ACCIÓN SINDICAL
INCREMENTO RETRIBUTIVO
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que no Real Decreto lei 24/2018 do 21 de decembro, no seu artigo número 3.dos dispón:
Dos. En el año 2019, las retribuciones del personal al servicio del sector público no podrán experimentar un incremento global superior al 2,25 por ciento respecto a las vigentes a 31 de diciembre de 2018, en términos de homogeneidad para los dos períodos de la comparación, tanto por lo que respecta a efectivos de personal como a la antigüedad del mismo y sin considerar a tales efectos los gastos de acción social que, en términos globales, no podrán experimentar ningún incremento en 2019 respecto a los de 2018. A este respecto, se considera que los gastos en concepto de acción social son beneficios, complementos o mejoras distintos a las contraprestaciones por el trabajo realizado cuya finalidad es satisfacer determinadas necesidades consecuencia de circunstancias personales del citado personal al servicio del sector público.
Además de lo anterior, si el incremento del Producto Interior Bruto (PIB) a precios constantes en 2018 alcanzara o superase el 2,5 por ciento se añadiría, con efectos de 1 de julio de 2019, otro 0,25 por ciento de incremento salarial. Para un crecimiento inferior al 2,5 por ciento señalado, el incremento disminuirá proporcionalmente en función de la reducción que se haya producido sobre dicho 2,5 por ciento, de manera que los incrementos globales resultantes serán:
PIB igual a 2,1: 2,30 %.
PIB igual a 2,2: 2,35 %.
PIB igual a 2,3: 2,40 %.
PIB igual a 2,4: 2,45 %.
A los efectos de lo dispuesto en este apartado, en lo que a incremento del PIB se refiere, se considerará la estimación avance del PIB de cada año publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE). Una vez publicado el avance del PIB por el INE y, previa comunicación a la Comisión de Seguimiento del Acuerdo para la mejora del empleo público y de condiciones de trabajo de 9 de marzo de 2018, mediante Acuerdo del Consejo de Ministros se aprobará, en su caso, la aplicación del incremento. Del citado Acuerdo se dará traslado a las Comunidades Autónomas, a las Ciudades Autónomas y a la Federación Española de Municipios y Provincias.
Además, se podrá autorizar un incremento adicional del 0,25 por ciento de la masa salarial para, entre otras medidas, la implantación de planes o proyectos de mejora de la productividad o la eficiencia, la revisión de complementos específicos entre puestos con funciones equiparables, la homologación de complementos de destino o la aportación a planes de pensiones. En las Administraciones y resto de entidades del sector público definido en este artículo en situación de superávit presupuestario en el ejercicio 2018, este incremento adicional podrá alcanzar el 0,3 por ciento.
Que este incremento retributivo no se fixo efectivo na nómina de xaneiro de 2019.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos conteste por escrito os motivos polos que non se nos aboan os incrementos retributivos recollidos no citado Real Decreto.
A Coruña a 4 de febreiro de 2019
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1186
REITERACIÓN ACLARACIÓNS CONVOCATORIA
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 4 de xaneiro a Xefatura da Policía Local publicou (INST XEF. 01/2019) unha convocatoria interna de asignación preferente na que se incluían dúas prazas de Policía para a realización de tarefas de MACEIROS para cubrir vacantes por futura xubilación anticipada pero que esta foi anulada debido a escritos de discordia.
Que o pasado 24 de xaneiro solicitamos que se nos achegara os escritos de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito.
Que o 30 de xaneiro recibimos unha comunicación do Xefe accidental da Policía Local na que se afirma que son facultades propias discrecionais da auto organización do Corpo sen ningún tipo de obriga legal:
- Que unha das posibles vacantes deixoru de serla porque un dos policías que realiza esas tarefas aínda que inicialmente manifestou que se acollía á xubilación anticipada xa neste mes de xaneiro agora manifesta que ata finais do ano non se xubilará.
- Que se recibiron varios escritos de discrepancia coa convocatoria respecto a que se constrinxisee tan só á categoría de policía.
Que na comunicación engade que esta decisión é materia incuestionable da propia auto organización do Corpo.
Que nas funcións propias que ten a Policía Local non consta as do destino do que estamos a falar, polo tanto non serviría o argumento de necesidades de servizo.
Que actualmente a provisión de destinos no Corpo da Policía Local da Coruña son obxecto de negociación para adecualas aos principios de Igualdade, Mérito e Capacidade e que o criterio que se está manexando é de utilizar o mesmo método que a provisión de postos de traballo, co mesmo procedemento
Que a presentación de escritos de “discordia” non xustifica a anulación de ningún tipo de procedemento, xa que isto nos levaría a que calquera en calquera momento paralizase un procedemento co único argumento da súa falta de conformidade, o que suporía un autentico esperpento e a negación da practica totalidade da lexislación administrativa vixente.
