Aquí tedes a sentenza do Xulgado do Social núm 4 pola que declara o dereito do Persoal Laboral do Concello da Coruña a percibir a parte proporcional da paga extraordinaria de nadal correspondente ao periodo comprendido entre o 1 de xuño e o 14 de xullo de 2012.

Roberto Tizón Miguéns con DIxxxxxxxS e enderezo para os efectos de notificación nos locais que ocupa a CIG no Pazo de María Pita, na miña calidade de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

 

EXPOÑO:

 

1.       Que a Resolución do 23 de decembro do 2013 da Secretaria do Estado de Administracións Públicas no seu apartado 1.2 modifica a redacción do apartado 9.7 da Resolución do 28 de decembro do 2012 que queda redactado so seguinte seito:” ao longo do ano os empregados públicos terán dereito a gozar ate catro dias por asuntos particulares…………”

 

2.       Que naResolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, contemplase na súa disposición Décimo segunda apartado 5, Permiso para asuntos persoais (artigo 76.3 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo), se recolle que:” seincorporará un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado no dito ano.

 

3.       No calendario laboral para o ano 2014, publicado no BOE nº278 o 20 de novembro do 2013, determínanse como festivos de carácter nacional non recuperables os sábados 1 de novembro e 6 de decembro.

 

4.       A resolución do 23 de decembro do 2013 da Secretaria do Estado de Administracións Públicas no seu apartado 1.2 modifica a redacción do apartado 9.7 da Resolución do 28 de decembro do 2012 que queda redactado so seguinte seito:” ao longo do ano os empregados públicos terán dereito a gozar ate catro dias por asuntos particulares…………”

 

Polo anteriormente exporto

 

SOLICITO:

 

 Que se adopte o acordo de conceder aos empregados do concello da Coruña dous días adicionais de asuntos propios e que, en aplicación do mesmo, se comunique a todo o persoal que serán seis os dias de asuntos propios para o ano 2014 para que os diferentes servizos se poidan ir organizando.

 

 

A Coruña, 2 de marzo de 2014

 

 

SR.ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

 

Rexistrado o 3/3/2014 ás 13:59:44 nº 5275

 

 

O pasado 5 de xullo recibimos a contestación da concelleira de persoal, Dª Rosa Gallego sobre a valoración das modificacións á RPT consensuada por todos os sindicatos. Neste documento aparecen unha serie de falsidades e mentiras que consideramos necesario aclarar:

 


1. Cando a concelleira di que os sindicatos solicitamos a apertura de tódolos postos de xefatura de departamento ao subgrupo A2 está falseando a realidade e ocultando as motivacións da nosa contestación. A PRETENSIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL ERA REGULARIZAR UNHA ACTUACIÓN ANTERIOR QUE NON SE AXUSTABA Á LEGALIDADE VIXENTE XA QUE TIÑA ADSCRITO UN TECNICO MEDIO A UN POSTO DE TECNICO SUPERIOR. Nós o que lle dixemos foi que esa modificación non se podía facer ad personam, que tería que facerse con criterios xenéricos e aplicárselle a todos aqueles postos que os cumprisen.