O Goberno Municipal da Marea fixo oficial o pasado 15 de decembro por correo electrónico dirixido ao Comité de Empresa e a Xunta de Persoal o recoñecemento da obriga de efectuar o pago da extra de decembro do 2012 , secuestrada polo Goberno do PP, con cargo aos orzamentos do 2015 por existir disponibilidade económica e a súa "intención",

 de facela efectiva en xaneiro do 2016.

 

Dende a sección sindical da CIG no concello da Coruña queremos mostrar a nosa disconformidade e repulsa con esta decisión do Goberno Municipal en base as seguintes consideracións:

 

 

1.      Adiar o pagamento ao 2016 fará que no próximo ano teñamos un 75% máis de ingresos derivados do que resta da paga extra de nadal de 2012 a marxe da suba xeral do 1%,  que non só pode influir negativamente na declaración da renda senon que, nalgúns casos, pode significar que se superen os tramos máximos para optar á concesión de bolsas e outras axudas.

 

Isto ven desmentir o que nos trasladou o Goberno Municipal da Marea  en Mesa Xeral Negociación, o favor que nos queren vender co argumento de que NON a pagan en decembro porque as retencións a aplicar serían moi elevadas.

 

2.      Incumpre o recollido no RD 10/2015 que obriga o efectuar o pagamento no ano 2015, con mais abondamento despois de telo recoñecido.

 

3.      Deixan aos empregados municipais na mais absoluta indefensión xa que nen sequera nos queda a posibilidade do recurso aos tribunais, xa que con efectuar o pago inmediatamente antes do xuízo deixarán a demanda sen obxecto.

 

Esta maneira de actuar arbitraria, moi lonxe dunha actitude responsable que se lle debe supoñer a quen presume de formar parte dun goberno con talante aberto, democrático, popular e de respectar os dereitos dos traballadores pero, que diante dos seus empregados/as actúa coa mesma prepotencia que gobernos anteriores para os quen nunca fomos unha prioridade.”

 

O Secretario da Sección Sindical da CIG

José María Calatayud Sánchez

RPT e Normas de Xestión

Na nosa Relación de Postos de Traballo(RPT) hai dous grupos de postos diferenciados, os que teñen Especial Dedicación(ED) e os que non.

Segundo as Normas de Xestión da RPT os postos con “ED .- Natureza: Retribue a dispoñibilidade e maior dedicación temporal no desempeño do posto. Os postos retribuidos con EDterán unha xornadamínima de 40 horas semanais, sen prexuízo do maior horario que ocasionalmente requira o servizo. Durante o horario de verán terán a mesma redución que o resto do persoal.”

A aplicación desta norma produce agravios comparativos, entre os postos que teñen ED e os que non, os primeiro non sofren rebaixa nese complemento ao estar de baixa como sucede coa Produtividade, ademais disto  as ED perciben ao ano 14 pagas de ED contra as 12 da Produtividade.

As ED que figuran na RPT do Concello,asignáronse sen xustificación algunha , pois utilizouse de inicio como complemento para os postos de xefatura, co argumento dunha valoración baixa dos mesmos, algo que despois foi utilizado sen criterio.

 

SENTENZA

Unha recente sentenza do TSXG limita a ED a 40 horas máximo, o resultado desto é que o valor da hora de ED é totalmente desproporcionada coa táboas de gratificación das horas extraordinarias aplicadas aos postos sen ED.

PRECIO HORAS EXTRAORDINARIAS

ANTIGUO GRUPO

PRECIO

A

23,54 €

B

19,52 €

C

16,35 €

D

13,80 €

E

12,32 €

 

POSTURA DA CIG

Nas nosas propostas electorais incluíamos a revisión e adecuación da  RPT ás necesidades reais do concello, con especial consideración á definición e aplicación do concepto de ED

 

A postura que a CIG sempre mantivo sobre a ED nas Mesas Xerais de Negociación(MXN) é a de aclarar os criterios polos que se aplicou este complemento e no caso de que non existan créalos e determinar de novo a que postos deberían adxudicarse

A CIG  non  avalou ningunha modificación da RPT que non se fixera en base a criterios aplicables ao conxunto dos postos de traballo e así seguirá sendo no futuro.

 

A recente sentenza sobre este asunto desnaturiza o concepto de ED e converte en absolutamente desproporcionada a súa retribución polo que solicitaremos que se convoque, con carácter de urxencia, a MXN para tratar este tema.

