ACCIÓN SINDICAL
VISITAS 20-21 maio COVID-19
Deficiencias nos edificios visitados:
- A carteleira interior e exterior que indica as normas de seguridade para o publico e para o persoal é insuficiente ou inexistente nalgúns casos.
- So localizamos un único cartel coas normas de seguridade encima da máquina de fichar e, nalgún caso, na entrada de cada planta. De tamaño pequeno, hai que achegarse moito para poder léelo polo que non cumpre a súa función de forma adecuada.
- Nas distintas dependencias non todas as portas están abertas o que implica ter que tocar as manillas para acceder.
- Nas oficinas de atención ao público so uns vinilos ou pegadiñas no chan que marcan onde se ten que poñer a xente para que o atendan e outras que ,supoñemos, serán para indicar por onde circular. Estes vinilos ou pegadiñas non levan ningún tipo de texto que indique a súa función e, polo tanto, é moi difícil que o público saiba para que serven.
- Nalgunhas oficinas de atención ao público non localizamos nin no interior nin no exterior ningún cartel para o público coas normas de acceso, seguridade e espera. Soamente uns carteis impresos en folios que indican a saída e a entrada, pequenos non compren a súa función.
- Nalgúns Ascensores: un cartel tamaño pequeno nas portas exteriores dos mesmos que indican que non se use o ascensor que é de uso preferente para persoal sensible. O protocolo municipal indica o seguinte para o uso dos ascensores: “ Uso de ascensores prioritario para persoas maiores, con discapacidade ou mobilidade reducida. Hai que garantir en todo caso a distancia de seguridade de dous metros e , de non ser posible, se utilizará o ascensor de forma individual salvo no caso en que as persoas indicadas necesiten asistencia.” Os carteis colocados nas portas exteriores son insuficientes, deberían colocarse carteis donde figuren as normas de uso tal cual están indicadas no protocolo en un tamaño suficiente para que sexa suficientemente lexible para o persoal e o público.
- A falta de indicacións suficientes para o público fai que as colas no exterior para o acceso non sexan suficientemente ordenadas e coa distancia de seguridade suficiente polo que puidemos observar.
- Nas zonas comúns dos edificios visitados (pasillos, hall, escaleiras, baños…) non hai ningunha carteleria nin indicación por outros sistemas nin no chan nin nas paredes que indique por donde transitar nin o sentido de circulación para a xente que deba transitar polo interior.
- Nos baños non hai ningún cartel que indique as normas de uso e seguridade, o aforo máximo do aseo según o seu tamaño e características, nin si son de uso público ou so para o persoal municipal.
- Detectamos tamén insuficiencia de xel hidroalcohólico nas instalacións visitadas.
- Non localizamos papeleiras específicas para desbotar os EPIs tras o seu uso (mascarillas, guantes)
- Os conserxes que filtran o público nas oficinas municipais da franxa e maría pita dispoñen de mascarillas ffp2, non é así para outros conserxes con atención ao público a os que so se lles facilitaron mascarillas cirúrxicas pese a que o protocolo indica que deben levar mascarillas ffp2. Polo tanto o nivel de protección non é o mesmo para todos.
- Recibimos moitas queixas sobre a calidade das pantallas faciais facilitadas que , nalgún caso , consisten nun trozo de plástico cunha goma e que se rompen con moita facilidade.
Deficiencias particulares:
MARÍA PITA 20 de maio
-Rexistro:
- Mamparas demasiado baixas onde hai mesas e que non cobren máis aló de 150cm de altura
- O pasillo do rexistro é moi estreito, imposible un tránsito fluído. Asemade a primeira hora ante a apertura da porta de saída podería haber temperaturas por debaixo do permitido.
-Conserxería:
- Dúas das mesas que usan están pegadas sen a suficiente distancia de seguridade nin ningún sistema de separación física (mampara)
Reprografía:
- O mostrador non ten mampara
URBANISMO 20 de maio
Quen filtra a entrada no rexistro e o garda de seguridade que esta fora na porta do rexistro, debe ser o único persoal destinado a esta función xa que non atopamos a ninguén que filtre a entrada de xente no edificio principal e nesta situación debería establecerse un control.
