ACCIÓN SINDICAL
PROGRAMA ELECTORAL DA CIG NO CONCELLO DA CORUÑA
Aquí tedes as propostas da Candidatura da CIG neste Concello:
- Publicidade, transparencia e respeto aos principios de igualdade mérito e capacidade nas seguintes cuestións:
- Visualización na INTRANET da situación en tempo real de cada empregado público e da súa situación administrativa no posto que ocupe.
- Convocatoria anual do concurso de provisión de todos os postos vacantes.
- Definición dun sistema que garanta a igualdade de oportunidades para optar á cobertura das vacantes e que só por razón de urxencia se provisionen en comisión de servizo.
- A recuperación de todos os dereitos “roubados”....
- Implementar medidas que garantan a protección das vítimas ou denunciantes dentro do protocolo de acoso laboral.
- Publicación anual das quendas da totalidade do persoal nos centros de traballo e, onde fóra preciso, negociar o sistema de xestión destas.
- A consideración da formación autorizada e realizada fóra da xornada de traballo como tempo de traballo efectivo e compensado como legalmente proceda.
- Revisar e adecuar a RPT ás necesidades reais do concello, con especial consideración á definición e aplicación do concepto do ED, e adecuación da adscripción dos postos de traballo aos novos grupos de titulación.
- Facilitar a promoción interna, con especial mención ao acceso do C2 ao C1, do AP a C2, fundamentalmente no persoal de oficios, por realizar na maioría destes supostos as mesmas tarefas; reclasificación dos Bombeiros no subgrupo C1.
- Facilitar a conciliación efectiva en todos os servizos e a aplicación de medidas de igualdade implementando sistemas de mobilidade, cobertura temporal de baixas,....
- Defensa dos servizos públicos evitando novas privatizacións e recuperando os servizos privatizados.
As nosas propostas sempre foron e seguirán a ser de carácter xeral (todos os servizos,todas as categorías e todos os supostos) e coma fixemos sempre na CIG, as delegadas e delegados que nos presentamos nesta ocasión, adquirimos o compromiso de defender estas propostas nas Mesas de Negociación e apoiar e defender ao persoal do Concello da Coruña na súas xustas reivindicacións.
O PRÓXIMO 21 DE MAIO, VOTA CIG!!
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: ELECCIÓNS
- Visitas: 2423
CANDIDATURA ELECCIÓNS SINDICAIS 2015
1. Roberto Tizón Miguens.....................Área Económica
2. María Porto Cagiao...........................Servizos Sociais
3. Jose Manuel Rama García.................Seg. e Mob. Bombeiro
4. Elena Iglesias Deza..........................Área Económica
5. Jose María Calatayud Sánchez...........Urbanismo
6. Natividad García Teijeiro...................Contratación
7. Ana Isabel Filgueiras Espasandin.......Conserxe de Educación
8. Laura Tur Llonart..............................Bibliotecas
9. Andrés Otero Cerveró.......................Seg. e Mob. Policía
10.Rosario Gregorio Fernández...............Urbanismo
11.Alejandro López Calviño....................Seg. e Mob. Policía
12.Jose Luis Leira Caparros....................Seg. e Mob. Bombeiro
13.Rafael Piñeiro Guzmán......................Actas
14.Raquel Seijo Gomez..........................Servizos Sociais
15.Oscar Eiroa Patiño.............................Urbanismo
16.Ruben Prado Castiñeiras....................Seg. e Mob. Bombeiro
17.Jose Antonio Costa Vales....................Informática
18.Manuel Lema Pose.............................Cultura
19.Jesús Miguel Costoya Louzao..............Seg. e Mob. Policía
21.Gabriel Rodríguez Gutiérrez................Seg. e Mob. Bombeiro
22.Luis Maroño Astray............................Medio Ambiente Ceminterio
23.Concepción López Corral....................Estación Autobuses
24.Lourenzo Castro Pérez.......................Músico
25.Beatriz Doldán Theodosio...................Cultura