Deberíaselle recordar ao Xefe Accidental da Policía Local que incluso os procedementos de auto organización dentro das administración públicas cando afectan as condicións de traballo, as retribucións o a calquera das materias recollidas no artigo 37.1 do EBEP, son de negociación obrigada tal como determina o apartado 2a do mencionado artigo.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos achegue a xustificación coa súa base legal para a anulación desta convocatoria.
E REITERO
Que se nos achegue os escritos de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito.
A Coruña a 31 de xaneiro de 2019
SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1029
SOLICITUDE ESCRITOS ANULACIÓN CONVOCATORIA
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 4 de xaneiro a Xefatura da Policía Local publicou (INST XEF. 01/2019) unha convocatoria interna de asignación preferente na que se incluían dúas prazas de Policía para a realización de tarefas de MACEIROS para cubrir vacantes por futura xubilación anticipada.
Que o pasado 17 de xaneiro a Xefatura da Policía Local en relación a convocatoria de MACEIROS, publicou (INST XEF. 03/2019) que:
- “Debido a que varios mandos presentaron escritos de discordia con esta convocatoria, se declara ANULADA”
Que a anulación desta convocatoria non está xustificada por non acreditar que si estivera conculcando ningunha norma nin a lexislación que ao respecto puidera ser de aplicación.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos achegue os escrito de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito
A Coruña a 24 de xaneiro de 2019
SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1264
SOLICITUDE CONSULTA AO CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA (GRUPO B)
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 2 agosto de 2018 o Concello da Coruña fixo unha consulta a Función Pública de Galicia en relación a si estes postos que figuran barrados C1/ RPT dende o 31 de agosto de 2017, poden ser reclasificados ou se é necesario o sistema de promoción interna para cambio de grupo.
Que case 6 meses despois dista consulta, o goberno municipal manifesta que non ten resposta dende a Dirección Xeral de Función Pública.
Que se acordou por unanimidade en MXN que a primeira opción para o paso ao grupo B é a reclasificación no caso de existir un aval xurídico no ámbito galego.
Que actualmente están en marcha tres procesos de promoción interna para o grupo B.
Que o Consello Consultivo de Galicia podería emitir un ditame xurídico ao respecto.
Que é urxente coñecer se a reclasificación é unha opción xurídica viable
SOLICITAMOS:
- Que que se faga unha consulta ao CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA atendendo ás seguintes consideracións:
CONSULTA RECLASIFICACIÓN GRUPO B
Ao abeiro do establecido nos artigos 14.3 e 21 da Lei 3/2014, do 20 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, por medio do presente escrito solicito do Órgano que Vd. preside informe facultativo sobre a cuestión que se concreta deseguido, e que ten a ver coa reclasificación no grupo B do persoal que ocupa prazas da subescala de técnicos auxiliares da Escala de Administración Especial, clasificados actualmente no grupo C1 no cadro de persoal do Concello da Coruña, ao que se lle esixiu para o ingreso o título de Técnico Especialista, segundo os antecedentes de feito e xurídicos que se recollen de seguido:
1.- ANTECEDENTES DE FEITO:
No cadro de persoal do Concello de Coruña, existen prazas de técnicos en informática de delineantes, de deseñadores e animadores centros cívicos para as que se indica como titulación requirida para o ingreso os Títulos de Técnico Especialista Formación profesional 2º grao ou equivalente, respectivamente.
As prazas están clasificadas dentro da Escala de Administración Especial, subescala técnica e clase de técnicos auxiliares, e encadradas actualmente no grupo C1.
Algunha das ditas prazas atópase na actualidade vacante ou cuberta interinamente, e está incluída na oferta de emprego público para o 2018, sen que foran aprobadas ata agora as bases específicas para a súa provisión mediante o preceptivo proceso selectivo.
Igualmente, debido á acumulación de tarefas ou para desenvolver programas específicos, o Concello ten necesidade de contratar temporalmente persoal destas cualificacións, ao que se lle debe requirir os Títulos de Técnico Especialista en informática ou delineación, e aplicarlles as retribucións correspondentes ao grupo.
Ao mesmo tempo, algunha das prazas están na actualidade ocupadas por persoal próximo á idade de xubilación, que en breve xerarán vacantes, que deberán ser provistas e encadradas no grupo que corresponda ao abeiro da lexislación básica.
Compre sinalar que na modificación da Relación de Posto de Traballo publicada no BOP número 165 do pasado 31 de agosto de 2017, os postos que corresponden cas devanditas prazas, foron abertos ao grupo B.
Con data 2 de agosto de 2018 remitiuse dende o Concello da Coruña unha consulta a Función Pública en relación si estos postos que figuran barrados C1/ RPT dende o 31 de agosto de 2017, poden ser reclasificados ou se é necesario o sistema de promoción interna para cambio de grupo. Esta consulta non foi contestada a día de hoxe.