O garda de seguridade non leva os EPIs axeitados á función que desempeña, o protocolo municipal indica que é de obrigado cumprimento tamén para o persoal de empresas privadas nos edificios municipais.
ESTACIÓN AUTOBUSES 20 de maio
- Non había papeleiras específicas para as mascarillas
- Falta de xel hidroalcohólico en licencias (mobilidade)
AGORA 20 de maio
- Non había papeleiras específicas para as mascarillas.
- Mamparas de rexistro moi baixas non máis de 150cm.
FORUM 21 de maio
- Non había papeleiras específicas para as mascarillas
- As mamparas de rexistro moi baixas cobren ata 147cm.
OFICINA TECNICA INFRAESTRUCUTRAS 21 de maio
- Na entrada, un xel e un cartaz advertido de chamar a un teléfono en caso de síntomas como únicas medidas colectivas, centro que aínda que esporadicamente, recibe visitas de empresas, casualmente dúas no tempo da nosa visita.
PARQUE MOVIL 21 de maio
- Ningún cartaz que evidencie o COVID-19 e escasez de xel hidroalcohólico.
FRANXA 21 de maio
- Deficiencias similares ás atopadas no resto de edificios municipais que visitamos.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1355
DENUNCIA INSPECCIÓN DE TRABALLO COVID-19
NOTA DE PRENSA CON ROGO DE PUBLICACIÓN 13 MAIO 2020
Dende a Sección Sindical da CIG no concello da Coruña queremos poñer en coñecemento da cidadanía que, no día de hoxe, vimos de presentar unha denuncia na inspección de traballo (LIGAZÓN DENUNCIA) contra o goberno Municipal por incumprimentos na lexislación laboral ao respecto da saúde laboral dos seus traballadores durante este proceso de pretendido retorno á normalidade.
O Goberno Municipal implementou un “ Protocolo polo que se establece a reincorporación do persoal público ao traballo presencial, así como as medidas de prevención fronte ao covid-19 no concello da Coruña” imposto sen negociación previa , xa que o borrador que se levou ao Comité de Seguridade e Saúde non era mais que un conxunto de ideas de carácter xeral, que non era negociable, xa que, segundo manifestou o Concelleiro de Persoal, este comité so tiña carácter consultivo e xa non ía haber mais reunións para acadar o documento definitivo.
Advertimos no seu momento que o feito de deixar nas mans das xefaturas dos diferentes servizos a aplicación practica deste protocolo ía causar unha grave falla de coordinación cos conseguintes agravios comparativos. Como exemplo, a reincorporación das/os conserxes de colexio foi unha autentica chapuza na entrega do material de protección e este non se axustaba ao que determinaba o protocolo e resultou de dubidosa calidade, algunha pantalla xa rachou antes de poñela.
Ao noso entender este protocolo, ao non facer valoracións individualizadas , deixa mal protexidas/os as empregadas/os municipais, serva como exemplo que naqueles lugares de traballo onde supostamente non accede a cidadanía a única protección que teñen os traballadores e a hixiene e a separación sen ter en conta que hai espazos de tránsito e lugares comúns nos que a separación mínima non se poderá manter, coas consecuencias que todos podemos supor.
A tres dias da reincorporación da maioría do persoal aínda non está protocolizado nin o uso dos servicios públicos empregados, nin os sistemas de accesos as dependencias por parte da cidadanía, nin a xestión das agardas ou listas de espera...