26.Diego Vilariño Vide............................Seg. e Mob. Protección Civil
27.Agustín Barreiro Rodo........................Seg. e Mob. Bombeiro
28.Jesús Villaverde Zas...........................Axte. Recaudación
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: ELECCIÓNS
- Visitas: 3447
ORGANIGRAMAS RPT
Nesta publicación, podedes consutar os ORGANIGRAMAS baseados na Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña, esta publicación obedece á nosa interpretación de dependencias organizativas, pois a falta dun documento oficial non podemos dala por válida ao 100%. Usar zoom+- para navegar polas distintas áreas, servizos e departamentos representados por CÍRCULOS.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: RPT
- Visitas: 809
CONSECUENCIAS ECONÓMICAS ACORDO RECLASIFICACIÓN 2009 POLICÍA LOCAL
Aquí podedes consultar a postura da CIG ante as reclasificacións de Subgrupos no corpo da Policía Local no ano 2009 e as consecuencias económicas.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: RPT
- Visitas: 1282
CADRO PERSOAL
O cadro de persoal para 2020 e a súa evolución ligazón BOP CADRO 2020
O cadro de persoal para o 2018
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: RPT
- Visitas: 2262
AFILIATE Á CIG
Na seguinte LIGAZÓN poderedes descargar a ficha de afiliación, para máis información en canto a súa tramitación, poñedevos en contacto a través da conta de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando á extensión número 10141.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: Preguntas habituais
- Visitas: 620
REGULAMENTOS, ACORDOS E INSTRUCCIÓNS DO CONCELLO DA CORUÑA. Preguntas habituais
Aquí podedes atopar normativa própia do Concello da Coruña e consultas varias:
ACORDOS e NORMATIVA | VARIOS | BAIXAS |
|
||
BOMBEIROS | POLICÍA LOCAL |
|
|
|
|
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: Preguntas habituais
- Visitas: 1753
NOTA PRENSA NOVA SENTAZA CONTRA AS CS, TSXG 363/2022
A xustiza volve darlle a razón á CIG e anula outra comisión de servizo no Concello da Coruña
A Coruña, a 10 de maio de 2022
Se no mes de abril era o Xulgado do Contencioso Administrativo nº4 o que anulaba tres comisións de servizo na área de Servizos Sociais por falta de transparencia nos criterios de avaliación, esta semana o TSXG emitiu sentenza pola que bota abaixo a resolución do Concello da Coruña pola cal se nomea outra comisión LIGAZÓN , neste caso na Xefatura de Infraestruturas, ao entender que esta praza debería terse incluído na convocatoria do concurso ordinario de méritos para a súa cobertura mediante este procedemento.
Para a sección sindical da CIG esta nova resolución xudicial "pon ás claras" o uso que está a facer o Goberno municipal da Coruña coas comisións de servizo "como un sistema para premiar a persoas afíns ou castigar a determinado persoal que non é do seu gusto". Explican que "se a anterior sentenza sacáballe ás cores á xestión en canto aos baremos utilizados, nesta ocasión é polos tempos".
"O TSXG non acepta o manido argumento da urxente e inaprazábel necesidade de cobertura do servizo ao que sempre recorre o Concello e entende que a praza de Técnico de Patrimonio en cuestión debería terse incluído no concurso ordinario de méritos". Concurso que, apunta a representación da CIG, foi publicado no BOP tan só un mes despois de terse anunciado na web do Concello a convocatoria da comisión.
De feito, o TSXG incide en que a urxente necesidade de ocupar a vacante alegada polo Goberno "só xurdiu unha vez publicado o concurso e as prazas incluídas neste", entre as que non estaba o posto denunciado. É máis, a sentenza recalca que a praza permanecía vacante dende a súa creación no ano 2017, polo que non existían motivos para non incorporala no concurso ordinario de méritos.
