imprimir

José María Calatayud Sánchez con DI XXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais da Xunta de Persoal sitos no terceiro andar do Pazo Municipal, na miña condición de Secretario da sección sindical da CIG do concello da Coruña

EXPOÑO:

  1. Que o pasado 26 de outubro do presente ano publicouse a aprobación inicial do expediente M1C/2015 modificativo do orzamento 2015  aprobado en sesión extraordinaria e urxente do Pleno Municipal o día 20 de outubro.
  2.   Que no citado modificativo de crédito se transfiren sobre 467.000 € da partida de gastos de persoal a outras partidas.
  3. Que o RDL 10/2015 de 11 de setembro Recolle no seu artigo 1.1 o seguinte:” 1. As distintas administracións públicas, así como os seus entes dependentes e vinculados, aboarán, dentro do exercicio 2015, e por unha soa vez, unha retribución de carácter extraordinario cuxo importe será o equivalente a 48 días ou ao 26,23 por cento dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 2012, por aplicación do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, co alcance e límites establecidos no presente artigo.”
  4. No apartado 3. Do RDL citado contemplase a posibilidade de non realizar o pagamento mencionado no apartado anterior a que a situación económica-financeira non o permita.
  5. A retirada dunha partida tan cuantiosa do capitulo de gastos de persoal incide negativamente na posibilidade de executar o pagamento das retribucións citadas, o que podería impedir ao concello cumprir coa súa obriga de efectuar o pagamento do 26.23 % da paga retirada no 2012 dentro do ano 2015.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teñan por presentadas estas ALEGACIÓNS e non se aprobe definitivamente o expediente M1C/2015 por impedir o cumprimento da obriga legal de efectuar o abono do 26.23% da paga extra de decembro do 2012 aos empregados do concello da Coruña

 

A Coruña 12 de novembro do 2015.

Categoría: MXN
Visitas: 1471