Dende a sección sindical da CIG pregámoslle á cidadanía sentidiño á hora de utilizar os servizos públicos , que utilicen medidas de protección e que desculpen calquera inconveniente causado por esta nova situación.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2012
PROTOCOLO REINCORPORACIÓN TRABALLO COVID-19
No dia de hoxe tivemos a xuntanza do Comité de Saúde Laboral para Tratar sobre o protocolo de reincorporación ao traballo presencial e as medidas de seguridade contra o Corona virus
Logo de estudar o borrador achegado o día anterior temos que dicir que é pobre e de carácter xeneralista, que da traslado, con pouca fortuna, a normativa estatal. Un protocolo para unha organización tan complexa coma a nosa precisa adecuacións específicas ás particularidades dos diferentes servizos. Para a CIG non é un protocolo á altura dunha administración do tamaño e complexidade do concello da Coruña
Tal e como se desenvolveu a reunión consideramos que o servizo de prevención de riscos laborais está facendo abandono das súas funcións ao deixar en mans das xefaturas de servizo a organización e planificación dos sistemas de reincorporación do persoal
Mentres o Goberno do Estado decretou centralizar nun mando único a xestión desta pandemia, este Goberno Municipal descentraliza e descarga a responsabilidade nas Xefaturas de Servizo. A des coordinación pode ser brutal, serva como exemplo o feito de que hoxe, ao mesmo tempo que mantíñamos a xuntanza do CSL e se decidía que ningún empregado voltaría ao seu posto de traballo en tanto non se publicara o protocolo definitivo, o servizo municipal de educación mandaba incorporar aos conserxes dos colexios, contradicindo un protocolo da Xunta de Galiza que non obriga a reincorporarse aos seus propios conserxes.
A vista do acontecido , e tendo en conta que non haberá mais reunións do Comité de Seguridade e Saúde por decisión do Goberno Municipal, a CIG non avalará o protocolo que se adopte para a prevención do contaxio por COVID-19 nas fases de reincorporación dos/as empregados/as do Concello da Coruña, ao mesmo tempo advertímoslle ao concelleiro que se detectabamos que algún procedemento non garante o coidado da saúde dos/as nosos/as compañeiros/as será posto con, carácter inmediato, en coñecemento da autoridade competente.
Recordámosvos que se tedes algunha dúbida respecto ao voso posto de traballo e as medidas que se tomen na vosa reincorporación, podedes contactar con nós polos medios habituais, correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos facilitados no correo do 15 de marzo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1949
CORONAVIRUS INFORMACIÓN DE INTERESE PROTOCOLOS
NOVA CIRCULAR CORONAVIRUS ABRIL 2022
Na seguinte ligazón podedes consultar a circular enviada polo Director de Econcomía, Facenda e Réxime Interior respecto á obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación da crise sanitaria
- CIRCULAR 22 abril 2022
Asemade tedes a ligazón do Gabinete de Saúde Laboral da CIG, onde iran actualizando lexislación e todo tipo de información sobre medidas, trámites e demais.
ANTERIORES
A continuación as decisións e medidas adoptadas no Concello da Coruña que afectan ao seu persoal e que iremos actualizando.
- PROTOCOLO PARA TODO O PERSOAL 15 marzo 2020
- RESOLUCIÓN SOBRE A APLICACIÓN DO REAL DECRETO LEI 10/2020,do 29 DE MARZO (actualizado 30 marzo 2020)
- PROTOCOLO DE REINCORPORACIÓN AO TRABALLO PRESENCIAL 8 maio 2020
- PROTOCOLO TELETRABALLO 19 outubro 2020
- CIRCULAR RECOMENDACION TELETRABALLO 30 outubro 2020
- Interpretación CIRCULAR TELETRABALLO 25 xaneiro 2021
Para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento
- PROTOCOLO INTERVENCIÓNS (actualizado 23 marzo 2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS BOMBEIROS 2020
Para o Servizo da Policía Local
- GUIA AUTOPROTECCIÓN, PATRULLAXE INTERVENCIÓNS POLICIAIS (actualizado 19 marzo 2020)
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1536
GAS RADÓN INSPECCIÓN DE TRABALLO e CONSELLERIA DE INDUSTRIA
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.xxxxxxx e José María Calatayud Sánchez con D.I.xxxxxxxxx con domicilio a efectos de notificacións nos locais sindicais da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña (Praza de María Pita S/N, 3ª planta.C.P:15001- A Coruña ), na súa condición de delegados de prevención do Concello da Coruña
EXPOÑEN
INSTRUCCIÓN IS-33
Que a instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear sobre criterios radiolóxicos para a protección fronte a exposición á radiación natural, establece os datos a incluír na declaración de actividades que realizan os titulares da actividade laboral nas que existan fontes naturais de radiación e en que casos este titulares deben remitir aos órganos competentes en materia de industria das comunidades autónomas os estudos que se require no título VII do Regulamento de Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes (PRSPI).