2.- ANTECEDENTES XURÍDICOS:
Para os efectos da clasificación profesional deste persoal, a lexislación básica estatal e a propia da Comunidade Autónoma de Galicia establecen o seguinte:
Artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
“Grupos de clasificación profesional del personal funcionario de carrera.
Los cuerpos y escalas se clasifican, de acuerdo con la titulación exigida para el acceso a los mismos, en los siguientes grupos:
Grupo A: Dividido en dos Subgrupos, A1 y A2.
Para el acceso a los cuerpos o escalas de este Grupo se exigirá estar en posesión del título universitario de Grado. En aquellos supuestos en los que la ley exija otro título universitario será éste el que se tenga en cuenta.
La clasificación de los cuerpos y escalas en cada Subgrupo estará en función del nivel de responsabilidad de las funciones a desempeñar y de las características de las pruebas de acceso.
Grupo B. Para el acceso a los cuerpos o escalas del Grupo B se exigirá estar en posesión del título de Técnico Superior.
Grupo C. Dividido en dos Subgrupos, C1 y C2, según la titulación exigida para el ingreso.
C1: Título de Bachiller o Técnico.
C2: Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria.”
Artigo 131. Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.
- Las subescalas, clases y categorías quedarán agrupadas conforme a la legislación básica del Estado en los grupos que esta determine, de acuerdo con la titulación exigida para su ingreso
Disposición transitoria terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público:
Entrada en vigor de la nueva clasificación profesional.
- Hasta tanto no se generalice la implantación de los nuevos títulos universitarios a que se refiere el artículo 76, para el acceso a la función pública seguirán siendo válidos los títulos universitarios oficiales vigentes a la entrada en vigor de este Estatuto.
- Transitoriamente, los Grupos de clasificación existentes a la entrada en vigor de la Ley 7/2007, de 12 de abril, se integrarán en los Grupos de clasificación profesional de funcionarios previstos en el artículo 76, de acuerdo con las siguientes equivalencias:
Grupo A: Subgrupo A1.
Grupo B: Subgrupo A2.
Grupo C: Subgrupo C1.
Grupo D: Subgrupo C2.
Grupo E: Agrupaciones Profesionales a que hace referencia la disposición adicional sexta.
Artigo 42 da LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Grupos de clasificación dos corpos e escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Os corpos e as escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia clasifícanse nos seguintes grupos e subgrupos, consonte a titulación exixida para o acceso a eles:
- a) Grupo A. Para o acceso a este grupo é necesario estar en posesión do título universitario oficial de grao, agás nos supostos en que unha norma con rango de lei exixa outro título universitario oficial.
– Subgrupo A1. Pertencen a este subgrupo o corpo superior de Administración xeral e o corpo facultativo superior de Administración especial.
– Subgrupo A2. Pertencen a este subgrupo o corpo de xestión de Administración xeral e o corpo facultativo de grao medio de Administración especial.
- b) Grupo B. Para o acceso a este grupo é necesario estar en posesión do título de técnico superior. Pertence a este grupo o corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial.
- c) Grupo C:
– Subgrupo C1. Para o acceso a este subgrupo é necesario estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Pertencen a este subgrupo o corpo administrativo de Administración xeral e o corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial.
- Subgrupo C2. Para o acceso a este subgrupo é necesario estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Pertencen a este subgrupo o corpo auxiliar de Administración xeral e o corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial.
Artigos 243 e 244 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Artigo 243:
- Os funcionarios de carreira da Administración local que non teñan habilitación de carácter nacional integraranse nas escalas de administración xeral e administración especial de cada Corporación, que quedarán agrupadas, conforme o disposto na lexislación básica do Estado sobre función pública, nos grupos que esta determine, de acordo coa titulación esixida para o seu ingreso.
- A escala de administración xeral subdivídese nas subescalas seguintes: a) Técnica. b) Xestión. c) Administrativa. d) Auxiliar. e) Subalterno.
A escala de administración especial subdivídese nas subescalas seguintes:
- a) Técnica.
- b) Servicios especiais.
Artigo 244:
Correspóndelle a cada Corporación local determina–los corpos, as escalas, as prazas e as categorías dos seus funcionarios, que se agruparán de acordo cos grupos de titulación establecidos pola lexislación básica estatal.
Para os efectos da entrada en vigor da nova clasificación profesional establecida no EBEP, a disposición transitoria terceira da propia Lei establece:
“Disposición transitoria tercera.- Entrada en vigor de la nueva clasificación profesional
1.- Hasta tanto no se generalice la implantación de los nuevos títulos universitarios a que se refiere el artículo 76, para el acceso a la función pública seguirán siendo válidos los títulos universitarios oficiales vigentes a la entrada en vigor de este Estatuto.
