Deficiencias nos edificios visitados:

  • A carteleira interior e exterior que indica as normas de seguridade para o publico e para o persoal é insuficiente ou inexistente nalgúns casos.
  • So localizamos un único cartel coas normas de seguridade encima da máquina de fichar e, nalgún caso, na entrada de cada planta. De tamaño pequeno, hai que achegarse moito para poder léelo polo que non cumpre a súa función de forma adecuada.
  • Nas distintas dependencias non todas as portas están abertas o que implica ter que tocar as manillas para acceder.
  • Nas oficinas de atención ao público so uns vinilos ou pegadiñas no chan que marcan onde se ten que poñer a xente para que o atendan e outras que ,supoñemos, serán para indicar por onde circular. Estes vinilos ou pegadiñas non levan ningún tipo de texto que indique a súa función e, polo tanto, é moi difícil que o público saiba para que serven.
  • Nalgunhas oficinas de atención ao público non localizamos nin no interior nin no exterior ningún cartel para o público coas normas de acceso, seguridade e espera. Soamente uns  carteis impresos en folios que indican a saída e a entrada, pequenos non compren a súa función.
  • Nalgúns Ascensores: un cartel tamaño pequeno nas portas exteriores dos mesmos que indican que non se use o ascensor que é de uso preferente para persoal sensible. O protocolo municipal indica o seguinte para o uso dos ascensores:      Uso de ascensores prioritario para persoas maiores, con discapacidade ou mobilidade reducida. Hai que garantir en todo  caso a distancia de seguridade de dous metros e , de non ser posible, se utilizará o ascensor de forma individual salvo no caso en que as persoas indicadas necesiten asistencia.”   Os carteis colocados nas portas exteriores son insuficientes, deberían colocarse carteis donde figuren as normas de uso tal cual están indicadas no protocolo en un tamaño suficiente para que sexa suficientemente lexible para o persoal e o público.
  • A falta de indicacións suficientes para o público fai que as colas no exterior para o acceso non sexan suficientemente ordenadas e coa distancia de seguridade suficiente polo que puidemos observar.
  • Nas zonas comúns dos edificios visitados (pasillos, hall, escaleiras, baños…) non hai ningunha carteleria nin indicación por outros sistemas nin no chan nin nas paredes  que indique por donde transitar nin o sentido de circulación para a xente que deba transitar polo interior.
  • Nos baños non hai ningún cartel que indique as normas de uso e seguridade, o aforo máximo do aseo según o seu tamaño e características, nin si son de uso público ou so para o persoal municipal.
  • Detectamos tamén insuficiencia de xel hidroalcohólico nas instalacións visitadas.
  • Non localizamos papeleiras específicas para desbotar os EPIs tras o seu uso (mascarillas, guantes)
  • Os conserxes que filtran o público nas oficinas municipais da franxa e maría pita dispoñen de mascarillas ffp2, non é así para outros conserxes con atención ao público a os que so se lles facilitaron mascarillas cirúrxicas pese a que o protocolo indica que deben levar mascarillas ffp2. Polo tanto o nivel de protección non é o mesmo para todos.
  • Recibimos moitas queixas sobre a calidade das pantallas  faciais facilitadas que , nalgún caso , consisten nun trozo de plástico cunha goma e que se rompen con moita facilidade.

Deficiencias particulares:

MARÍA PITA 20 de maio

-Rexistro:

  • Mamparas demasiado baixas onde hai mesas e que non cobren máis aló de 150cm de altura
  • O pasillo do rexistro é moi estreito, imposible un tránsito fluído. Asemade a primeira hora ante a apertura da porta de saída podería haber temperaturas por debaixo do permitido.

-Conserxería:

  • Dúas das mesas que usan están pegadas sen a suficiente distancia de seguridade nin ningún sistema de separación física (mampara)

Reprografía:

  • O mostrador non ten mampara

URBANISMO 20 de maio

Quen filtra a entrada no rexistro e o garda de seguridade que esta fora na porta do rexistro, debe ser o único persoal destinado a esta función xa que non atopamos a ninguén que filtre a entrada de xente no edificio principal e nesta situación debería establecerse un control.

O garda de seguridade non leva os EPIs axeitados á función que desempeña, o protocolo municipal indica que é de obrigado cumprimento tamén para o persoal de empresas privadas nos edificios municipais.

ESTACIÓN AUTOBUSES 20 de maio

  • Non había papeleiras específicas para as mascarillas
  • Falta de xel hidroalcohólico en licencias (mobilidade)

AGORA 20 de maio

  • Non había papeleiras específicas para as mascarillas.
  • Mamparas de rexistro moi baixas non máis de 150cm.

FORUM 21 de maio

  • Non había papeleiras específicas para as mascarillas
  • As mamparas de rexistro moi baixas cobren ata 147cm.

OFICINA TECNICA INFRAESTRUCUTRAS 21 de maio

  • Na entrada, un xel e un cartaz  advertido de chamar a un teléfono en caso de síntomas como únicas medidas colectivas, centro que aínda que esporadicamente, recibe visitas de empresas, casualmente dúas no tempo da nosa visita.

PARQUE MOVIL 21 de maio

  • Ningún cartaz que evidencie o COVID-19 e escasez de xel hidroalcohólico.

FRANXA 21 de maio

  • Deficiencias similares ás atopadas no resto de edificios municipais que visitamos.