Hoxe fomos convocados para a negociación da previsión orzamentaria de gastos de personal e cadro de personal do 2016. A Concelleira informounos entre outras cousas de:
•       O incremento das retribucións do 1%
•       A recuperación da paga extraordinaria do ano 2012
•       Manteñense as Axudas Económicas cun aumento do 3%
•       Plan de formación que faran máis participativo ao personal no seu deseño
•       Executar as convocatorias dos anos anteriores (Policía, Bombeiros e Administrativos), máis o que se acorde este ano.
•       Achegarán na próxima reunión o borrador da RPT adaptado á nova organización, deixando para outras xuntanzas cambios máis profundos na RPT, entre eles a promoción ao  novo grupo B para técnicos especialistas.

A CIG pregunta sobre o incremento do 1% na productividade ao que contestan que esa partida é de aprobación anual e que é a mesma que para o 2015 mentras non se aprobe o novo orzamento, o Goberno Municipal dixo que se incrementaría ese 1% a partir da devandita aprobación. A CIG solicita que ese incremento se aplique con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2016.

A CIG recorda que a sentenza sobre a ED tería cabida nunha primeira modificación polos agravios comparativos que existen e recordamos que este concepto só valora o exceso de xornada. Contestan que van a consultar á asesoría xurídica sobre a extensión desta sentenza antes de abordar a ED. A Concelleira tamén amosou o seu desacordo coa aplicación actual que se fai deste complemento.

A CIG propón a reclasificación directa ao novo grupo B dos postos ocupados no que o seu requisito de ingreso figurase a Formación Profesional de segundo grado e  fará chegar ao goberno municipal unha proposta concreta para súa negociación.

A CIG Pregunta se se van a respetar os acordos acadados co anterior goberno municipal para as prácticas formativas do Grupo de Rescate Acuático e o para incremento de personal das quendas do SEIS. Contestan que o van a mirar.

A CIG solicita que se orzamenten as 8 prazas que desaparecen no borrador do cadro de personal e así  poder disponer delas no momento que non existan limitacións legais que impidan a posibilidade de incrementar a plantilla.

A CIG pide que se negocie un sistema para que se poida fraccionar en horas os días de asuntos propios e dispoñer deles a demanda para mellorar a conciliación da vida familiar.

Por último, A CIG pon de manifesto que se opón ao requirimento por parte do Goberno Municipal para nomear outro tribunal da promoción interna de Oficial de Policía, considera que a xestión deste asunto foi un despropósito dende o seu inicio e que se deberá esperar a que remate o procemento informativo, para depurar posibles responsabilidades se as houbera, antes de reinicar o proceso.

A Concelleira manifesta que se reunirá de maneira ordinaria cos sindicatos todos os días 15.

Esperamos que esta información fora do voso interese.