A respecto dos novos títulos de F.P. A Disposición Adicional Primeira da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, dispón:
“O Goberno, previa consulta coas Comunidades Autónomas , aprobará o calendario de aplicación desta Lei, que terá un ámbito temporal de cinco anos, a partir da entrada en vigor da mesma.”
Neste sentido, o artigo 18.2 Real Decreto 2/2006, de 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, dispón que “A implantación das titulacións correspondentes aos estudios de Formación Profesional e dos respectivos novos currículums comenzará no ano académico 2007/2008 e deberá completarse dentro do prazo de aplicación da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
No ámbito da Comunidade Autónoma Galega, esta previsión do EBEP xa foi recollida na Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, que define entre os corpos da Administración Especial o seguinte:
Artígo 41.3.- Son corpos de Administración especial os seguintes:
- a) O corpo facultativo superior. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuída a realización de actividades profesionais para o desempeño das cales se precise unha titulación do mesmo nivel académico que o requirido para o acceso ao corpo superior de Administración xeral.
- b) O corpo facultativo de grao medio. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións profesionais para o desempeño das cales se requira unha titulación do mesmo nivel académico que o requirido para o acceso ao corpo de xestión de Administración xeral.
- c) O corpo de técnicos de carácter facultativo. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións técnicas para o desempeño das cales se requira unha titulación de técnico superior.
- d) O corpo de axudantes de carácter facultativo. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións de execución, colaboración e apoio aos corpos facultativos de grao superior e medio, no exercicio da súa titulación académica ou profesión.
- e) O corpo de auxiliares de carácter técnico. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións correspondentes ao seu nivel de titulación que non teñan carácter xeral ou común.
A Disposición adicional quinta da Lei 2/2015, establece:
Equivalencia de titulacións a efectos do acceso aos corpos e escalas do persoal funcionario dos subgrupos de clasificación profesional A1, A2 y do grupo B:
- Poden acceder aos corpos e escalas de persoal funcionario do grupo de clasificación profesional B as persoas que estean en posesión da titulación de técnico especialista ou equivalente.
Para máis abondamento, a Disposición Adicional Oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, crea a Escala Técnica de delineantes, encadrada no grupo B, e declárase a extinguir a Escala de delineantes do corpo de axudantes de carácter facultativo. Na Comunidade Autónoma tamén existe xa a Escala Técnica de Sistemas e Informática encadrada no grupo B. E no mesmo senso, a Disposición Adicional Novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, declarou a extinguir as escalas existentes con anterioridade:
Disposición adicional novena. Escalas e especialidades dos corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Decláranse «a extinguir» as seguintes escalas dos corpos de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia:
- a) A escala de delineantes do corpo de axudantes de carácter facultativo.
- b) A escala de axentes facultativos ambientais do corpo de axudantes de carácter facultativo.
- c) A escala de axentes forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico.
Para os efectos da homologación das titulacións de Formación Profesional, compre remitirse ao artigo 10 do RD 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo.
“Artículo 10. Efectos académicos y profesionales del título de Técnico Especialista
El título de Técnico Especialista en la correspondiente especialidad tiene los mismos efectos académicos y profesionales que el título de Técnico superior, tal como se indica en el anexo III, según lo preceptuado en la disposición adicional cuarta, apartado 4, de la Ley Orgánica de Ordenación General del Sistema Educativo.”
Á vista do establecido no artigo 76 da Lei 7/2007 do EBEP, sobre a clasificación no novo grupo B dos técnicos superiores de Formación Profesional e tendo en conta que o artigo 10 de RD 777/1998 de 30 de abril establece que o título de Técnico Especialista na correspondente especialidade ten os mesmos efectos académicos e profesionais que o título de Técnico Superior, establecidos na disposición adicional cuarta apartado catro da LOGSE.
Parece obvio, á vista da lexislación citada, que as condicións establecidas pola Disposición transitoria terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público,
cúmprense sobradamente, ao estar hoxe plenamente implantadas as novas titulacións ás que fai referencia a propia Lei.
3.- FUNDAMENTACIÓN DA PETICIÓN DO INFORME:
A Lei 3/2014, do 20 de abril, do Consello Consultiva de Galicia, establece:
Artigo 14. Propostas e informes.
3.- Así mesmo, as persoas titulares da presidencia das entidades locais poderán solicitar do Consello Consultivo de Galicia a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Para istos efectos, entenderase que unha cuestión reviste especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia nos seguintes casos:
- a) Cando apareza referida a normas cuxa aplicación ao caso ou cuxa interpretación na súa aplicación ao mesmo resulte dubidosa.
- b) Cando trascenda do caso concreto porque presente unha cuestión xurídica de relevante e xeral repercusión económica ou social.
- c) Cuando hubiese sido resuelta por distintas administraciones públicas de Galicia con criterios jurídicos contradictorios.
Artigo 21. Sección de Estudios e Informes.
Compételle, así mesmo, a realización dos informes que a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia e as persoas titulares da presidencia das entidades locais soliciten.