José María Calatayud Sánchez con DI XXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais da Xunta de Persoal sitos no terceiro andar do Pazo Municipal, na miña condición de Secretario da sección sindical da CIG do concello da Coruña

EXPOÑO:

  1. Que o pasado 26 de outubro do presente ano publicouse a aprobación inicial do expediente M1C/2015 modificativo do orzamento 2015  aprobado en sesión extraordinaria e urxente do Pleno Municipal o día 20 de outubro.
  2.   Que no citado modificativo de crédito se transfiren sobre 467.000 € da partida de gastos de persoal a outras partidas.
  3. Que o RDL 10/2015 de 11 de setembro Recolle no seu artigo 1.1 o seguinte:” 1. As distintas administracións públicas, así como os seus entes dependentes e vinculados, aboarán, dentro do exercicio 2015, e por unha soa vez, unha retribución de carácter extraordinario cuxo importe será o equivalente a 48 días ou ao 26,23 por cento dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 2012, por aplicación do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, co alcance e límites establecidos no presente artigo.”
  4. No apartado 3. Do RDL citado contemplase a posibilidade de non realizar o pagamento mencionado no apartado anterior a que a situación económica-financeira non o permita.
  5. A retirada dunha partida tan cuantiosa do capitulo de gastos de persoal incide negativamente na posibilidade de executar o pagamento das retribucións citadas, o que podería impedir ao concello cumprir coa súa obriga de efectuar o pagamento do 26.23 % da paga retirada no 2012 dentro do ano 2015.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teñan por presentadas estas ALEGACIÓNS e non se aprobe definitivamente o expediente M1C/2015 por impedir o cumprimento da obriga legal de efectuar o abono do 26.23% da paga extra de decembro do 2012 aos empregados do concello da Coruña

 

A Coruña 12 de novembro do 2015.

Bo día á afliación CIG,
 
No día de hoxe (29/out/2015) fomos convocados a unha MXN cun único punto da orde do día: RDL 10/2015
 
Non hai novidades co respeto ao que vos contamos no último correo salvo que non aceptaron a petición de todos os sindicatos de acortar os prazos para acadar os 4 días de máximo de vacacións por antigüidade, alegando a trasposición que fai a Xunta. A CIG  recordoulle á concelleira que non  tiveron o mesmo criterio cando se solicitou que se aplicara o mes natural que posibilitaba a lei de emprego público de Galiza.
 
Preguntados pola extra, reiteraron que a súa intención era pagar o 26% o antes posible e como moi tarde a principios de 2016, algo que terían que facer cos orzamentos de 2016.... Non entramos a discutir esta cuestión pois no momento que se publique o modificativo aprobado no pasado pleno actuaremos como en dereito proceda.
 
Na rolda de intervencións dixéronos que en breve seríamos convocados a máis reunións para tratar cuestións plantexadas fai meses polos sindicatos.
 
 
un saúdo

 

Cala
 
 
MXN para tratar entre outros temas:
  • Aplicación do RDL 10/2015 .
  • Bases para cobertura de comisión de servizo.
  • RPT.
RDL 10/2015
Sobre o primeiro punto a concelleira trasladounos a vontade de facer os pagos da parte da Extra do 2012, o 26.23% , non se poderá realizar este mes por falta de liquidez, comprométense a facelo  este ano e de non ser posible no 2016. A CIG pediu que en caso de non facelo este ano se nos trasladen os informes económicos que sustifiquen a imposibilidade.
 
Informamos ao Goberno Municipal de nos opondríamos a calqueira transferencia de crédito do Capítulo 1
 
Tamén aprobou a aplicación dos  días de asuntos propios por antigüidade.
 
sobre os días de vacacións por antigüidade, pendiente de que valoren a a solicitude que fixemos de acortar os prazos para acadar o 4 días de máximo.
 
COMISIÓN DE SERVIZOS e RPT
 
É  primeira vez que se nos propoñen achegas para unhas bases de provisión de postos en comisión de servizos, pretenden crear unas INTRUCCIÓNS XERAIS, similares ás dos Concursos de Provisión de Postos.
 
