que tiñamos razón