No caso das entidades locais, na solicitude de informe deberá expoñerse con claridade e precisión a cuestión concreta sobre a que verse a dita solicitude e a xustificación da súa posible consideración como de especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia, con invocación expresa do suposto previsto no artigo 14.3 que se considere de aplicación. A solicitude deberá ir acompañada da documentación que lle sirva de fundamento.
A xuízo deste Concello, as cuestións formuladas na presente solicitude de informe facultativo cumpren os requisitos establecidos pola Lei 3/2014 do CCG:
Por unha banda, a solicitude de ditame refírese á aplicación de normas cuxa aplicación resulta dubidosa. Para máis abondamento, agárdase que o ditame do CCG aporte claridade á pretensión de integrar aparentes contradicións entre a aplicación da normativa estatal ou autonómica.
Complementariamente, tamén consideramos que a consulta pode ter transcendencia e repercusión noutras administracións locais galegas (Concellos e Deputacións), que inclúen nos seus respectivos cadros de persoal prazas de persoal funcionario de carreira ao que se lle esixiu para o ingreso a titulación de Formación Profesional de 2º Grao ou equivalente, pendentes de clasificación definitiva no novo grupo B definido polo artigo 76 do EBEP, o que lle confire á consulta relevancia económica e social no conxunto do territorio da Comunidade Autónoma Galega.
4.- CONCRECIÓN DO DITAME SOLICITADO:
Co obxecto de resolver as dúbidas expostas, sométense a informe facultativo dese CCG, a seguinte cuestión:
Determinar si é posible legalmente que aquelas prazas abertas na Relación de Posto de Traballo ao grupo B nas especialidades nas que existen prazas no cadro de persoal para as que se esixiron para o acceso a titulación de Técnicos Especialistas, Técnicos Superiores de Formación profesional ou equivalentes, resulta axustado a dereito adscribir directamente, na nova subescala, clase e grupo, aos postos ocupados polo persoal que se axuste aos requisitos indicados, aplicando ás persoas que desempeñan os ditos postos os efectos retributivos correspondentes, con efectos da aprobación definitiva da dita modificación da RPT.
- Que no caso de ser atendida positivamente, se suspendan os procesos en marcha de promoción interna para o grupo B e se integre ao persoal que cumpra os requisitos directamente neste grupo.
A Coruña a 18 de xaneiro de 2019
SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2844
RECURSO DE REPOSICIÓN OPE 2018
Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o pasado día 28 de decembro (LIGAZÓN) publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.
Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.
FUNDAMENTOS.
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
II LEXITIMACION- Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).
III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.
IV
Que o pasado día 28 de decembro publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.
Que descoñecemos si esta OPE esta informada polo Secretario do Concello polo que solicitamos que se nos dé traslado ou vista do dito INFORME.
Que na ampliación da OPE 2018 no proceso de estabilización aparecen encadrados no subgrupo C1 as seguintes prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A DE CENTROS CÍVICOS.
Que na totalidade dos postos da RPT do Concello da Coruña das prazas mencionadas teñen como requisito específico as seguintes titulacións:
- B04, B09/1, B10/1 para DELINEATES e Xefatura de DELINEACIÓN
- B08/1 para ANIMADOR/A DE CENTROS CÍVICOS
Que segundo o ANEXO I: CÓDIGOS DE TÍTULOS ACADÉMICOS das Normas de Xestión da Relación de Postos de Traballo, as titulacións que na RPT son requisito específico para Delineantes, Xefatura de Delineación e Animadores Centros Cívicos corresponden únicamente a TITULACIÓNS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL encadradas no GRUPO B.
Que o EBEP no seu artigo número 76 dí: “ Grupo B. Para o acceso aos corpos ou escalas do Grupo B exixirá estar en posesión do título de Técnico Superior.”
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que , tralos tramites legais oportunos, se dite resolución pola que se declaren contrarios a dereito as prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A CENTROS CÍVICOS encadradas no subgrupo C1 e que éstas sexan ofertadas no grupo B.
A Coruña, 14 de xaneiro de 2019
Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1341
PROPOSTA CIG PLAN FORMACIÓN 2019 CONCELLO DA CORUÑA
aquí LIGAZÓN podedes consultar a nosa proposta de formación para o ano 2019
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1423
CONTESTACIÓN RECURSO DE REPOSICIÓN BASES CONCURSO ORDINARIO
LIGAZÓN RESPOSTA DE PERSOAL
NOTAS DA CIG Á CONTESTACIÓN
- Descoñecemos si estas bases estan informadas polo Secretario/a do Concello polo que solicitamos que se nos de traslado ou vista do dito INFORME.