Que nos centros de traballo soterrados ou non, que se atopen en areas identificadas polos seus elevados niveis de radon débense realizar medicións para avaliar o risco.
CTE HS-6
Que o Proxecto do Real Decreto no que se modifica o Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación (CTE) establece a inclusión no requisito básico de habitabilidade unha nova exixencia regulamentaria de protección contra o radón establecida na Directiva 2013/59/EURATOM do Consello, de 5 de decembro de 2013, que di:“.. insta a los Estados miembro a establecer niveles nacionales de referencia para las concentraciones de radón en recintos cerrados, indicando que los niveles de referencia para el promedio anual de concentración de actividad en el aire no superarán los 300 Bq/m3.”
Que a devandita modificación desenvolve a sección HS-6 na que inclúe a clasificación de municipios en función do potencial e radón, nela o Concello da Coruña figura como MUNICIPIO DE ZONA II (a de maior potencial de radón) en canto aos territorios de actuación prioritaria a nivel municipal.
LEI 31/95
A lei 31/95 de 8 de novembro de Prevención de riscos laborais establece o dereito dos traballadores a ser informados dos riscos para a súa saúde existentes no seu posto de traballo.
Por todo o exposto,
SOLICITAMOS:
1-Que se inste ao Concello da Coruña a informar por escrito a todos os traballadores municipais que superen os 300 Bq/m3 nos seus centros de traballo.
2-Que se nos informe por escrito aos delegados de prevención da totalidade de medicións efectuadas nos centros de traballo no que desenvolvan a súa actividade laboral os traballadores municipais.
3-Que se faga un seguimento tanto pola Inspección de Traballo coma por parte da Consellería de Industria para que se adopten as medidas correctoras necesarias para reducir os niveis da gas radón aos niveis legalmente esixidos.
A Coruña a 28 de maio de 2019
A/A XUNTA DE GALICIA-CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA-XEFATURA TERRITORAL DA CORUÑA
A/A DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1676
SOLICITUDE INSPECCIÓN DE TRABALLO GAS RADÓN
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.xxxxxxxx e con domicilio a efectos de notificación nos locais sindicais da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña (Praza de María Pita S/N- 3ª planta- A Coruña), na súa condición de delegados de prevención do Concello da Coruña
EXPÓN
O pasado 7 de febreiro de 2019 no comité extraordinario de seguridade e saúde acordouse que o goberno municipal nos enviaría aos delegados de prevención o informe elaborado pola empresa encargada das medicións de gas radón e da proposta de medidas a adoptar.
O 22 de marzo mediante correo electrónico á xefa de servizo de persoal reiterouse a petición de que se nos enviase o informe mencionado.
O 12 de abril de 2019 reiterouse de novo a petición de que se nos enviase o informe mencionado mediante escrito presentado no rexistro xeral do Concello da Coruña con nº de rexistro 13919.
A data de hoxe non recibimos o informe mencionado.
O artigo 36.2 apartado b da Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais establece:
Final del formulario
Artículo 36. Competencias y facultades de los Delegados de Prevención.
- En el ejercicio de las competencias atribuidas a los Delegados de Prevención, éstos estarán facultados para:
- b) Tener acceso, con las limitaciones previstas en el apartado 4 del artículo 22 de esta Ley, a la información y documentación relativa a las condiciones de trabajo que sean necesarias para el ejercicio de sus funciones y, en particular, a la prevista en los artículos 18 y 23 de esta Ley. Cuando la información esté sujeta a las limitaciones reseñadas, sólo podrá ser suministrada de manera que se garantice el respeto de la confidencialidad.
