Deficiencias nos edificios visitados:

-Falta de xel hidroalcólico nos centros de traballo

-Insuficiente cartelería sobre normas de seguridade.

-Non hai indicacións nin no chan nin nas paredes de por donde deben circular tanto os funcionarios como o público.

-Non hai papeleiras específicas para desbotar os epis.

-As mamparas son demasiado baixas, non cubren toda a mesa e non deixan oco por onde entregar a documentación.

-No caso dos centros cívicos non lle facilitaron mascaras fpp2 para as visitas domiciliarias na primeira e única entrega de epis polo momento.

Como indicamos mais abaixo no parte de recollida de epis si figura que se lles facilitaron mascaras fpp2 cando non é certo.

Fixéronse dúas aclaracións por parte do servizo, sempre según nos contan algunhas compañeiras, con respecto ás máscaras fpp2 para visitas domiciliarias:

 Nun primeiro momento aclarouselle que si había mascaras fpp2, que estaban na central de servizos sociais en fdez. latorre,que  tiñan que avisar con 48 horas de antelación e ir a recollelas alí.

Nunha segunda aclaración díxoselles que habería mascaras fpp2 en cada centro cívico para o persoal que teña que facer visitas domiciliarias, comprobaremos  que esto se cumpra.

Temos que apuntar tamén que moitas veces se realizan varias visitas domiciliarias nunha mesma xornada, indo dun domicilio a outro coas consecuencias que esto pode acarrexar para os usuarios ( moitos deles nunha situación de dependencia que os fai mais vulnerables fronte a unha infección por covid-19) e para os funcionarios xa que non se lles facilitan traxes protectores desbotables para cambiar en cada domicilio visitado.

O tema dos traxes protectores foi tratado no comité de seguridade e saúde  previo á fase de desescalada, por parte do servizo de saúde laboral se dixo que contemplaban os traxes desbotables non so para as visitas domiciliarias de servizos sociais senón para todo o persoal que tivese que facer visitas domiciliarias e puxeron como exemplo ao servizo de urbanismo que ten que facer inspeccións en vivendas e locais. Esta intención quedou tan so en iso, en intención xa que o documento final do protocolo municipal non o recolle.

Polo dito anteriormente, solicitamos ao concello  unha modificación do protocolo municipal que recolla traxes protectores desbotables para o persoal municipal que faga visitas domiciliarias.

-Nalgúns servizos estase indicando aos traballadores municipais que recollan os epis nas oficinas centrais de cada servizo. Esta forma de reparto de epis vai a supoñer un ir e vir continuo do persoal municipal do seu posto de traballo habitual aos servizos centrais ou a o lugar designado para recoller os epis co conseguinte incremento das posibilidades de contaxio entre o persoal.Ademais estes desprazamentos se terán que facer cunha periodicidade mínima semanal xa que nalgúns servicios o paquete de material que se lles dou consiste en catros mascaras cirúrxicas e catro pares de guantes que chegan no mellor dos casos para catro días e no peor para un ou dous.

-Os traballadores de empresas privadas que traballan en edificios municipais (limpeza, seguridade, conserxería etc) non dispoñen de epis adecuados cando o protocolo municipal establece que deben cumprir as mesmas medidas de seguridade.

Queixas Recibidas:

Teletraballo: Estamos recibindo queixas sobre casos de denegación do teletraballo tanto por situación de persoal sensible como por conciliación por coidado de menores. En ambos casos se incumple a normativa dictada polo ministerio de sanidade.No caso do persoal sensible e , pola información que nos facilitan, a mutua Quirón Prevención esta emitindo informes médicos nos que reconoce a condición de persoal sensible pero indica que se pode incorporar ao posto de traballo de maneira presencial. As chamadas que fai, supostamente, o médico da mutua fanse dende un número oculto  polo que é imposible verificar a procedencia da chamada.

Desinfección de centros de traballo: neste sentido recibimos queixas tanto pola falta de desinfección periódica nalgúns centros de traballo como pola forma de facelo. 

Remítennos dúbidas sobre si se cumpre o período de seguridade no que non debe permanecer ninguén no centro de traballo tras a desinfección/fumigación.Enviamos esta consulta ao departamento de saúde laboral do concello preguntando polo procedemento de desinfección, periodicidade, período de seguridade e produtos utilizados na mesma. A data de hoxe non recibimos resposta .

Habería que recordar a todo o persoal dos centros de traballo,  o obrigado cumprimento das distancias mínimas e ,no seu defecto, o uso das máscaras, algo que se poido constatar en distintas visitas que se incumpre.