PERSONAL CONTESTA QUE NON É NECESARIO
O apartado 5.3 das Bases da Convocatoria so permite a valoración de dous niveis por encima do nivel do posto ao que se opta, ao non ter en conta aos candidatos que superen esa marxe se lles estaría discriminando ao non ter en conta a totalidade da súa carreira profesional para os efectos do concurso “5.3 – Grao persoal consolidado. O grao persoal consolidado valorarase en relación co nivel dos postos aos que se opta ata un máximo de 4 puntos do seguinte xeito: Nivel do grao persoal consolidado en relación co do posto ao que se opta Puntos Superior en dous niveis 4,00 Superior nun nivel 3,34 Igual 2,68 Inferior nun nivel 2,02 Inferior en dous niveis 1,36.”
PERSONAL CONTESTA QUE PERMITE VALORAR ATA DOUS NIVEIS DO POSTO a súa contestación xa a afirmábamos nós no texto da pregunta, se permite valorar ata 2 niveis por riba do posto ofertado, pero siguen sin valorar o que supere o limite de 2 polo tanto NON CONTESTAN ao solicitado
O apartado 5.4 das Bases da Convocatoria equipara aos Colexios Profesionais e as Administracións Públicas para os efectos de homologación de cursos de formación cando a Lei 11/2001 de 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galiza no seu artigo 9, que determina as súas, funcións non lle recoñece esa competencia nesta materia, exclusivamente no apartado j) fala de organizar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos seus colexiados. Non debemos esquecer que esta mesma lei no sei artigo 3 exime de colexiarse para o exercicio das súas funcións aos profesionais ao servizo das Administracións Públicas 5.4 Cursos de formación e perfeccionamento.. Todos os cursos deberán ser impartidos por organismos oficiais ou homologados polas Administracións Públicas e Colexios Profesionais. Terán esta consideración os cursos organizados polo Concello da Coruña, os recibidos na EGAP, no INAP, Servizos de Prevención e Mutuas ou noutros centros oficiais de calquera administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. 5.4.2 Por cada título propio (master ou outro título de especialización) directamente relacionados
ACEPTADA
- O apartado 5.4.4 da bases ao valorar calquera tipo de titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo dende o que se concurse é contraria ao recollido no artigo 44, 18 a) do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado que di que so poderán valorarse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto que se determinen nas respectivas convocatorias. Asemade, naqueles postos barrados a dous grupos de titulación, podería suceder que houbera dous candidatos, un de cada grupo de titulación, coa mesma titulación académica, a do grupo superior, que suporía un mérito a valorar só ao que concursa dende o grupo inferior, o que é manifestamente discriminatorio.4.4 Titulacións académicas. Valorarase a titulación académica ou master oficial sempre que sexa distinta á requirida para o ingreso no corpo desde o que se concurse e sexa de igual ou superior nivel académico
PERSONAL CONTESTA QUE A TITULACIÓN ACADÉMICA Á QUE SE REFIREN AS BASES TERÍAN ENCAIXE NO APARTADO 44.1 do RGI d) NO QUE ESPECIFICA QUE A FORMACIÓN DEBERÁ VERSAR SOBRE MATERIAS DIRECTAMENTE RELACIONADAS COAS FUNCIÓNS DO POSTO. Persoal considera que por exemplo a titulación de veterinaria ten moito que ver coa cobertura por exemplo dun posto de administrativo, gustaríamos saber que posto administrativo do concello estaría relacionado coa devandita titulación...aínda que algunha sospeita temos...
Non saen a concurso os postos que a continuación se relacionan, todos eles cubertos nestes momentos ou en adscrición provisional ou en comisión de servizo a excepción o posto co CÓD 1895 que está vacante, o que impedira que os que estean en adscrición provisional que están obrigados a concursar non o podan facer ao posto que están desempeñando e que os que están en comisión de servizo non teñan a obriga de facelo para seguir neles ao impedir que se podan prover de xeito definitivo.
PERSONAL ENGADE NUNHA CORRECCIÓN NO BOP O 17 DE SETEMBRO ALGUNS DOS POSTOS SEÑALADOS POLA CIG PERO SEGUE RESERVANDO 15 QUE SEGUEN OCUPADOS EN COMISIÓN DE SERVIZO.
TAMÉN CONTESTAN DE QUE ALGÚNS POSTOS NON ESTÁN VACANTES POIS OS TITULARES ESTÁN NOUTRO POSTO DE MANEIRA TEMPORAL, ENTENDEMOS QUE NOUTRA COMISIÓN DE SERVIZO, SEN EMBARGO NON IDENTIFICAN ESTOS POSTOS.
NOUTRO APARTADO INFORMAN DE QUE EXISTEN POSTOS OCUPADOS POR MOTIVOS DE SAÚDE SEN COMUNICARNOS CALES SON.