Por todo o exposto SOLICITA:
Que se inste ao Concello da Coruña a facilitar a todos os delegados de prevención do Concello da Coruña a copia do informe arriba mencionado tal como foi acordado polo Comité de Seguridade e Saúde deste Concello e conforme ao establecido no artigo 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
A Coruña a 6 de maio de 2019
A/A INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2460
REITERACIÓN INFORME GAS RADÓN
NÚMERO DE REXISTRO:13919
Ana Filgueiras Espasandín con D.I. XXXXXX con domicilio a efectos de notificación nos locais sindicais da CIG no Concello da Coruña, na miña condición de delegada de prevención deste concello
EXPON
O pasado 7 de febreiro de 2019 no comité extraordinario de seguridade e saúde acordouse que se nos enviaría o informe da empresa encargada das medicións de gas radón e da proposta de medidas a adoptar.
O 22 de marzo mediante correo electrónico á xefa de servizo de persoal reiterouse a petición de que se nos enviase o informe mencionado.
A data de hoxe non recibimos o dito informe.
Por todo o exposto SOLICITO:
Que se nos facilite aos delegados de prevención do Concello da Coruña o informe sobre gas radón arriba mencionado.
A Coruña a 12 de abril de 2019
Fdo. Ana Filgueiras Espasandín
ALCALDE –PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1802
MEDICIÓNS GAS RADÓN CONCELLO DA CORUÑA
Como moitas/os de vos saberedes o Gas Radón é un gas radioactivo, incoloro, inodoro e insípido, que segundo a organización mundial da saude(OMS) é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. LIGAZÓN
Os niveis que establecen distintas organizacións e adminstracións son de:
- OMS: 100 Bq /m3
- Axencia Norteamericana de Protección Ambiental: 148 Bq/m3
- Directiva Europea do ano 2013: 300 Bq/m3
- Normativa Española RD 1439/2010 : 600Bq/m3
A primeiros deste ano, tanto a Concelleira de persoal como o Servizo de Saúde Laboral informaron as/os delegadas/os de saúde Laboral de distintas medicións en centros de traballo municipais e que tomaron como límites máximos os que marcaba España no ano 2010 e non os de Europa que deberían ser tomados como referencia, o argumento utilizado por persoal foi que España non traspuxo a normativa europea e polo tanto non tiñan a obriga nin de actuar sobre os niveis superiores a 600Bq/m3 nin a informar as/os traballadoras/es, pero a Concelleira comprometeuse a facer actuacións para minimizar os focos por riba dos 300 Bq/m3, pero negándose a informar das medicións para non xerar alarma entre as/os traballadoras/es afectadas/os.
Logo deste Comité de Saúde Laboral, a CIG fixo consultas xurídicas sobre a lexislación aplicable no territorio español e a resposta foi de que a normativa europea (300 Bq/m3) prevalece sobre a española e que sería de aplicación dende o 6 de febreiro de 2018.
Ademais desta consulta a nosa asesoría xurídica, o 29 de maio rexistramos unha solicitude na Inspección de Traballo sobre a obrigación que ten o Concello da Coruña de informar ás/ós súas/seus traballadoras/es nas medicións superiores a 300 Bq/m3 . A isto contestáronnos o 5 de xuño que esta competencia pertence ata a data á Xunta de Galicia-Consellería de economía, emprego e industria a quen nos diriximos nunha solicitude o pasado 8 de xuño sen ter resposta ata hoxe.
A 10 de agosto aínda non fomos informados de ningunha obra ou actuación para os centros que superan os 300 Bq/m3 e ao mesmo tempo estanse normalizando estes niveis dende o Concello como adecuados pois nalgúns postos está sendo informadas/os as/os traballadores de que todo está ben, polo que vémonos na obriga de informarmos dos resultados achegados naquel comité de saúde laboral e nunha visita a Casa Paredes:
- CASA DAS CIENCIAS: por debaixo dos 100 Bq/m3
- BIBLIOTECA CASA DAS CIENCIAS: por debaixo dos 200 Bq/m3
- DOMUS: un medidor por riba dos 300 Bq/m3
- FRANXA: 3 medidores por riba dos 300 Bq/m3
- PAZO MUNICIPAL: 9 medidores por riba dos 300 Bq/m3 e superando os 600 Bq/m3 en Informática
- CASA PAREDES: algún medidor por riba dos 600 Bq/m3
Este Goberno Municipal é moi recorrente a criticar toda a normativa estatal na que se escuda para non aplicar beneficios ao seu persoal, porén a aplica cando lle interesa, neste caso coa saúde laboral polo medio.