Comunicounos que agora van a aprobar unha modificación da RPT co único fin de adaptar o seu Organigrama, pero que a súa intención  era abordar nun futuro unha profunda modifiación.
Propuxemos, que tan pronto se faga a adapactación da RPT ao novo Organigrama se convoque o Concurso de Traslado.
 
ROGOS E PREGUNTAS
 
Durante os temas tratados anteriormente, mencionou que tiña intención que se recuperara dereitos perdidos pero serían motivo doutras reunión así coma unha modificación da RPT con criterios de carácter técnico.
 
Nós mencionamos 3 cuestión, abundando na falta de personal en moitas áreas como na Estación de Autobuses e Rexistro, mencionamos os problemas  da Banda de Música cara aos próximos concertos.
 
Outro tema foi a falta de comunicación de traslados de persoal a novas dependencias, algo do que se disculpou.
 

 

E por último recordamos o programa electoral da actual corporación na que recollía a RECUPERACIÓN dos servizos privatizados, en concreto recordamos a xestión do cobro de multas que actualmente realiza EMVSA.
CORREO DÍA 16 DE XUÑO DA  XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA 

Informamosvos que hoxe a nova Concelleira de Persoal convocou a todos os sindicatos a unha reunión para facer un primeiro contacto e solicitarnos unha proposta para o horario de verano.

Achegámosvos a solicitude entregada hoxe en cumprimiento do acordo da Xunta de Persoal do Pleno do 12 de xuño, nela figura no primeiro lugar o horario de verano, e por parte da parte do Presidente da Xunta de Persoal se lle dou conta coma se estivo xestionando a xornada de verano antes da chegada do Goberno do PP, a isto a Concelleira dixo que o estudiaría e daría resposta.

Esperamos que esta información sexa do voso interese.

A/A DA CONCELLEIRA DELEGADA DE PERSONAL

COMUNICA

Que no pasado Pleno da Xunta de Personal celebrado o 12 de xuño de 2015, aprobouse por unanimidade presentar  unha serie de medidas de carácter urxente, de fácil aplicación que non supoñen custe económico e que non precisan estudio nin negociación previa, solicitando a súa execución.

1)    Aplicación da xornada de verán.

2)    Recuperación do día de Sta. Rita e a semana de antigüidade.

3)    Paralización dos procesos de externalización e recuperación dos que vaian rematando.

4)    Dar acceso á Xunta de Persoal e as organización sindicais de toda a documentación solicitada no pasado e no futuro ao goberno municipal.

5)    Aplicación do Acordo Regulador  e a nova lei de emprego público de Galiza 2/2015,  en canto as vacacións.

6)    Solucionar a falta de Director na Banda de Música a partir do 1 de agosto, e a falta do Aux. Administrativo.

7)    O cumprimento da xornada e horarios na Estación de Autobuses

8)    Policia nos Centros Cìvicos.

9)  Xornada de verán en Bibliotecas.

     10) Problemas co persoal adscrito ao Rexistro de María Pita.

A Coruña a 16 de xuño de 2015-06-16

 O Presidente da Xunta de Persoal

  Roberto Tizón Miguens

O pasado 13 de febreiro tivemos Mesa Xeral de Negociación co Goberno Municipal, nela a Concelleira, pon como excusa para non ter convocado antes a mesa por no estar rematada a negociación do Grupo de Rescate Acuático(GRA).

 

Apróbase a acta do 7 de novembro de 2014.

 

A mesa de negociación da por aprobado o texto presentado pola mesa técnica de Bombeiros e inícianse os trámites oportunos para a entrada en vigor do GRA.

 

Volvemos a denunciar o problema que persite no tempo coa falta de Bombeiros nas quendas,  reiteramos que o mínimo que se está cubrindo actualmente non garantiza dúas  saídas simultaneas. Facemos a proposta de ter un mínimo de 13 Bombeiros de quenda en maio de 2014 e 15 en maio de 2015. Queda pendente unha reunión coa xefatura de servizo para intentar alcanzar un acordo.

 

Recordamos que en novembro faláramos da discordancia que existe no complemento de Perigrosidade entre os Policías, Bombeiros e os seus repectivos mandos, tamén solicitamos a adecuación á nova clasificación de grupos do  EBEP  (o novo Grupo B), a revisión do específico por atención ao público e o pase ao C1 dos Bombeiros coma ocurre noutras administracións. A poucos meses das ELECCIÓNS MUNICIPAIS dinnos que non están dispostos a facer modificacións puntuais na RPT, agora que xa non hai tempo, din que son partidarios de facer unha RPT nova. Tiveron 4 anos para facela e o que fixeron foron modificacións puntuais,  nas que eliminaron postos de promoción, crearon postos novos, algúns deles con Especial Dedicación e ademáis encheron os postos de Xefatura de Servizo con persoal doutras administracións.