NOUTRA CONTESTACIÓN DIN QUE NON REUNEN O REQUISITO DE ESTAR ORZAMENTADOS, FALAN EN PLURAL CANDO O SÓ HAI UN O COD 1895 QUE PERTECE A UN COLECTIVO QUE PARA PODER PROMOCIONAR NO CONCURSO TERÍA QUE OPTAR A POSTOS DISTINTOS AOS QUE OPOSITOU CUNHA ESPECIALIZACIÓN CONCRETA
POR ÚLTIMO NOMEA DOUS POSTOS, O 1201 E O 1882 QUE EXCLUE ARGUMENTAN QUE AS PERSONAS QUE OCUPAN ESTOS POSTOS NON TEÑEN A OBRIGACIÓN A PARTICIPAR POR SER DE ADM ESPECIAL E E ESTAN ABERTOS AO A2, ALGO QUE NON É CERTO NO 1882 SÓ DO SUBGRUPO C1 E PERTECER A ADM ESPECIAL É UN REQUISITO QUE NON FIGURA NAS BASES COMO EXCLUINTE
LISTASE FINAL DOS POSTOS NON CONVOCADOS A PESAR DE ESTAR OCUPADOS EN COMISIÓN DE SERVIZO
servizo |
Cod.un.orga |
Unidad Org |
Ref. Pto |
Pto. Trabajo |
grupo |
nivel |
escala |
||||||
Pr. Es. Ec. |
SH0000 |
Presup. y Est. Eco. |
98 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Gest. Trib. |
GT3200 |
Gest. Tributos |
113-114-115 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Gest. Trib. |
GT3200 |
Gest. Tributos |
123-125 |
Astte. Admón. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Gest. Trib. |
GT5000 |
Inf. y Reg. Franja |
159 |
Admvo. At. Tribut. |
C1 |
20 |
AG |
||||||
Emp. y Empr. |
PS2200 |
Ap. Admvo. PS |
225 |
Aux. At. Ciud. |
|
C1/C2 |
16 |
AG |
|||||
Contrat. |
CT1000 |
Contratos |
265 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Deportes |
DJ1100 |
Gest. Admva. DJ |
449 |
Aux. At. Ciud. |
C1/C2 |
16 |
AG |
||||||
Deportes |
DJ1100 |
Gest. Admva. DJ |
463 |
Aux. At. Ciud. |
C2 |
14 |
AG |
||||||
M. Amb. |
MA5000 |
Inspeccion MA |
1201 |
J. Unidad |
A2/C1 |
22 |
AE |
||||||
M. Amb. |
MA5000 |
Inspeccion MA |
1215 |
Of. Inspec. MA |
C2 |
14 |
AG/AE |
||||||
Int. Gral. |
IG1300 |
Ap. J. Serv. IG |
1231 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Int. Gral. |
IG1400 |
Gestion admva |
1235 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Int. Gral. |
IG1400 |
Gestion admva |
1238 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Tes. Gral. |
TG1000 |
Recaudacion |
1270-1271 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Tes. Gral. |
TG3000 |
Ap. Admvo. TG |
1305 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Educac. |
ED0000 |
Educacion |
1328 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Justicia Soc. |
SS1200 |
Gest. Admva. SS |
1430 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Justicia Soc. |
SS1200 |
Gest. Admva. SS |
1432 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Igualdad |
IG1100 |
Ap. Admvo IG |
1524 |
Aux. At. Ciud. |
|
C2 |
14 |
AG |
|||||
Rh. y Viv. |
RV0000 |
Rehab. y Vivienda |
1552 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
I. Ed. D. Urb. |
UR4300 |
Disciplina Urb. |
1610 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Mov. Urb. |
MU4000 |
Ap. Admvo. MU |
1750 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Infraest. |
IE7000 |
Vía Pub. y Patrim. |
1882 |
Engdo. Gral. V. Pub. |
C1 |
20 |
AE |
||||||
Infraest. |
IE9000 |
Delineacion IE |
1895 |
J. Delineación |
B/C1 |
20 |
AE |
||||||
Int. y At. Ciud. |
IT2210 |
Atención Ciudadana |
1949 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Int. y At. Ciud. |
IT2500 |
Ap. Admvo. IT |
2077 |
Of. Admvo |
|
C1/C2 |
16 |
AG |
|||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Na nosa opinión este Goberno Municipal non ten intención de convocar un concurso que trate en igualdade a totalidade do persoal municipal, axustándose á legalidade vixente. Tratan de votarlle a culpa ao sindicato CIG, do retraso da execución do concurso, por acudir a vía xudicial en defensa da legalidade. Na CIG estaríamos encantados de non vernos obrigados a utilizar a vía xudicial e dende logo para evitalo o Goberno Municipal o tería moi fácil. AXUSTE OS SEUS ACTOS Á LEGALIDADE VIXENTE.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1781
CORREO FISCALIA NOVEMBRO 2018
Á consecuencia da primeira denuncia presentada pola CIG na Fiscalía Provincial, en relación as COMISIÓSN DE SERVIZO ILEGAIS, foi que o Fiscal se amparara no feito de que existía unha demanda no xulgado do Contencioso-Administrativo, para manterse á espera da resolución deste xulgado. Unha vez resolta a demanda no xulgado co resultado que todas coñecedes, achegamos esta sentencia á Fiscalía para que actúe en consecuencia.
Acompañando esta sentenza, achegámoslle tamén unha listaxe que elaboramos uns días previos ao xulgado, porque o concello presentou no xulgado un exceso de documentación (4 tomos cun peso total de 8,2Kg) co fin de dificultar a comprensión da realidade.
Nós sabíamos positivamente que unha documentación deste volume o xuíz non a ía a ler ,(supoño que os responsables de persoal pensaban o mesmo) foi por iso que fixemos esta labor de escolma para sintetizar o realmente importante dentro desta maraña de papeis.
Salientar que o avogado do concello sí que tiña un resumo de todos os papeis que se entregaron con carácter previo no xulgado, este resumo aportouno no mesmo momento do xuízo.
Coa transparencia que nos caracteriza na nosa actividade sindical, facemos o que decimos e decimos o que facemos, poñemos a vosa disposición as seguintes ligazóns.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1222
MAIS DO MESMO
texto do correo enviado o xoves 15 de novembro de 2018:
- O autor deste documento, que por certo non ten a ben identificarse, inicia o seu discurso cunha mentira que por moito que repitan non se convertera nunca en verdade. Os niveis non se adecuaron por un proceso de reclasificación, son o resultado dun acordo ao que chegou o Goberno Municipal do PSOE con algúns sindicatos para retrasar o pagamento do salario base do subgrupo C1 aos policías mais ala do que determinaba a LCPLG.
- Que nos saibamos, a Delegación do Goberno non se pronunciou sobre este tema e , a pesar de que recibimos “presións” para que o trasladaramos á Delegación do Goberno, non o fixemos por que consideramos que este non é un problema de si o incremento retributivo supera ou non o legalmente permitido, senón de como se chegou a el.
- A CIG non vai ao xulgado para tratar de “ impedir que varias categorías de mandos e policías perciban unha retribución lexítima” nin para que “os axentes que pronto se xubilarán sufrisen esa perda nas súas retribucións” a CIG vai ao xulgado en defensa da legalidade, do principio de igualdade entre todos os traballadores do concello e da nosa lexitimidade para poder enfrontarnos a CALQUERA DECISIÓN ILEGAL OU ARBITRARIA QUE TOME A ADMINISTRACIÓN , con independencia do numero e condición dos traballadores que se vexan afectados. É que alguén na policía pretende que a legalidade se aplique ou non en función de quen se vexa prexudicado?.
- Acúsannos de ser falsos e envexosos , din que nos quitamos a careta. A CIG mantense fiel aos seus principios e aos seus compromisos dende antes do conflito do 2007, durante o conflito do 2007 e ate o día de hoxe, NON FOMOS NOS OS QUE DESPOIS DE ACADAR A PRIMEIRA RPT DESTE CONCELLO INICIOU NEGOCIACIÓNS PARALELAS, FORAS DAS MESAS, PARA ALTERAR UNHA RPT QUE COSTARA CASE QUE DOUS ANOS DE CONFLITO PARA MODIFICAR A VALORACIÓN DE DETERMINADOS POSTOS DE TRABALLO SEN MODIFICAR O METODO DE VALORACIÓN INICIAL.
- Xa para rematar queremos afirmar con rotundidade que non lle temos envexa a ninguén, estamos moi orgullosos de ser o sindicato con mais afiliados de Galiza e de ser o que maior número de delegados ten no conxunto das Administracións Públicas do noso pais.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1424
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
SOLICITUDES BM SETEMBRO 2018
19 DE SETEMBRO NÚM REXISTRO 31767
MANIFESTA:
Que non se están a cumprir os acordos en canto a cobertura de vacantes e baixas na Banda de Música, polo tanto requirimos ao Goberno Municipal para que os cumpran escrupulosamente xa que esta maneira de proceder dende o noso punto de vista neglixente pon en perigo tanto a execución das obras, coma a execución da programación coa calidade que a caracteriza.
Polo anteriormente exposto
SOLICITAMOS:
Que se executen os acordos e se cubran as baixas na Banda Municipal
24 DE SETEMBRO NÚM REXISTRO 32462
MANIFESTA:
Que o pasado 19 de setembro solicitamos que se executaran os acordos para cubrir as baixas na Banda Municipal de Música sen ter unha resposta a día de hoxe.
Polo anteriormente exposto
SOLICITAMOS:
Que se convoque unha Mesa Técnica da Banda Municipal de Música ou que se engada esta cuestión na orde do día da vindeira Mesa Xeral de Negociación.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1121
INCREMENTO RETRIBUTIVO VERSUS IPC
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1827
Páxina 4 de 19