Temos solicitado en distintas Mesas Xerais de Negociación tratar novamente este tema e fomos acusados de ser alarmistas, mentres non volvamos a abordar este problema, ben a través do Comité de Saúde Laboral ou por orde dun organismo superior, dende a CIG recomendámosvos que se vos é posible manteñades unha ventilación de aire nos vosos centros de traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3173
MANUAL GAS RADÓN OMS
Aquí podedes consultar o manual publicado pola Oganización Mundial da Saúde sobre o gas Radón
E a directiva Europea que regula o Radón nos centros de traballo
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2709
MAÍS DESTACADO PERÍODO 2019/2023
ASUNTO LIGAZÓNS 2022
Recurso de reposición convocatorias do 31 de decembro | xaneiro |
Estabilización do emprego temporal e convocatorias | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2021
Abuso contratacións a través da acumulación de tarefas | decembro |
Sentenzas que afectan ao concurso de traslados | decembro |
Auto da execución da sentenza CS | novembro |
Días de asuntos particulares 2021(solicitude) | novembro |
Resumo MXN | novembro |
Resumo MXN | setembro |
Execución sentenza CS | xullo |
Resumo MXN | xullo |
Resumo Pleno da Xunta de Persoal | xuño |
Solicitude postos ocupados, vacantes e productividades | xuño |
Posicionamento CIG Emprego Temporal | xuño |
Resumo MXN | maio |
Solicitude Execución sentenza CS | maio |
Histórico das CS por GM | maio |
Asuntos solicitados para a MXN | maio |
Recurso instrución procesos CS | marzo |
Carreira profesional interinos/as | marzo |
Horas Extraordinarias | marzo |
Resumo MXN | marzo |
Transparencia (a falta de) das CS | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2020
Exclusión postos concurso | decembro |
Adecuación RPT ás titulacións | decembro |
Resumo MXN | outubro |
Valoración E-Formación | outubro |
Resumo MXN | setembro |
Contestación recurso presentado pola CIG | setembro |
Sentenza TSXG Policía Local | xullo |
Resumo MXN | xuño |
Solicitude Comité de Saúde Laboral | abril |
Solicitude información das CS | febreiro |
Resumo xuntanza Concelleiro Persoal | febreiro |
Valoración promoción interna C2 a C1 | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2019 (maio)
Resumo MXN | decembro |
Solicitude MXN Urxente | decembro |
Consecuencias desetimación alegacións CIG | decembro |
Alegación eliminación incompatibildades DP con XP | decembro |
Recurso Reposición cobertura posto a extinguir | novembro |
Resumo MXN | outubro |
Solicitude segunda fase do concurso | outubro |
Ocupación efectiva dos postos acadados no concurso | setembro |
Solicitude da Fase de resultas | setembro |
Goberno novo prácticas vellas | agosto |
Intrucción chamamentos servizo estraordinarios Policía Local | xullo |
solicitude mesa Chamamentos servizos extra. Policía Local | xullo |
Recurso reposición TAS | xuño |
Resumo MXN | maio |
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: Voceiros da CIG
- Visitas: 660
MÁIS DESTACADO PERÍODO 2014 a 2019
ASUNTO LIGAZÓNS 2019 (ata maio)
Aclaracións Medicións Gas Radón | maio |
Solicitude de Atención ao Público | maio |
Resumo 4 anos sindicalismo | maio |
Consideracións sentenza Bases Concurso | maio |
Resposta Whatsapp CSIF Biblitecas Municipais | abril |
Resumo da Mesa Xeral de Negociación prolondada nos días | 22, 25, 29 de marzo, 5, 23, 25 abril e o 14 de maio |
Achegamento á fiscalía de nova doc. sobre as comisión de servizo | 10 maio (sin ligazón) |
Denuncia inspección de traballo (gas Radón) | maio |