 

Unha das antiguas reivindicaciones nosas é a Promoción Horizontal, isto en certa medida desenvolvería a carreira profesional da mayoría dos postos bases do Concello e tamén unha parte do acordo de reclasificación da Policía Local. Contestáronnos que mirarían o regulamento que se está a negociar na Xunta de Galiza e o falaríamos.

 

Sobre o Regulamento de Axudas Económicas, reprochamos que non se tivera máis axilidade contestando á Xunta de Persoal, na súa petición de aforrar no gasto que supón solicitar documentación no Rexistro da Propiedade.     

 

A Estación de Autobuses segue tendo problemas na xestión de persoal, pois hai persoal ocupando postos distintos polos que cobra e quedan desatendidos as tarefas dos que  deberían exercer, isto está ocasionando que as quendas non estén ben cubertas.

 

Contestan negativamente a solicitude de tarxetas de transporte público para todos os empregados municipais.

 

 

Oferta Pública de Emprego 2015:

 

Aínda quedan 29 vacantes de 2014…. 

 

Promoción interna:

 

*      4 Subalternos a C2 .

*      5 Auxiliares Administrativos a C1.

*      No SEIS, 1 oficial, 3 suboficiales,4 sarxentos,4 cabos.

*      Na Policía 1 inspector principal.

 

Apróbase por unanimidade sustituir nas bases das promocións internas, que o tribunal poida poñer a nota de corte, quedando a partir de agora no 50%, incluíndo o proceso de promoción a administrativos que está en marcha.

 

 

Postos novos:

 

*      10 Bombeiros

*      2 Oficiais de Policíaç

*      2 Técnicos medios

 

 

A Concelleira presenta un informe do ministerio no que se lava máis o menos as máns sobre o acordo da reclasificación da PL, a Concelleira conclúe que non cabe aplicación do acordo de Policía.

 

Logo de falar sobre a productividade mensual, se propón trasladar o mesmo criterio que aos descontos que por Incapacidad Transitoria.

 

 

 

Aclárase a forma e prazos para presentar os xustificantes médicos en caso de ausencia

REXISTRADO 17/11/2014

Roberto Tizón Miguéns, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

 

EXPÓN:

 

1.   A falta de expectativas de promoción na súa carreira profesional  xunto coa perda de retribucións destes últimos anos, e o incumprimento de determinados acordos,  está xerando un malestar profundo que  está producindo unha falta de motivación no traballo e unha crecente conflictividade laboral entre o persoal ao servizo do concello da Coruña.

 

2.   O EBEP recolle no seu CAPITULO II o o dereito á promoción profesional e no artigo 17 contemplase a posibilidade da carreira horizontal dos funcionarios de carreira.

 

3.   En base ao  recollido no artigo mencionado con anterioridade as organizacións sindicais tiñan acordado un sistema de promoción horizontal co anterior Goberno Municipal. Este sistema sustentábase na aplicación de tres variables: antiguidade no servizo, itinerarios de formación e valoración do traballo desenvolvido; esta última variable, en tanto non estivera aprobado un sistema de avaliación do desempeño, considedaríase superada pola non existencia  de expedente disciplinario algún.

 

4.   Esta falta de carreira horizontal é moito mais perniciosa naqueles colectivos xerarquizados de caracter piramidal (policia e bombeiros) nos que so é posible a promoción horizontal, polo que nos apoiariamos que os procesos de execución do sistema de carreira horizontal empezara a aplicarse a estes dous colectivos, sempre e cando ao mesmo tempo se procedera á convocatoria do concurso de provisión

 

de postos de traballo que, a pesar do compromiso do Goberno Municipal, leva dous anos sen executarse.

 

Polo anteriormente exposto

 

SOLICITAMOS:

 

 

Que se convoque con caracter urxente a Mesa Xeral de Negociación para tratar da carreira horizontal e do concurso de provisión de postos e a súa inmediata aplicación.

