Bo día a todos/as,
 
achegámosvos o contido da solicitude rexistrada no día de hoxe:
 

 

Que no pasado 13 de novembro solicitamos unha Mesa Xeral de Negociación urxente para tratar a aplicación dunha sentenza que afecta as actuais normas de xestión da RPT, en concreto ao concepto da Especial Dedicación.

 

Que no pasado 30 de decembro nunha reunión mantida ante a Xefatura de Personal e de Seguridade Cidadana, recoñeceuse que habendo postos de traballo que cobran o concepto de ED, non cumpren nin as 40 horas minimas que marca as normas de xestión para estos postos.

 

Que dende a CIG, levamos anos denunciando que o concepto da Especial Dedicación, na maioria dos casos é unha retribución que non obedece a ningún criterio coñecido e é totalmente despropocionada respecto aos salarios dos que non teñen este concepto e que en moitos casos fan o mesmo traballo.

 

Que a cantidade de postos con ED foi criticado polo anterior Goberno Municipal do Partido Popular, se ben non fixo nada por correxilo e nas últimas modificacións incluso creou postos novos con este concepto.

 

Que nas primeira reunións co actual Goberno Municipal tamén causoulle extraneza á Concelleira de Persoal, a cantidade de postos con ED neste Concello.

 

Que a día de hoxe non houbo máis que silencio sobre este tema.

 

Polo anteriormente exposto

 

REITERO:

 

A solicitude do pasado 13 de novembro e se convoque a Mesa Xeral de Negociación para coñecer dunha vez os criterios polos que se deron as ED e no caso de non habelos, revisar a RPT posto a posto.

 

 

A Coruña 14 de xaneiro de 2016

 

esperamos que fora do voso interese.

un saúdo
 
O Secretario da Sección Sindical da CIG
José María Calatayud Sánchez