Solicitude cobertura prazas Policía (mobilidade) | abril |
Recurso de Reposición bases concurso específico | febreiro |
Solicitude incremento retributivo anual | febreiro |
Mesa Técnica de Policía | febreiro |
Solicitude aclaración convocatoria maceiros (policía local) | xaneiro |
2ª comparecencia na Fiscalía (comisión de servizo) | xaneiro (sin ligazón) |
Recurso de reposición OPE 2018 | xaneiro |
Resumo MXN | xaneiro |
Resumo Mesa Técnica Bombeiros | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2018
Propostas plan de formación 2019 | decembro |
Resumo MXN | 18 decembro |
1ª comparecencia na Fiscalía (comisión de servizo) | novembro (sin ligazón) |
Sentenza CIG declara as comisión de servizo +2 anos ilegais | novembro |
Resumo MXN | 28 novembro |
Resumo Mesta Técnica Bombeiros | 26 novembro |
Recurso reposición bases para novas comisión de servizo | outubro |
Resumo MXN | 25 outubro |
Resumo MXN | 11 outubro |
Resumo MXN | 29 agosto |
Denuncia Fiscalia | xuño |
Resumo MXN | 1 xuño |
Denuncia contencioso administrativo Comisións de Servizo | maio |
Alegacións Bases acceso | maio |
Resumo Mesas formación | abril-maio |
Productividades e falta de negociación | maio |
Bases de provisión de postos | maio |
Resumo MXN | abril |
Bases cobertura temporal no Servizo de Persoal | abril |
Alegacións Bases Cabo do SEIS | marzo |
Reunón co Alcalde | marzo |
Resumo MXN | febreiro |
Solicitude Fichas descriptivas Manual de Funcións | xaneiro |
Solicitude de anulación das comisións de servizo | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2017
Resumo MXN | decembro |
CIG renuncian a cargos da Xunta de Persoal | novembro |
Sentenza Bases selección TAS | novembro |
Sentenza falta motivación das RPT | outubro |
Resumo MXN | outubro |
Conserxes de Colexios | setembro |
Solicitude do Expediente completo das alegacións á RPT | setembro |
Contestacións as alegacións á RPT | agosto |
1% na Productividade | agosto(1ºescrtito) agosto(rectificación) |
Estatística e Padrón | agosto |
Solicitude listaxe de Adscripcións non definitivas | xullo |
Alegacións Listaxes de Agarda | xullo(1º escrito) xullo(2ºescrito) |
Rexitamento ao Plan de Igualdade do Concello | xullo |
Alegacións á RPT | xuño |
Modificación da RPT | xuño |
Listaxes de agarda | xuño |
Comunicación á Concelleira de Xustiza Social | xuño |
Incompatibilidades dos/as empregados/as públicos | xuño |
Alegacións bases | maio |
Correo ao persoal adscrito ao SEIS e á Policía | maio |
RPT e Normas de Xestión | maio |
Resumo MXN | abril |
Nota prensa Urbanismo | febreiro |
Casa de Acollida | xaneiro |
Traballadores/as RISGA | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2016
Resumo MXN | decembro |
Resumo MXN | novembro |
Listaxe NON adscritos definitivamente | outubro |
Resumo MXN | setembro |
Resumo MXN | agosto |
Resumo MXN2 | xuño |
Resumo MXN | maio |
Resumo MXN | abril |
Resumo MXN | marzo |
Falta de contestación á Xunta de Persoal | febreiro |
Solicitude listaxe Ascripcións non definitivas | febreiro |
Subida 1% | febreiro |
Petición de MXN para establecer criterios ED | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2015 (xuño)
Resumo MXN | decembro |
Sentenza de Especial Dedicación | novembro |
Correo á afiliación CIG | outubro |
Reintegro paga extra 2012 | outubro |
Paga extra 2012 | outubro |
Resumo da MXN | outubro |
Solicitude de medidas urxentes para o novo GM | xuño |
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: Voceiros da CIG
- Visitas: 1768
Páxina 23 de 23