|
||||||||
|
||||||||
En relación coa nota enviada pola concellaría de persoal sobre os gastos en persoal para o exercicio do ano 2015, a sección sindical da CIG considera un exercicio de cinismo tratar de presentar como un logro que o persoal ao servizo do concello da Coruña siga a percibir polo seu traballo as mesmas retribucións que recibía no ano 2010, mellor dito, as retribucións do ano 2010 MENOS O 5%.
Un salario reducido e conxelado dende o ano 2010 por realizar unha carga de traballo incrementada en relación directa coa reducción sistemática do número de traballadoras e traballadores producida nestes últimos anos. Para o vindeiro ano, o cadro de persoal redúcese en 43 prazas. A proposta inicial era dunha redución de 53 pero á petición da CIG, argumentando que se están a producir situacións de imposibilidade física de realizar os traballos por falta de persoal, decidiron amortizar 10 prazas menos do inicialmente previsto: dúas de A1, dúas de A2 e 5 de auxiliar administrativo C2. A que falta para sumar 10 é a do director da Banda Municipal que se tiñan esquecido de incluír no cadro de persoal, tal e como nós fixemos constar.
O incremento de 7000 euros na partida de formación , menos de 5€ por traballador ao ano, non ten a suficiente entidade para ser significativa e os 10.000 € disponibles para os anticipos non deberían ser un problema xa que non supoñen un gasto e o Goberno Municipal xa nos ten retidos mais de 2.000.000 € da paga extra de nadal de 2012.
O anuncio da devolución de 44 días da paga de nadal do 2012 coincide, curiosamente, co importe recoñecido en numerosas sentenzas e haberá que dilucidar se o que nos devolverán de xeito tan xeneroso correspóndese co que nos detraeron a golpe de decreto ou coa parte da paga roubada, perdón, devengada.
Facemos constar que, existindo a posibilidade legal de reiniciar as aportacións ao plan de pensións negáronse en redondo a facelo.
Para resumir: o persoal do Concello da Coruña temos que alegrarnos de cobrar menos que no ano 2010 a cambio de traballar mais e todo iso en función da sacrosanta austeridade, que non se contempla cando se pide un crédito de 12.000.000€ para o túnel do Parrote, por certo en terreos portuarios e non municipais.
|
ACCIÓN SINDICAL
CORREO POLOS ORZAMENTOS 2015
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3883