imprimir

Despois de incumprir o calendario das Mesas Xerais de Negociación(MXN) sobre a Relación de Postos de Traballo(RPT), o Goberno Municipal convocounos para entregarnos a Oferta Pública de Emprego(OPE) para 2016 e informarnos da inminente constitución de mesas técnicas para abordar o novo regulamento de axudas económicas que a Xunta de  Persoal propuso fai tempo. Sobre as mesas técnicas informaron de crear un regulamento de vacacións permisos e licencias, algo que tíñamos falado en anteriores MXN.

OPE 2016

Recordamos que na MXN do pasado 16 de xuño (preme aquí ) aceptaron un incremento de 9 a 10 efectivos na taxa de reposición, pero  agora informáronnos que facendo caso a un informe negativo da intervención, volven aos 9 iniciais.

    Quenda Libre

     Para o subgrupo A1:

•             2 Técnicos/as de administración xeral

•             2 Técnicos/as de administración especial un para Medio Ambiente(Residuos) e o outro para departamento en Normalización Lingüística (Imaxe)

•             1 Arquitecto/a superior (adm esp) para Rexeneración Urbana

•             1 Licenciado/a en Dereito (adm esp) para Xustiza Social

       Para o subgrupo A2:

•             2 Técnicos/as medios de administración especial para Emprego e  Mobilidade

•             1 Técnico/a de apoio social (adm esp) para Xustiza Social

En moitas MXN denunciamos os problemas para desenvolver o traballo administrativo e a escaseza de persoal en moitos postos base (Conserxes, Aux Administrativos, Enterradores, Bombeiros, Oficiais de Estación…) , pero  esta OPE 2016 no quenda libre, propoñen só postos superiores, polo que sigue cargando a maior parte do traballo na diminuída plantilla municipal, polo tanto a CIG está en total desacordo con esta proposta.

    Promoción Interna

Refunden as ofertas de anos anteriores.

2 Oficiais de transporte: para cando se aprobe a RPT, terase en conta na OPE 2017

11 Administrativos: refunden as de 2014 e 2015 e incrementan 3 a maiores.

4 Aux Administrativos  

1 Inspector de Policía Local

2 Oficiais de Policía Local

4 Cabos S.E.I.S º

1 Oficial de S.E.I.S

Infórmannos que para o 2017 teñen a intención de convocar un número importante de promocións internas, debido a previsión da apertura de postos C2 a C1 no posto de Administrativo e que continuaría nos seguintes anos para completar a totalidade de prazas, sobre isto falouse de negociar un sistema máis acaído á realidade e non do nivel mantido nas últimas promocións, dende a CIG queixamonos nesta reunión, que algún sindicalista xustificase  a nota de corte sobreleveada no exercicio teórico co argumento deque así o tribunal tivera menos exames que corrixir. Tamén haberá en Oficiais de mercados, Oficiais de transportes e favorecer algún tipo de promoción máis, dependendo da creación do Novo Grupo B (sobre isto a CIG fixo proposta en MXN o 19 de maio de 2016 preme aquí )

Despois de debater este punto, propoñen crear un grupo de traballo para ir redactando as futuras bases do CONCURSO e tamén as bases para AS PROMOCIÓNS.

Constitución das mesas técnicas do regulamento de axudas económicas e de Normas de xestión para vacacións permisos e licenzas.

Establecemos unhas datas para comezar coas mesas técnicas, sendo a primeira a do novo regulamento de axudas económicas que propuxemos dende a Xunta de Persoal (XP), reunímonos o pasado martes 29 de novembro, pero non avanzamos demasiado, pois a pesar que a proposta foi da totalidade de sindicatos con representación na XP e foi enviado masivamente aos empregados municipais para que nos achegarades melloras ou problemas, na reunión algún sindicato seguía debatendo todo o deliberado e aprobado pola totalidade da representación sindical nos anteriores meses. No caso de non aprobalo antes do remate deste ano, habería problemas para aplicalo nas seguintes axudas.

ROLDA DE INTERVENCIÓNS

A petición doutro sindicato,  debatemos durante media hora sobre cuestións relacionadas coa inadecuada xestión do persoal que existe no servizo da Policía Local (Formación,  Compensación de días, ILT...) que ten convocadas periódicamente mesas técnicas.

Quedounos pouco tempo para falar sobre temas que a CIG consideraba tamén importantes e que son os seguintes:

•             A valoración negativa sobre a tardanza na aprobación da RPT e as comisión de servizos que fan atrasar o CONCURSO DE TRASLADOS.

•             Malestar polas bases de Arquitecto funcionario/a interino/a con retribucións mensuais correspondente a nivel 24 cando existen postos na RPT con nivel 22.

•             Incumprimento da promesa modificar o convenio colectivo para eliminar as diferencias salariais entre traballadores que ocupen postos iguais.

•             Problemas de xestión na convocatoria de cursos en Servizos Sociais.

•             Falta de información sobre a Re-municipalización das Bibliotecas.

•             Rotación de ordenanzas nos Plenos e tempos obrigatorios de descanso entre xornadas.

•             E varias cuestións de Saúde Laboral, as que contestaron con unha inminente convocatoria do Comité de Saúde Laboral, pero sen concretar data.

CUESTIÓNS SOLICITADAS POLA CIG PARA O PRÓXIMO COMITÉ DE SAUDE LABORAL

              Cuestinario de Riscos Psicosocias.

              Sinalización e colocación de Extintores en distintas dependecias

              Condicións insalubres nas dependecias de Servizos Socias

              EPI en cimenterios

              Control das medicións de Gas Radón

              Instalacións eléctricas Castelo de San Antón

Por outra banda estamos a revisar as contas de correo electrónico para mellorar na entrega  da información e recordar que todos os correos que vos enviamos os colgamos na nosa páxina web http://cigconcelloacoruna.com/

ESPERAMOS QUE ESTA INFORMACIÓN FORA DO TEU INTERESE

O secretario da sección sindical da CIG

 

José María Calatayud Sánchez

Categoría: MXN
Visitas: 1744