 

 

A Coruña, 17 de novembro do 2014

 

 

                                      SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

ORZAMENTOS 2015

CIG

   

Enviado :

mércores, 12 de novembro

 

En relación coa nota enviada pola  concellaría de persoal  sobre os gastos en  persoal  para o exercicio do ano 2015, a sección sindical da CIG considera un exercicio de cinismo tratar de presentar como un logro que o persoal ao servizo do concello da Coruña siga a percibir polo seu traballo as mesmas retribucións que recibía no ano 2010, mellor dito, as retribucións do ano 2010 MENOS O 5%.

 

Un salario reducido e conxelado dende o ano 2010 por realizar unha carga de traballo incrementada en relación directa coa reducción sistemática do número de traballadoras e traballadores producida nestes últimos anos. Para  o vindeiro ano, o cadro de persoal redúcese en 43 prazas.  A proposta inicial era dunha redución de 53 pero á petición da CIG, argumentando que se están a  producir situacións de imposibilidade física  de realizar os traballos por falta de persoal, decidiron amortizar 10 prazas menos do inicialmente previsto: dúas de A1, dúas de A2 e 5 de auxiliar administrativo C2. A que falta para sumar 10 é a do director da Banda Municipal que se tiñan esquecido de incluír no cadro de persoal, tal e como nós fixemos constar.

 

O incremento de 7000 euros na partida de formación , menos de 5€ por traballador ao ano, non ten a suficiente entidade para ser significativa e os 10.000 € disponibles para os anticipos non deberían ser un problema xa que non supoñen un gasto e o Goberno Municipal xa nos ten retidos mais de 2.000.000 € da paga extra de nadal de 2012.

 

O anuncio da devolución de 44 días da paga de nadal do 2012 coincide, curiosamente, co importe recoñecido en numerosas sentenzas e haberá que dilucidar se o que nos devolverán de xeito tan xeneroso correspóndese co que nos detraeron a golpe de decreto ou coa parte da paga roubada, perdón, devengada.

 

Facemos constar que, existindo a posibilidade legal de reiniciar as aportacións ao plan de pensións negáronse en redondo a facelo.

 

Para resumir: o persoal  do Concello da Coruña temos que alegrarnos de cobrar menos que no ano 2010 a cambio de traballar mais e todo iso en función da sacrosanta austeridade, que non se contempla cando se pide un crédito de 12.000.000€ para o túnel do Parrote, por certo en terreos portuarios e non municipais.

 

Correo Enviado : luns, 16 de xuño de 2014 13:45
 
 Ante as numerosas consultas que estamos recibindo ao respecto da supresión dos días adiccionais de vacacións por antigüidade no Concello da Coruña, dende sección sindical da CIG queremos informaros de que:

 

  • Nos sempre mantivemos que segue en vigor, o artigo 75.2 da LFPG na que se contempla o incremento dos días de vacacións en función da antigüidade, e unha sentenza dun xulgado de Ferrol así o confirma.
  • O modelo de  reclamación que se enviou por outro sindicato baseandose nuha sentenza de Euskadi sobre a aplicación do decreto 20/2012 con caracter retroactivo, serve para non perder os días de antiguidade xerados ate esa data, pero non permitiría seguir acumulando antigüidade ate chegar ao máximo legal (4 dias), esto podería estar ben para o resto do estado pero é moi pobre para nos que temos lexislación propia en vigor que si contempla esta posibilidade.
  • Si se utiliza o modelo de reclamación anterior e o concello non contesta ou o denega, habería que acudir ao contencioso ou desistir da reclamación.
  • Dende a CIG estamos esperando a que unha das nosas afiliadas, que ten acadado o máximo de dias, esgote o seu período vacacional (22días) para a continuación pedir os de antigüidade. Si o concello llos denega iríamos ao contencioso, se non lle contesta en prazo entendemos que o silenzo é positivo e todo o persoal municipal  podería facer o mesmo

  

 

No momento que teñamos algunha novidade ao respecto, informaremosvos coma sempre.

 

Un saúdo

Sección sindical da CIG

Aquí tedes a sentenza do Xulgado do Social núm 4 pola que declara o dereito do Persoal Laboral do Concello da Coruña a percibir a parte proporcional da paga extraordinaria de nadal correspondente ao periodo comprendido entre o 1 de xuño e o 14 de xullo de 2012.