Bo día a todos/as,
Por mor das vacacións que gozamos na sección sindical retrasamos a achega da información relativa á MXN que tivemos no pasado 5 de agosto coa seguinte orde do día:
- Tramitación da modificación da Relación de postos de traballo, para a súa adaptación á nova estrutura política.
- Rogos e preguntas.
1)Estas son as propostas de RPT tratadas nesta ocasión e a valoración que fixemos delas:
- Secretaría Xeral: as secretarías de dirección pasan a Alcaldía, ao ser un tema organizativo nada que dicir.
- Asesoría Xurídica: igual que na anterior, as secretarías de dirección pasan a Alcaldía.
- Contratación: proposta de creación dun posto de xefatura de sección aberto ao grupo A1/A2 con nivel de destino 24, para administración xeral con factor de responsabilidade 11 e con especial dedicación. Este posto aparece coma xefatura sen ningún posto dependente xerarquicamente e as súas función serán as do as distintas concesións que hai en distintas áreas e revisar a parte xurídica destas . A tenor das explicacións que nos deron propuxemos a posibilidade de que este posto tivera apoio administrativo. Tamén propuxemos algo que solicitamos noutras reunións, que publicaran os organigramas de todos as áreas e así evitar dúbidas que a nivel xerárquico existen nalgúns servizos. Abriuse un debate sobre a conveniencia de que tivera ou non xente a seu cargo e no caso de non que se mantivera o nome de xefatura e non de técnico, por parte dalgún sindicato comentouse que no caso de ser técnico non estaba xustificada a ED pero no caso de ser xefe si... O debate xurdido nesta ocasión afonda no problema da xestión que se fai das ED, A CIG seguiu mantendo a mesma postura que no pasado sobre este complemento.
- Oficina orzamentaria: polo problema xurdido para cubrir as baixas dos xestores económicos dependerán directamente desta oficina.Tamén informaron que pasarán a ser adscritos definitivamente. No seu momento cando accederon ao posto, a anterior concelleira de Persoal(PP) os adscribiu provisionalmente...
- Facenda: dentro desta concellaría crean unha oficina de Calidade e Control xestión con traslado de 2 postos de planificación IS1000 xefe de sección e IS1000T MCtrl.Gest e 3 postos novos xefatura de servizo, xefatura de dep e aux adm.
- Cultura: aumento dun posto de ordenanza e créase a dirección do Centro Ágora que ata agora xestiona o IMCE, no Forum e no Coliseum ocorre o mesmo. Solicitamos que se faga unha organización coherente e que todas sexan xestionadas polo mesmo ente ou administración. Preguntamos porqué non está contemplado o incremento de postos ou efectivos relacionados coa anunciada remunipacipalización das bibliotecas municipais que teñen xestión privada.
- Normalización: pasa a depender de Alcaldía.
A Concelleira dinos que debido á nova lei que regula o rexistro telemático, haberá que redefinir os postos desta área, estamos dacordo en que sexa así.
Tamén se lle dixo á concelleira que non está resolto a cuestión dos postos abertos a Habilitados Nacionais, ao que contesta que será resolto na última reunión da MXN.
2) Solicitamos que se volvan a publicar á información que aparecía nas carpetas públicas e que por mor do cambio de ferramenta(ALFRESCO) informática, desapareceron publicacións en materia de persoal.
Preguntouse tamén sobre a relación de postos que saíran na próxima OPE e contestan que están pendente dos orzamentos, nese momento a CIG recorda que a partir de agora deberemos negociar os orzamentos e a OPE conxuntamente, pois estas prazas teñen que ir necesariamente naplantillamunicipal.
Ao remate das nosas intervencións a Concelleira achegounos un informe sobre a remunicipalización dos servizos públicos locais. Infórmanos sobre coma vai a ser o proceso nas bibliotecas municipais e no que se nos vai a excluír no inicio, algo que non compartimos pois chegaremos a parte de negociación sen saber dos razoamentos do que se parte. Tamén dixo que vai a trasladar nas MXN o que aconteza nestas reunións, a CIG volve a insistir que vaise perder unha oportunidade de facer achegas que poden ser importantes e que é un erro difícilmente explicable.
Esperamos que esta información fora do teu interese.
O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez