RPT e Normas de Xestión

Na nosa Relación de Postos de Traballo(RPT) hai dous grupos de postos diferenciados, os que teñen Especial Dedicación(ED) e os que non.

Segundo as Normas de Xestión da RPT os postos con “ED .- Natureza: Retribue a dispoñibilidade e maior dedicación temporal no desempeño do posto. Os postos retribuidos con EDterán unha xornadamínima de 40 horas semanais, sen prexuízo do maior horario que ocasionalmente requira o servizo. Durante o horario de verán terán a mesma redución que o resto do persoal.”

A aplicación desta norma produce agravios comparativos, entre os postos que teñen ED e os que non, os primeiro non sofren rebaixa nese complemento ao estar de baixa como sucede coa Produtividade, ademais disto  as ED perciben ao ano 14 pagas de ED contra as 12 da Produtividade.

As ED que figuran na RPT do Concello,asignáronse sen xustificación algunha , pois utilizouse de inicio como complemento para os postos de xefatura, co argumento dunha valoración baixa dos mesmos, algo que despois foi utilizado sen criterio.

 

SENTENZA

Unha recente sentenza do TSXG limita a ED a 40 horas máximo, o resultado desto é que o valor da hora de ED é totalmente desproporcionada coa táboas de gratificación das horas extraordinarias aplicadas aos postos sen ED.

PRECIO HORAS EXTRAORDINARIAS

ANTIGUO GRUPO

PRECIO

A

23,54 €

B

19,52 €

C

16,35 €

D

13,80 €

E

12,32 €

 

POSTURA DA CIG

Nas nosas propostas electorais incluíamos a revisión e adecuación da  RPT ás necesidades reais do concello, con especial consideración á definición e aplicación do concepto de ED

 

A postura que a CIG sempre mantivo sobre a ED nas Mesas Xerais de Negociación(MXN) é a de aclarar os criterios polos que se aplicou este complemento e no caso de que non existan créalos e determinar de novo a que postos deberían adxudicarse

A CIG  non  avalou ningunha modificación da RPT que non se fixera en base a criterios aplicables ao conxunto dos postos de traballo e así seguirá sendo no futuro.

 

A recente sentenza sobre este asunto desnaturiza o concepto de ED e converte en absolutamente desproporcionada a súa retribución polo que solicitaremos que se convoque, con carácter de urxencia, a MXN para tratar este tema.