Hai que subliñar que a convocatoria do concurso aprobouse en maio de 2020, pero posteriormente houbo dúas modificacións das bases a respecto dos postos a cubrir, a última delas publicada o 9 de xullo de 2020. Isto é, un día antes de que se anunciara a convocatoria para a cobertura mediante proceso extraordinario da praza de Técnico de Patrimonio.
Con esta nova sentenza na man, a sección sindical da CIG insta o Goberno municipal a mudar a súa política laboral e a respectar a legalidade; así como demándalle ao concelleiro de Persoal que deixe de xogar a confundir coa súas declaracións e a tentar descualificar a representación dos traballadores e das traballadoras.
Neste senso, subliñan que as comisións de servizos son un medio de cobertura de postos extraordinario cuxo uso debe estar limitado e a súa urxencia debidamente xustificada. Pero, como a CIG leva anos denunciando na vía xudicial, no Concello da Coruña practícase un abuso na utilización das comisións que ademais de xerar inseguridade xurídica, bloquea a carreira profesional á que teñen dereitos todos os empregados e empregadas das administracións.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 526
RESPOSTA ANTE AS ACUSACIÓNS DO GM NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Respecto á nota de prensa que onte enviamos aos medios de comunicación e, á vista da resposta que da un representante do GOBERNO DE INÉS REY, que afirma nos medios o seguinte:
“acusó a los “representantes” sindicales de desconocer “la diferencia entre un procedimiento de libre designación y una comisión de servicio”
Na CIG temos tan clara a diferenza entre os dous procedementos que van moitísimos anos que non recorremos un nomeamento polo sistema de LD. Cremos recordar que a ultima denuncia de LD realizada pola CIG tiña que ver cunha xefatura de servizos sociais que estando reservada a funcionarios o Goberno Socialista daquela época pretendía adxudicarlla a alguén que non tiña esta condición. Por certo, gañamos o recurso e a persoa nomeada tivo que ser cesada.
Recordar tamén que a ultima denuncia contra a LD a fixo unha asociación de funcionarios deste concello contra o nomeamento das xefaturas de servizo por este sistema, sentenza que tamén gañaron e que obrigou a adaptar a RPT. Magoa que o resultado desta denuncia sexa que parte das denunciantes ocupen estes postos en comisión de servizo, no lugar dun proceso de provisión definitivo.
Cremos que quen traslada a confusión aos medios o fai porque prefire seguir agochando a realidade e enganando á cidadanía.
Neste Concello temos un histórico no tema das comisións de servizo amplamente denunciado pola CIG. A sentenza de onte é unha máis.
A realidade das COMISIÓNS DE SERVIZO non está en cuestión, na CIG temos moi claro que é un sistema utilizado polo goberno actual para premiar ou castigar aos seus amigos/inimigos. Recordade o cese que leva unha tempada nos medios, ou incluso colocar a membros das súas listas electorais.
Por isto resúltanos curioso que existindo unha recente SENTENZA (promovida por funcionarios) gañada contra unha LIBRE DESIGNACIÓN deste concello (en favor dunha persoa que conformaba a candidatura do PSOE local encabezada por Inés Rey) fagan este tipo de chamada de atención... Quen está confundido ou xoga a confundir?
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 666
SENTENZA QUE DECLARA NON CONFORME A DEREITO COMISIÓNS DE SERVIZO NO CONCELLO DA CORUÑA
A xustiza anula o nomeamento de tres comisións de servizos no Concello da Coruña por falta de motivación
Determina que non houbo transparencia no proceso de selección ao descoñecéronse os criterios de valoración dos méritos
A Coruña, a 27 de abril de 2022:- O xulgado do contencioso administrativo nº4 da Coruña declarou non conforme a dereito a resolución pola que o Concello da Coruña cubriu tres postos de dirección en Servizos Sociais mediante o procedemento de comisión de servizo. A sentenza LIGAZÓN conclúe que na súa decisión o Goberno municipal non foi transparente e incluso entende que os criterios de valoración empregados foron elaborados para cada caso especificamente, sen que existiran baremos homoxéneos, cuantificábeis e computábeis.
Sobre a falta de transparencia, na propia sentenza sublíñase que o Concello publicou a convocatoria das vacantes para a súa cobertura polo sistema de provisión, pero despois non fixo público nin notificou ás restantes 14 persoas interesadas o resultado da selección, impedindo así que estas coñeceran os motivos polos que se elixiron a determinadas funcionarias e funcionarios para cubrir as comisións.
Con este proceder, puntualiza a sentenza, o Concello faltou ao deber de transparencia e obxectividade que debe rexer as súas decisións. Que as comisións se ían dar a determinadas persoas previamente elixidas, evidénciase no feito de que na publicación da convocatoria o Concello da Coruña deixou en branco o apartado de méritos que se terían en conta para acceder ao posto. Isto implica, engade o auto, "que os méritos se estableceron con posterioridades a coñecer quen se presentaba e que currículo presentaba, o que pode favorecer que os méritos se poidan establecer ad hoc para determinado persoal".
Uso retorcido das comisións
A sección sindical da CIG critica o "uso retorcido" que o Goberno de Inés Rey fai da provisión de postos pola vía das comisións de servizo e que, a pesar das denuncias xudiciais e das advertencias, segue sen cumprirse coa obrigada transparencia. E acusa ao Goberno da socialista Inés Rey de escudarse na auto-organización e na lei de protección de datos para non facilitar información á representación do persoal sobre as adxudicacións das comisións.
Neste senso, explican que coa intención de darlle unha aparente transparencia á discrecionalidade coa que se sigue actuando, en outubro de 2020 o Goberno municipal aprobou, sen ningún tipo de consenso, a Instrución 3/2020: un procedemento interno de xestións dos procesos de comisión de servizo que tiña como obxecto axilizalos e establecer os supostos nos que se procedería á provisión de postos.
Pero a realidade deste artificio "é a de vestir administrativamente un procedemento no que non figura nela ningún tipo de baremo, deixando todo ao informe dun responsábel e ao que até o de agora non se lle daba publicidade".
De maneira parcial e, tamén a raíz da denuncia no xulgado dunha delegada sindical da CIG, a sección sindical tivo acceso á documentación dalgunhas das comisións de servizo. "Esta información permítenos afirmar que os nomeamentos que se puideron dar dende outubro de 2020, veñen derivados de valoracións non aclaradas nos informes quedando a parte de méritos taxábeis en meras anécdotas. Isto pode dar como resultado un traxe a medida, algo máis difícil de xustificar nun concurso ordinario", advirten.
Da información que o xulgado lle obrigou ao Concello a facilitar derivouse un proceso contencioso-administrativo contra a resolución baseada nos expedientes dos que a CIG ten coñecemento e que deu á razón á central sindical ao detectar o “incumprimento no deber de transparencia pola falta de comunicación ás interesadas polo que resulta imposible controlar a obxectividade das eleccións realizadas”.
Esta actuación do Concello obriga o persoal funcionario a ter que acudir ao xulgado pola ocultación de información, a discrecionalidade nos nomeamentos de postos ou outras circunstancia que atentan aos dereitos do persoal, co conseguinte posible custe económico e emocional.
Agardando que sexa do voso interese, un cordial saúdo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 704
SENTENZA NO CONCELLO DA CORUÑA SOBRE A FALTA DE INFORMACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO
Na seguinte LIGAZÓN podedes consultar a Sentenza 00017/2022 do Contencioso Administrativo núm 4 de febreiro de 2022 que recoñece o dereito a recibir a información solicitada (e sempre denegada) sobre as COMISIÓNS DE SERVIZO
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 375
Páxina 12 de 23