Deficiencias particulares:

CENTRO CIVICO DE MONTE ALTO 27 de maio

Mamparas que non cubren toda a mesa, demasiado baixas e sin oco no medio para entregar documentación polo que o público ten que entregala por arriba  ou polos laterais.

Falta de xel hidroalcólico, papeleiras para epis, cartelería sobre medidas de seguridade.

Ao persoal so se lle facilitaron máscaras cirúrxicas e non fpp2.

Pantallas faciais de dubidosa calidade como as facilitadas no resto de centros de traballo.

Non localizamos papeleiras para desbotar epis.

BIBLIOTECA MONTE ALTO 27 de maio

A mampara colocada para a entrega de libros nunha mesa na entrada da biblioteca é demasiado baixa, dixéronnos que a iban a cambiar  por unha mais alta pero polas medidas que nos facilitaron non chegaría tampouco a os 1,80 metros necesarios.

Insuficiente cartelería sobre medidas de seguridade e falta de indicacións nin no chan nin nas paredes sobre por donde debe circular o público cando reabran a semana próxima según nos dixeron.

As mascaras facilitadas ao persoal son cirúrxicas, non localizamos papeleiras para desbotar epis.

CENTRO CIVICO DOS MALLOS 27 de maio

Insuficiente cartelería sobre medidas de seguridade, falta de xel hidroalcólico tanto para o público como para os traballadores.

As mamparas das mesas son demasiados baixas, non deixan espacio para a entrega de documentación e non cubren toda a mesa.

As pantallas faciais facilitadas son de dubidosa calidade, non hai papeleiras para desbotar epis.

So se lles facilitaron mascaras cirurxicas e non fpp2 cando este persoal realiza visitas a domicilio.

Aquí detectamos que non soamente non se lle facilitaron mascaras fpp2 para as visitas domiciliarias si non que no parte de recollida de epis que deben asinar os traballadores figura que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 e so se lles entregaron as cirúrxicas. Recomendámoslle a estes compañeiros que non firmen partes de material que non recibiron ou que fagan constar no mesmo que non recibiron mascaras fpp2,  que o poñan en coñecemento da sua xefatura e do departamento de saúde laboral.

CASA PAREDES 27 de maio

Un único dispensador de xel hidroalcohólico na entrada para as 3 prantas, recordar que existen equipos multifuncións compartidos.

Non hai contenedores exclusivos para mascaras sinalizados

Persoal na primeira planta reunido sen mascaras e sen respetar distancia de 2 metros.

Ningunha sinalización nin nos baños nin de acceso as distintas dependencias

DURAN LOGIRA Biblioteca Estudos Locais 27 de maio

Segue sen haber mamparas no mostrador ao público e de ser instalado na altura das mesas poderían non cubrir a altura necesaria

Non hai contenedores exclusivos para mascaras sinalizados 

CIMETERIO SAN AMARO 28 de maio

Na conserxería ningún tipo de cartaz nin sinalización clara no chan para o público

Na oficina, ningún contenedor visible para as mascaras.

Non hai sinalizacións de uso dos espazos comúns (aseos). 

CEIP SAL LENCE 28 de maio

A Conserxería deste colexio é dunhas dimensións moi reducidas, para acceder tanto a dirección como a secretaría tense que acceder pola conserxería. Pegada á mesa da conserxe hai unha fotocopiadora que usa todo o persoal do centro.

Polo mencionado no parágrafo anterior é imposible manter unha distancia de 2 metros, polo tanto debería establecerse unha separación mediante a instalación dunha mampara ou similar ou que se lle dote de mascara fpp2 e pantalla facial. Isto mesmo debe contemplarse para todos os postos nos que non se poida manter unha distancia de dous metros.

O persoal do centro suxire incluso a posibilidade de cambiar a conserxería de sitio. 

CENTRO CIVICO DE SAN DIEGO 28 de maio

Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.

Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa. Pero neste caso, a maiores, as mamparas foron colocadas  no lado contrario a polo que vai acceder o público.

De novo o parte de recollida de epis recolle que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 cando so lles entregaron cirúrxicas. Recomendámoslles que non asinen a recepción de material que non lles foi entregado ou que fagan constar que non se lles entregaron mascaras fpp2.

CENTRO CIVICO DE ELVIÑA 29 de maio

Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.

Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa.

De novo o parte de recollida de epis recolle que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 cando so lles entregaron cirúrxicas. Recomendámoslles que non asinen a recepción de material que non lles foi entregado ou que fagan constar que non se lles entregaron mascaras fpp2.

CENTRO CIVICO DE LABAÑOU 29 de maio

Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.

Neste caso a falta de sinalización sobre o percorrido que debe facer o público foi suplido por iniciativa dos propios traballadores mediante frechas recortadas en cartulina e pegadas no chan.

Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa.