Despois de incumprir o calendario das Mesas Xerais de Negociación(MXN) sobre a Relación de Postos de Traballo(RPT), o Goberno Municipal convocounos para entregarnos a Oferta Pública de Emprego(OPE) para 2016 e informarnos da inminente constitución de mesas técnicas para abordar o novo regulamento de axudas económicas que a Xunta de  Persoal propuso fai tempo. Sobre as mesas técnicas informaron de crear un regulamento de vacacións permisos e licencias, algo que tíñamos falado en anteriores MXN.

OPE 2016

Recordamos que na MXN do pasado 16 de xuño (preme aquí ) aceptaron un incremento de 9 a 10 efectivos na taxa de reposición, pero  agora informáronnos que facendo caso a un informe negativo da intervención, volven aos 9 iniciais.

    Quenda Libre

     Para o subgrupo A1:

•             2 Técnicos/as de administración xeral

•             2 Técnicos/as de administración especial un para Medio Ambiente(Residuos) e o outro para departamento en Normalización Lingüística (Imaxe)

•             1 Arquitecto/a superior (adm esp) para Rexeneración Urbana

•             1 Licenciado/a en Dereito (adm esp) para Xustiza Social

       Para o subgrupo A2:

•             2 Técnicos/as medios de administración especial para Emprego e  Mobilidade

•             1 Técnico/a de apoio social (adm esp) para Xustiza Social

En moitas MXN denunciamos os problemas para desenvolver o traballo administrativo e a escaseza de persoal en moitos postos base (Conserxes, Aux Administrativos, Enterradores, Bombeiros, Oficiais de Estación…) , pero  esta OPE 2016 no quenda libre, propoñen só postos superiores, polo que sigue cargando a maior parte do traballo na diminuída plantilla municipal, polo tanto a CIG está en total desacordo con esta proposta.

    Promoción Interna

Refunden as ofertas de anos anteriores.

2 Oficiais de transporte: para cando se aprobe a RPT, terase en conta na OPE 2017

11 Administrativos: refunden as de 2014 e 2015 e incrementan 3 a maiores.

4 Aux Administrativos  

1 Inspector de Policía Local

2 Oficiais de Policía Local

4 Cabos S.E.I.S º

1 Oficial de S.E.I.S

Infórmannos que para o 2017 teñen a intención de convocar un número importante de promocións internas, debido a previsión da apertura de postos C2 a C1 no posto de Administrativo e que continuaría nos seguintes anos para completar a totalidade de prazas, sobre isto falouse de negociar un sistema máis acaído á realidade e non do nivel mantido nas últimas promocións, dende a CIG queixamonos nesta reunión, que algún sindicalista xustificase  a nota de corte sobreleveada no exercicio teórico co argumento deque así o tribunal tivera menos exames que corrixir. Tamén haberá en Oficiais de mercados, Oficiais de transportes e favorecer algún tipo de promoción máis, dependendo da creación do Novo Grupo B (sobre isto a CIG fixo proposta en MXN o 19 de maio de 2016 preme aquí )

Despois de debater este punto, propoñen crear un grupo de traballo para ir redactando as futuras bases do CONCURSO e tamén as bases para AS PROMOCIÓNS.

Constitución das mesas técnicas do regulamento de axudas económicas e de Normas de xestión para vacacións permisos e licenzas.

Establecemos unhas datas para comezar coas mesas técnicas, sendo a primeira a do novo regulamento de axudas económicas que propuxemos dende a Xunta de Persoal (XP), reunímonos o pasado martes 29 de novembro, pero non avanzamos demasiado, pois a pesar que a proposta foi da totalidade de sindicatos con representación na XP e foi enviado masivamente aos empregados municipais para que nos achegarades melloras ou problemas, na reunión algún sindicato seguía debatendo todo o deliberado e aprobado pola totalidade da representación sindical nos anteriores meses. No caso de non aprobalo antes do remate deste ano, habería problemas para aplicalo nas seguintes axudas.

ROLDA DE INTERVENCIÓNS

A petición doutro sindicato,  debatemos durante media hora sobre cuestións relacionadas coa inadecuada xestión do persoal que existe no servizo da Policía Local (Formación,  Compensación de días, ILT...) que ten convocadas periódicamente mesas técnicas.

Quedounos pouco tempo para falar sobre temas que a CIG consideraba tamén importantes e que son os seguintes:

•             A valoración negativa sobre a tardanza na aprobación da RPT e as comisión de servizos que fan atrasar o CONCURSO DE TRASLADOS.

•             Malestar polas bases de Arquitecto funcionario/a interino/a con retribucións mensuais correspondente a nivel 24 cando existen postos na RPT con nivel 22.

•             Incumprimento da promesa modificar o convenio colectivo para eliminar as diferencias salariais entre traballadores que ocupen postos iguais.

•             Problemas de xestión na convocatoria de cursos en Servizos Sociais.

•             Falta de información sobre a Re-municipalización das Bibliotecas.

•             Rotación de ordenanzas nos Plenos e tempos obrigatorios de descanso entre xornadas.

•             E varias cuestións de Saúde Laboral, as que contestaron con unha inminente convocatoria do Comité de Saúde Laboral, pero sen concretar data.

CUESTIÓNS SOLICITADAS POLA CIG PARA O PRÓXIMO COMITÉ DE SAUDE LABORAL

              Cuestinario de Riscos Psicosocias.

              Sinalización e colocación de Extintores en distintas dependecias

              Condicións insalubres nas dependecias de Servizos Socias

              EPI en cimenterios

              Control das medicións de Gas Radón

              Instalacións eléctricas Castelo de San Antón

Por outra banda estamos a revisar as contas de correo electrónico para mellorar na entrega  da información e recordar que todos os correos que vos enviamos os colgamos na nosa páxina web http://cigconcelloacoruna.com/

ESPERAMOS QUE ESTA INFORMACIÓN FORA DO TEU INTERESE

O secretario da sección sindical da CIG

 

José María Calatayud Sánchez

Bo día,

o pasado xoves 29 de setembro recibimos por correo electrónico a listaxe de corbertura de postos na Relación de Postos de Traballo(RPT).

Logo de revisala e salvo erro ou omisión atopamos os seguintes datos a día da recepción desta información:

DOTACIÓN DA RPT: 2112 prazas das que 514 son vacantes puras = 1598 + 2 xefaturas provisionais =  fan un total de1600 traballadores.

Dos que non están adscritos definitivamente 354 deles nas seguines situacións:

-ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL: 109 traballadores
-COMISIÓNS DE SERVIZO: 149 traballadores
-INTERINOS : 96 traballadores

Se ben destos 354 empregados municipais, hai 36 que teñen posto orixe, nesta RPT hai un total de 319 sen posto definitivo, casi un 20% da plantilla municipal.

Esta listaxe é o resultado das políticas dos anteriores gobernos municipais, de non poñer solución, este goberno municipal será tan responsable coma os anteriores.
 
Ligazón dun esquema da provisión de postos na administración pública. http://cigconcelloacoruna.com/images/PDF/PMH/provision.pdf
 
Esperemos que esta información fora do voso interese.
 
O Secretario da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez
 
 

Bo día,

Achegámosvos o noso resumo do acontecido na Mesa Xeral de Negociación do mércores 21 de setembro cun único punto na orde do día, a tramitación da RPT á nova estrutura municipal.

RPT

Trasládannos novos cambios organizativos en:

Contratación: á proposta xeral de  todos os sindicatos de que si é xefatura debería ter persoal dependente o Goberno local decide dotal dun asistente de adm nivel 18 e un aux administrativo nivel 16.

Xustiza Social: Cambian un posto de T.M.Prog y Eval A2 por outro de Aux Adm C2. A CIG solicitou que se motive a creación de distintos postos mesma titulación e que non se singularicen.

Igualdade: Volven a traer esta área por afectar a Xustiza Social, pois hai posto prodentes desta última.

Tesourería: modifican algunhas AP1 por AP2, nós recordamos que polo própio goberno municipal que as valoracións serían obxeto dunha negoaciacion posterior e polo tanto deberia facerse ao mesmo tempo cos que estén na mesma situación, o GM contesta tamén que vaise facer noutros sitios...

Intervención: crease un posto novo de T.M. de fiscalización e de plataformas electrónicas A2 22 AG FR9 con ESPECIAL DEDICACIÓN. Outra vez o argumento para dar este complemento volve a ser o de que outros postos similares en Subgrupo e complemento de destino e factor de responsabilidade o teñen, aínda que non todos. Manifestamos que non iamos a consentir a implantación de máis ED en postos novos sen non ían acompañados dunha total valoración do posto, cousa que non se está a facer na confección destes organigramas

Houbo un debate sobre a valoración específica de determinados cursos de formación complementaria para postos concretos, a nosas posición é que todos os curso sexan valorados da mesma maneira para evitar que o acceso aos mesmo poda determinar o resultado dos concursos de adscrición. En todo caso si se considera que esta formación específica é necesaria debería ser o obrigatoria para todos aqueles que ocupen estes postos, inda que se lles forme despois de acceder a eles.

En xeral recordamos que aparecen postos novos nas distintas áreas que precisan da obrigatoria valoración, a Concelleira contesta que xa o tiñan e informa que na fase da modificación da RPT en canto as valoracións entregaránnola  canto a teñan.

 

ROLDA DE INTERVENCIÓNS

Trasladamos a queixa sobre a falta do plus de transporte en postos que o precisan, algo que a CIG solicitara na anterior MXN do 16 de maio, a xefa de persoal contesta que o plus de locomoción está anticuado e que precisan revisar que postos realmente o necesitan pois actualmente algúns servizos dispoñen vehículos municipais. A CIG solicita en tanto non modifiquen o plus de transporte se lles dote ao persoal que se ten que trasladar, de tarxetas de transporte público.

Solicitamos que se trate as listas de agarda para cubrir postos por interinaxes, a Concelleira contestas que van están traballando nunhas normas de xestión das mesmas e que haberá unha comisión de seguimento na que estaremos os sindicatos.

Recordamos que fixemos unhas alegacións as bases das oposicións de Policías por non adecuarse á titulación necesaria para este posto, a xefa de Persoal contestou que as contestarían e que se ben se fixeron baseadas na normativa que decidiron procedente, están en principio dacordo na nosa petición. Cando contesten informarémosvos do resultado.

Recordamos que en febreiro deste ano solicitamos por rexistro a listaxe de adscritos non definitivamente, a xefa de Persoal contestou que xa a teñen actualizada e nola enviaría por correo electrónico en breve. Por fin e despois de moitos anos esperando parece que recibiremos  unha información blindada aos representantes sindicais. Sobre isto farémosvos chegar a nosa valoración.

Sobre a remunicipalización das bibliotecas, reprochamos a exclusión dos sindicatos na participación na  Comisión técnica, sobre esta cuestión iremos informándovos do que aconteza.

CCOO fala dos conserxes de colexio, para dicir que queren unha resposta sobre a súa proposta na organización deste colectivo. Temos que recordar que hai unhas semanas a CIG convocou unha asemblea deste colectivo coa participación de 2/3partes no que se acordou sen ningún voto encontra, a proposta aceptada por todos os sindicatos  agás CCOO

Sobre a aplicación da partición dos asuntos propios, a CISF comunica que no colectivo da Policía Local non se está aplicando. Dende persoal contestan que non teñen coñecemento e que esos temas non os levan eles, pero que preguntarán.

O GM pregunta polo regulamento de axudas económicas, comunicámoslle que no pleno da XP do próximo martes será tratada a aprobación definitiva do novo regulamento. E preguntados polas resolucións sobre as axudas por enfermidade, contestamos que estamos a espera de documentación por parte de persoal.

 
Esperamos que esta información fora do teu interese.
O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez
Bo día a todos/as,
Por mor das vacacións que gozamos na sección sindical retrasamos a achega da información relativa á MXN que tivemos no pasado 5 de agosto coa seguinte orde do día:
  1. Tramitación da modificación da Relación de postos de traballo, para a súa adaptación á nova estrutura política.
  2. Rogos e preguntas.

1)Estas son as propostas de RPT tratadas nesta ocasión e a valoración que fixemos delas:
  • Secretaría Xeral: as secretarías de dirección pasan a Alcaldía, ao ser un tema organizativo nada que dicir.
  • Asesoría Xurídica: igual que na anterior, as secretarías de dirección pasan a Alcaldía.
  • Contratación: proposta de creación dun posto de xefatura de sección aberto ao grupo A1/A2 con nivel de destino 24, para administración xeral con factor de responsabilidade 11 e con especial dedicación. Este posto aparece coma xefatura sen ningún posto dependente xerarquicamente e as súas función serán as do  as distintas concesións que hai en distintas áreas e revisar a parte xurídica destas . A tenor das explicacións que nos deron propuxemos a posibilidade de que este posto tivera apoio administrativo. Tamén propuxemos algo que solicitamos noutras reunións, que publicaran os organigramas de todos as áreas e así evitar dúbidas que a nivel xerárquico existen nalgúns servizos. Abriuse un debate sobre a conveniencia de que tivera ou non xente a seu cargo e no caso de non que se mantivera o nome de xefatura e non de técnico, por parte dalgún sindicato comentouse que no caso de ser técnico non estaba xustificada a ED pero no caso de ser xefe si... O debate xurdido nesta ocasión afonda no problema da xestión que se fai das ED, A  CIG seguiu mantendo a mesma postura que no pasado sobre este complemento.
  • Oficina orzamentaria: polo problema xurdido para cubrir as baixas dos xestores económicos dependerán directamente desta oficina.Tamén informaron que pasarán a ser adscritos definitivamente. No seu momento cando accederon ao posto, a anterior concelleira de Persoal(PP) os adscribiu provisionalmente...
  • Facenda: dentro desta concellaría crean unha oficina de Calidade e Control xestión con traslado de 2 postos de planificación IS1000 xefe de sección e IS1000T MCtrl.Gest e 3 postos novos xefatura de servizo, xefatura de dep e aux adm.
  • Cultura: aumento dun posto de ordenanza e créase a dirección do Centro Ágora que ata agora xestiona o IMCE, no Forum e no Coliseum ocorre o mesmo. Solicitamos que se faga unha organización coherente e que todas sexan xestionadas polo mesmo ente ou administración. Preguntamos porqué non está contemplado o incremento de postos ou efectivos relacionados coa anunciada remunipacipalización das bibliotecas municipais que teñen xestión privada.
  • Normalización: pasa a depender de Alcaldía.
A Concelleira dinos que debido á nova  lei que regula o rexistro telemático, haberá que redefinir os postos desta área, estamos dacordo en que sexa así.
Tamén se lle dixo á concelleira que non está resolto a cuestión dos postos abertos a Habilitados Nacionais, ao que contesta que será resolto na última reunión da MXN.
 
2) Solicitamos que se volvan a publicar á información que aparecía nas carpetas públicas e que por mor do cambio de ferramenta(ALFRESCO) informática, desapareceron publicacións en materia de persoal.
 
Preguntouse tamén sobre a relación de postos que saíran na próxima OPE e contestan que están pendente dos orzamentos, nese momento a CIG recorda que a partir de agora deberemos negociar os orzamentos e a OPE conxuntamente, pois estas prazas teñen que ir necesariamente naplantillamunicipal.
 
Ao remate das nosas intervencións a Concelleira achegounos un informe  sobre a remunicipalización dos servizos públicos locais. Infórmanos sobre coma vai a ser o proceso nas bibliotecas municipais e no que se nos vai a excluír no inicio, algo que non compartimos pois  chegaremos a parte de negociación sen saber dos razoamentos do que se parte. Tamén dixo que vai a trasladar nas MXN o que aconteza nestas reunións, a CIG volve a insistir que vaise perder unha oportunidade de facer achegas que poden ser importantes e que é un erro difícilmente explicable.
 
 
Esperamos que esta información fora do teu interese.
O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez

Achegámosvos o noso resumo da MXN do 16 de xuño coa seguinte orde do día

 

1.    Tramitación da Relación de Postos de Traballo.

2.    Oferta de emprego de público para o ano 2016.

3.    Asuntos Pendentes.(CIG)

4.    Rogos e preguntas.

 

Antes do comezo da Mesa, reprochamos ao Goberno Municipal que nos tivemos que enterar da intención da Remunicipalización do servizo de Bibliotecas pola prensa.

 

Comezamos polo punto 3 na que a CIG presentou anteriormente os seguintes puntos:

 

 

1. criterios aplicables as sentenzas de despido improcedente. A Concelleira explicou que readmitían aos que consideraban que ocupaban postos estruturais e non readmitían aos que formaban parte de programas concretos.

2. criterios para a concesión das Comisión de Servizos na Policía. Informaron de o criterio actual é de tramitar todas as que teñan informe favorable, que si isto crea algún tipo de problema daríanlle unha volta.

3.    Aclaracións sobre permisos retribuídos en caso de enfermidades e xustificación de acompañamento médica e a obrigatoriedade de fichar.Acordouse  determinar cal vai ser o medio para poñer en coñecemento do persoal as directrices e resto de normas de carácter interno co fin de garantir que a información chegue á totalidade do persoal municipal. Ao respecto da obrigatoriedade de fichar nos supostos de acompañamento dun familiar a consultas médicas acordouse eximir desa obriga ao persoal cando a hora da cita ou a hora de remate desta se encontre dentro dun período de 90 minutos entre a hora de entrada ou saída do traballo.

4.    Listaxe de non adscritos definitivamente e de vacantes. A Concelleira dixo que están preparando a listaxe e que nola facilitarán actualizada cada 3 meses, despois de moitos anos solicitando esta información parece ser que agora vai, esperemos que non se demore.

5.    A publicación da instrución pola que se chama da listaxe de interinos.Sobre este tema quedou claro que non existen directrices nin normas escritas, que o sistema se fundamenta en acordos de mesa, quedouse en que se  redactará  unha proposta e se fará pública xunto coas listas e a súa evolución.

6.    Aclaracións sobre as responsabilidades dos Conserxes de Colexios  ao respecto do alumnado.Sobre isto dixéronnos que convocarán una Mesa Técnica de Conserxes de Colexios para aclarar este punto e os que quedaron adiados na anterior Mesa Técnica(xornada, uniformidade e funcións). Recordámoslle á concelleira que isto é unha cuestión entre O Concello e os directores do Colexio que son os máximos responsables respecto ao alumnado.

7.    Publicación da instrución para partición de 3 asuntos particulares e que foi aprobada en MXN. Informáronnos de que a publicarian en breve (está en ALFRESCO)

 8.    Transporte de persoal de se ten que desprazar entre centros. Advertimos de que algún posto non se estaba a compensar nin con tarxeta de Bus nin co pago de compensación por utilización de vehículo propio, ao que contestaron que a xustificación destas compensación era responsabilidade das xefaturas de cada servizo.

Punto 1 RPT:Ao respecto desto, coma sempre informámosvos das modificacións que presentan por servizos, son Documentos que non publicamos pois aínda se están a negociar e non modifican á valoración dos postos de traballo, en todo caso algún posto que cambia xerarquicamente e algunha supresión ou creación dun posto(neste caso cando se aprobe definitivamente esixiremos a súa valoración)

   PROPOSTAS RPT DE:

     Persoal, Xestión Prioritaria: en ambos, cambio organizativo dos Xestores Económicos que pasan a Oficina Orzamentaria.

     Museos Científicos:  aumento dun posto de Aux Proxección(5) Supresión do posto de Recepcionista.Traslados dun Coord e TM Desa dende  Desarrollo e Activ.Creación dun posto de Veterinario por sentenza xudicial.

     S.E.I.S.:Un Sgto de Prev e Ext pasa a Sgto do SEIS para un total de 7.Traslado de Protecc Civil de dous postos de técnicos, un con titulación Arq Tec e outro de Maestro. Neste punto advertimos que cando abordemos a parte da valoración, deberíamos ter en conta que os Bombeiros e Cabos están encadrados nun subgrupo inferior aos Monitores de Protección Civil, algo ilóxico. A CIG tamén dixo que neste servizo poderíase crear a Escala Facultativa.

     Mobilidade: Presentaron novamente a organización deste servizo cun cambio organizativo no que o Xefe de Unidade que inicialmente estaba na Oficina Técnica agora estará en Circulación e Transporte.

     Seguridade Cidadán: Un posto de Aux Adm e outro de Adm que pasan a Of Tec de Seg Cid. E con respecto a este servizo temos que destacar e congratularnos (A pesar de que un sindicato non estaba conforme) coa supresión dun posto de Of de Prev Mun que pasa a Inspector e un posto de Policía de Prev que pasa a Policía Local, cando o anterior Goberno Municipal os creou xa denunciamos que non podían nomear postos de Policía por Libre Designación, polo que nesta ocasión alegrámonos da súa supresión.

Punto 2: aceptaron a proposta da CIG do incremento da taxa de reposición e que pasa de 9 efectivos a 10.

 
 
 

 

Esperamos que esta información fora do teu interese.

O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña

José María Calatayud Sánchez

Achegámosvos o resumo da Mesa Xeral de Negociación do pasado 7 de xuño coa seguinte orde do día:

1.    Oferta de emprego de público para o ano 2016.

2.    Tramitación da Relación de Postos de Traballo para a súa adaptación a nova estrutura política.

3.    Rogos e Preguntas.

 

Antes do inicio da MXN, reprochamos ao Goberno Municipal (GM) a tardanza sobre a data establecida e que non se abordasen os temas que quedaron pendentes na anterior mesa, a isto contestaron que estaban convocándonos coma mínimo unha vez ao mes e para eles agora a RPT era prioritaria, tamén manifestaron que o resto de cuestións serían abordadas coma tarde na próxima reunión do 15 de xuño.

 

  1. Neste punto o GM sumou na tasa de reposición un  total de 9 funcionarios/as e que prioritariamente ocuparían postos nas novas Áreas de Participación, Igualdade e unha nova unidade en Xustiza Social. A  CIG propuso unha subida de 2 funcionarios máis (11total) argumentando que 3 baixas do 2015 correspondían a sectores na que a tasa podería chegar ao 100%, Policía, Bombeiros e Tesourería. Finalmente e despois  dun debate sobre a cantidade que legalmente poderíase convocar para a OPE deste ano, aprobouse estudar a posibilidade de incremento dun efectivo máis(10total) e ademais coa proposta da CIG de que se estudase a posibilidade de que nestas novas áreas incorporansen co argumento de formar parte dun novo proxecto polo que non computarían dentro da OPE 2016, isto é algo que quedaron en mirar.Tamén falamos da promoción interna da totalidade do subgrupo C2 ao C1 e a incidencia que tería na RPT, a CIG propuso estudar FORMA e CANTIDADES  para facer esta promoción a longo prazo.
  2. Achegáronnos os borradores de RPT de Deportes, Educación e Mobilidade. Ao marxe dos cambios organizativos(aos que legalmente non temos nada que dicir) en Deportes destacar a promoción que se fai aos  4 socorristas de AP a C2 por estar estos  obrigados actualmente a ter un título habilitante, algo que non ocurreu no momento do acceso ao posto.  En  Educación salientar o aumento de efectivos no posto de Conserxe de Colexio que pasa de 33 a 35. En Mobilidade destacar que ante un cambio meramente organizativo, un sindicato expresou a seu malestar ao ser este unha modificación que causaría problemas, co argumento de problemas entre personas, algúns dos alí presentes manifestamos que a organización dunha administración non pode ser deseñada soamente ao gusto ou desgusto das persoas que a conformamos e no caso de problemas persoales ou laborais, existen cauces legais para resolvelos. Ao respecto das secretarías de Dirección, comunicáronnos que a partir de agora non colgarían das Áreas correspondentes e si directamente de Alcaldía pero sen dar máis explicacións ao respecto.
  3. Neste punto dende a CIG solicitamos que se nos contestara as denuncias relacionadas cos Riscos Laborais nas das que o Departamento de Seguridade e Prevención só da resposta as veces, non sabendo se se está levando a cabo algunha xestión e no caso de facerse non levar un seguimento coma ocurreu recentemente cunha denuncia, advertindo a Concelleira que a partir de agora de non recibir unha resposta satisfactoria as nosas demandas en materia de Prevención de Riscos Laborais, acudiríamos á Inspección de Traballo, algo que xa fixemos con anteriores Gobernos Municipais.

Por parte de CCOO, pediuse que se retomaran as Mesas Técnicas pendentes, algo ao que nos sumamos.  O CSIF solicitou unha reunión para falar dunha baixa dun Policía que sufriu un accidente de traballo e para o que pediu máis atención neste caso.

 

Esperamos que esta información fora do teu interese.

O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña

José María Calatayud Sánchez

Bo día,

Achegámosvos o resumo da MXN mantida onte xoves 19 de maio coa seguinte orde do día:

  1.   Estudo de posibles criterios - obxectivos produtividade non periódica.

2.     Instrución de tramitación de vacacións.

3.     Inicio do estudo das propostas de modificación da Relación de postos de traballo.

4.     Escrito da sección sindical UGT de data 13/05/2016 sobre: Servizo de Deportes (exceso de carga de traballo do persoal Municipal que non garante os descansos mínimos semanas, e 10 traballadores dunha empresa privada sen funcións), paga extra 2012 (compromiso de fixar unha data de pagamento), comisións de servizo (non utilizar esta vía para a cobertura provisional dos postos, creando falsas expectativas os traballadores), protocolo (criterios para sustitucións nas quendas)

5.     Rogos e Preguntas.

1) O Goberno Municipal achegounos unha proposta para pagar productividades (gratificacións)  ligada ao rendemento, actividade extraordinaria e interese ou iniciativa do funcionario/a que desempeña o seu traballo. Se ven é certo que a intención é regular as que se estaban a pagar, os criterios desta proposta para a CIG non poden ser, a carga de traballo, actividade extraordinaria, a mobilidade(sen especificar se é física ou de posto) volumen de expedientes, número de actos/eventos e de ningunha maneira a realización de funcións de superior categoría (algo do que algún sindicato estaba disposto a tratar). Despois de facerlle ver ao Goberno Municipal a imposibilidade de valorar esta productividade con estos criterios, a CIG solicitou que se traballara sobre 3 eixos e pendete de valoración dos mesmos:

  • A diferenza de retribucións entre posto ocupado e as do posto das tarefas que se encomendan, garantizando que non se minorarán as retribucións.
  • A lesividade causada pola  mobilidade funcional entre áreas
  • A lesividade causada pola  mobilidade física entre centros do traballo.

 

2) Achegaron unha instrucción para o disfrute de permisos de vacacións cunha novidade promovida pola CIG con anterioridade que é a de o fraccionamento en horas dos asuntos particulares, logo dun debate, acordamos deixar para este ano 2016, o dereito a fraccionar 3 días de asuntos particulares nun período de tempo igual á metade da súa xornada ordinaria de traballo.

3) Este pola falta de documentación e de tempo quedou adiada para a próxima semana.

4) Neste punto o Goberno municipal informounos de que se volverán a estudar puntualmente os problemas deste servizo. Da posible data do cobro da parte da extra de 2012, según a previsión do Goberno municipal será en xuño. Sobre as Comisións de Servizo a CIG argumentou que costaba o mesmo traballo facer un concurso para Comisións de Servizos que para Adscripción definitiva, contestaron que era unha medida provisional. Quedou pendente redactar unha proposta para creación dunha nova lista de vodas, protocolo e criterios de xestión das mesmas.

5) Por mor doutras intervencións e sen tempo para tratalos, a CIG trasladou os seguintes puntos:

  • Proposta de promocións do subgrupo C2 ao C1 na que engadimos na reunión unha cos mesmos criterios para o subgrupo A2 ao A1 mentres non exista título habilitante (preme aquí).
  • Proposta de reclasificación ao Novo Grupo B (preme aquí).
  • Proposta de fraccionamento de Asuntos Propios en horas (preme aquí).
  • Reiteramos a petición da listaxe de non adscritos de maneira definitiva
  • Solicitamos os criterios aplicables as sentenzas de despido improcedente, a uns se lles readmite e a outros se lles indemniza.
  • Solicitamos información sobre os criterios para a concesión das Comisión de Servizos na Policía.
  • Solicitamos que na próxima reunión sexa tratado o transporte do personal que se ten que desprazar entre centros de traballo.
Esperamos que esta información fora do voso interese
 
un saúdo
O Secretario da Sección Sindical

 

José María Calatayud Sánchez
Resumo da Mesa Xeral de Negociación do pasado 15 de abril:
 
24 e 31 de decembro: o GM infórmanos que van a aplicar a compensación por coincidir estos días en sábado. A CIG xa o daba por suposto en apliación da lexislación vixente. Neste punto comentamos que temos constancia da negación do día de Sta Rita os Conserxes de Colexio, dixeron que isto o trataríamos nunha mesa técnica esta semana. A CIG tamén solicitou a resposta sobre a posibilidade de fraccionar en horas os días de libre disposición, quedamos en estudar o máximo de días e o mínimo de horas en que se poderían fraccionar
 
Bases promoción de Sarxento SEIS: achégannos un informe da asesoría xurídica que avala a solicitude da CIG para que se modifiquen as Bases da convocatoria. Na mesa aceptamos que aos efectos de antigüidade puntúe 0.2 puntos para os Cabos e 0.1 puntos para os Bombeiros.
 
ITL: O GM acepta facer a avaliación de riscos psicosociais dos postos de traballo, pedida pola CIG ata en 5 servizos, onde así nolo solicitou o persoal do Concello, abertas a novas incorporacións. SOLICITAMOS QUE SE COLABORE NOS CENTROS ONDE SE FAGA A AVALIACIÓN ENCHINDO OS CUESTIONARIOS QUE SE PASEN AO EFECTO. Da participación do persoal dependerá que se poidan adoptar ou non medidas correctoras de situación problemáticas.
 
RPT: neste punto achégannos a RPT de Medio Ambiente, Igualdade e Emprego no que había cambios organizativos e de valoración do posto. Recordámoslles que os de valoración do posto sería de negociación global e non só nas áreas mencionadas. Isto levounos outra vez aos debates sobre a ED, postos abertos a Habilitados Nacionais, novo Grupo B e diferencias retributivas entre postos con identidade de función.
 
Horas extraordinarias SEIS: preguntado sobre isto na anterior MXN, contestan que están previstas a mesma cantidade de horas que no exercicio anterior.
 
Información solicitada: apelando á intención que ten o GM de aprobar un decreto sobre transparencia, pedimos que se nos facilite a listaxe de non adscritos de maneira definitiva solicitada o pasado 19 de febreiro ase coma a publicación da totalidade das vacantes que existe actualmente, ao que non contestaron. Tamén pedimos que se fixera pública as listaxes de sustitución e as súas modificacións
 
Produtividade: A CIG informa de que ten constancia do pagamento de dúas produtividades no Servizo de Tesourería, contestan que foi algo puntual debido a unha urxencia. Recordamos ao GM que as retribucións do persoal teñen que ser negociadas cos sindicatos. Nos manifestamos que esta situación non é puntual, que é debido a falta de persoal e que sucede prácticamente na totalidade do Concello.
 
Paga Extra 2012: sobre isto infórmannos que de aprobarse os orzamentos na data prevista polo GM, faríase efectivo o pagamento no mes de xuño o en todo caso o seguinte na súa aprobación.
 
 
Esperamos que ista información fora do voso interese.
 
un saúdo
O Secretario da Sección Sindical da CIG

 

José María Calatayud Sánchez

Hoxe fomos convocados para a negociación da previsión orzamentaria de gastos de personal e cadro de personal do 2016. A Concelleira informounos entre outras cousas de:
•       O incremento das retribucións do 1%
•       A recuperación da paga extraordinaria do ano 2012
•       Manteñense as Axudas Económicas cun aumento do 3%
•       Plan de formación que faran máis participativo ao personal no seu deseño
•       Executar as convocatorias dos anos anteriores (Policía, Bombeiros e Administrativos), máis o que se acorde este ano.
•       Achegarán na próxima reunión o borrador da RPT adaptado á nova organización, deixando para outras xuntanzas cambios máis profundos na RPT, entre eles a promoción ao  novo grupo B para técnicos especialistas.

A CIG pregunta sobre o incremento do 1% na productividade ao que contestan que esa partida é de aprobación anual e que é a mesma que para o 2015 mentras non se aprobe o novo orzamento, o Goberno Municipal dixo que se incrementaría ese 1% a partir da devandita aprobación. A CIG solicita que ese incremento se aplique con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2016.

A CIG recorda que a sentenza sobre a ED tería cabida nunha primeira modificación polos agravios comparativos que existen e recordamos que este concepto só valora o exceso de xornada. Contestan que van a consultar á asesoría xurídica sobre a extensión desta sentenza antes de abordar a ED. A Concelleira tamén amosou o seu desacordo coa aplicación actual que se fai deste complemento.

A CIG propón a reclasificación directa ao novo grupo B dos postos ocupados no que o seu requisito de ingreso figurase a Formación Profesional de segundo grado e  fará chegar ao goberno municipal unha proposta concreta para súa negociación.

A CIG Pregunta se se van a respetar os acordos acadados co anterior goberno municipal para as prácticas formativas do Grupo de Rescate Acuático e o para incremento de personal das quendas do SEIS. Contestan que o van a mirar.

A CIG solicita que se orzamenten as 8 prazas que desaparecen no borrador do cadro de personal e así  poder disponer delas no momento que non existan limitacións legais que impidan a posibilidade de incrementar a plantilla.

A CIG pide que se negocie un sistema para que se poida fraccionar en horas os días de asuntos propios e dispoñer deles a demanda para mellorar a conciliación da vida familiar.

Por último, A CIG pon de manifesto que se opón ao requirimento por parte do Goberno Municipal para nomear outro tribunal da promoción interna de Oficial de Policía, considera que a xestión deste asunto foi un despropósito dende o seu inicio e que se deberá esperar a que remate o procemento informativo, para depurar posibles responsabilidades se as houbera, antes de reinicar o proceso.

A Concelleira manifesta que se reunirá de maneira ordinaria cos sindicatos todos os días 15.

Esperamos que esta información fora do voso interese.

En cumprimento de acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Persoal, en data 23 de Febreiro, achegámosvos a relación dos escritos enviados a persoal e do seu estado:

 

DATA

OBXECTO

ESTADO

03/07/2015

Proposta de Cronograma das MXN

No contestado

03/07/2015

Cumprimento de Acordo de Descontos

No contestado

03/07/2015

Proposta de Cobertura do Director da Banda

No contestado

03/07/2015

Petición de Cadeiras e Equipo Multifunción pa Xunta de Persoal

No contestado

03/07/2015

Queixas no Servizo da Estación de Autobuses

No contestado

03/07/2015

Información dos Procesos de Recuperación dos Servizos Externalizados

No contestado

13/8/2015

Respetar os xustificantes Médicos

No contestado

13/8/2015

Nova listaxe de Bodas

No contestado

13/8/2015

Mes natural de Vacacións

No contestado

13/8/2015

Dependencia Xerarquica do Sevizo de Sinalización Vial

No contestado

02/10/15

Aplicación do Decreto Lei 10/2015

Convocaron MXN

07/10/2015

Notificacións dos cambios de centro de Traballo os Delegados de Prevención

No contestado

06/10/2015

Plan de Pensións

No contestado

06/10/2015

Nomeamento dos Delegados de Prevención

No contestado

06/10/2015

Información de Permutas

No contestado

07/10/2015

Cumprimento de Acordos

No contestado

09/10/2015

Relación de Escritos Presentados

No contestado

13/11/2015

Presuposto 2016

No contestado

13/11/2015

Cobertura das Prazas Vacantes

No contestado

13/11/2015

Acordo Reclasificación Policía Local

No contestado

09/12/2015

Escrito de apoio a Banda Municipal

No contestado

11/12/2015

Seguridade nos Centro Sociais - Cívicos

No contestado

11/12/2015

Contratación de persoal - Banda

No contestado

11/12/2015

Solicitude de MXN para tratar a “ED”

No contestado

01/02/2016

Asesoramento Xurídico pos traballadores

No contestado

01/02/2016

Información da Cobertura do Seguro

No contestado

01/02/2016

Negociar as Coberturas do Seguro antes da súa renovación

No contestado

05/02/2016

Alegacións as Bases dos Concursos

No contestado

05/02/2016

Acordo Sistema de desempate dos Procesos Selectivos

No contestado

Todos estes escritos están colgados na Intranet Municipal, nas carpetas publicas (Xunta de Persoal - Actas)

A Coruña, 25 de Febreiro de 2016

 

 

Asdo.: José Ángel Varela Moure                  Asdo.:   Roberto Tizón Miguéns

 

Secretario                                                       Presidente

Bo día,

achegamosvos o contido da solicitude rexistrada hoxe (19 febreiro 2016), é algo que solicitamos fai moito tempo, esperemos ter contestación desta vez

 

"SOLICITO

 

Que se nos facilite a listaxe dos empregados e empregadas municipais que non ocupen posto en adscripción definitiva e a de aqueles que a pesar de ter un posto en adscripción definitiva ocupan outro posto en comisión de servizos facendo mención en ambos casos do nome do empregado e empregada, do posto de orixe, do posto ocupado en adscripción provisional ou comisión de servizo e a data da resolución que deu orixen á mesma."

 

http://cigconcelloacoruna.com/images/PDF/PMH/ingreso.jpg

 

o secretario da sección sindical da CIG

 

José María Calatayud