ACCIÓN SINDICAL
ALEGACIÓNS BASES DE ACCESO
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-Z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
MANIFESTA:
Que despois de ter recibido as propostas de bases que a continuación se relacionan: OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17, TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS) C.E. 16, TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016, TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017, ARQUITECTO C.E. /16, TECNICO MEDIO DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17 TECNICA MEDIA DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17
Despois de examinalas coa debida atención non podemos evitar facer as seguintes
ALEGACIÓNS:
XENÉRICAS:
- Determínase como nivel mínimo de coñecemento do lingua galega o Celga IV para tódalas prazas ofertadas con independencia do grupo de titulación e dos cometidos que teñen que desenvolver. O lugar onde se ten que determinar o nivel de coñecemento da lingua adecuado ao posto é na RPT e non nunhas bases de convocatoria específica.
- O nivel de coñecemento da lingua non pode ser determinado polo tribunal na proba a realizar para quen non teña o Celga IV, deberá adecuarse ao nivel do Celga requirido como requisito para ser equiparable e non resultar discriminatorio.
- Tratar o manexo de aplicacións informáticas como un mérito e non como un requisito e incluílo dentro da fase de oposición podería traer como consecuencia que accedera á praza en cuestión alguén con nivel cero de coñecementos nesta materia. Os coñecementos do uso de aplicacións informáticas ou forman parte dos méritos na fase de concurso ou deberían demostrase dentro da proba practica da fase de oposición. En todo caso na fase de oposición non debe haber exercicios non eliminatorios.
- Debería eliminarse de tódolos textos a frase: “ O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima”, esta xa ven suficientemente determinada na aplicación das bases e a aplicación de criterios distintos en cada proba podería alterar o resultado final e a ponderación do peso determinado nas bases para cada unha delas ao impedir que, alguén que matematicamente superara o 50 % dunha proba, ao ser este limite elevado polo tribunal, non puidera acceder á seguinte ou impedira que se puidera computar a fase de concurso.
ESPECÍFICAS:
OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17
- No apartado a) da fase de concurso na xustificación dos méritos non se ten en conta nin a diversidade de RPT nas diferentes administracións locais, nin a escandalosa falta destas en moitos concellos pequenos, nin a multiplicidade de tarefas que se lle encomendan ao persoal laboral ao servizo destas, o que fai que moitas veces non coincidan o denominación dos postos coas tarefas descritas no punto 2 destas bases.
Para solucionar este inconveniente e aproveitando que nas bases veñen descritas as funcións do posto obxecto da convocatoria, debería de admitirse como xustificante da experiencia profesional, ademais do determinado no apartado 8.1, a), certificación de ter desenvolvidas as tarefas que están descritas no apartado 2 destas bases. De non aceptarse esta alegación non se valoraría na súa xusta medida o traballo realizado por algúns axudantes do cemiterio que para compensar a falta de oficiais están executando esta labor de xeito voluntario, enviándolles unha mensaxe bastante negativa.
- Na descrición do posto realizada no punto 2, dotación económica, figuran como requisitos específicos titulacións técnicas que non están na RPT en vigor, en concreto 4301-02, 4306. Débense eliminar.
TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS) C.E. 16
A denominación do posto e a titulación requirida non se axusta ao recollido na RPT, o posto se denomina Técnico Medio de Mobilidade e os requisitos de titulación son 4301-02; 4306. Débese adecuar a titulación requirida e a denominación do posto ao recollido na RPT vixente.
TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016
Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza. Consideramos que esta formación non ten relación co posto de traballo obxecto da convocatoria. Se fose necesario ter coñecementos de linguas estranxeiras deberían formar parte dos requisitos do posto. Deberíase eliminar o coñecemento de linguas estranxeiras dos méritos do concurso.
TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017.
- O posto de traballo vinculado a esta praza non está previsto para ser un posto de acceso por iso ten nivel de CD 24 e esta aberta a AG/AE. A cobertura deste posto debe ser por provisión e non por acceso.
- Se piden requisitos de titulación e nivel do idioma inglés que non constan na descrición do posto na RPT, estanse utilizando unhas bases especificas para modificar os requisitos dun posto de traballo, os requisitos para o desempeño deste posto de traballo non poden ser distintos dos recollidos na descrición que figura na RPT vixente.
- Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza pero ao contrario que nas bases de Técnico Superior de A.E. so se valora o nivel C e se esquece do nivel B, isto pode ser un erro inducido por facer do nivel B2 de inglés un requisito e non un mérito. Neste suposto ao ser o posto ligado a praza o de T.Sup. Prox. Europeos si consideramos que os idiomas teñen que ver co posto de traballo pero so se deberían valorar os idiomas propios dos países que forman parte da Unión Europea.
- No apartado 7.2 fala de catro exercicios e son
TECNICA MEDIA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (TECNICA MEDIA DE INCLUSIÓN SOCIAL) C.E./16.
A este respecto so mencionar a sentenza 00206/2017 do procedemento abreviado nº187/2017 que no seu fallo di “Que debo estimar el recurso administrativo interpuesto por Confederación intersindical Galega-CIG contra Ayuntamiento de A Coruña representado por la letrada del Ayuntamiento de A Coruña sobre personal declaro la nulidad de la resolución recurrida en concreto la base tercera A) de la convocatoria recurrida al requerir titulación genérica para su acceso y no titulaciones especificas –que según el Plan Bolonia- estarían vinculadas al ámbito social al estar cualificada la plaza convocada de administración especial en la RPT.”
En atención a esta sentenza deberanse eliminar as titulacións de carácter xenérico e incluír as titulación as de carácter social.
A Coruña,22 de maio do 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2891
PRODUCTIVIDADES CONCELLO DA CORUÑA
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
MANIFESTA
- Que temos coñecemento que se están aboando a algúns/has empregados/as municipais, diferentes cantidades en concepto de produtividade.
- Que os criterios utilizados son os de cumprimento de obxectivos, incremento da carga de traballo, acumulación de tarefas, atribución de novas funcións, etc.
- Nas resolucións destes expedientes afirmase que se cumpre a normativa recollida no artigo 5 do RD 861/1986 que regula a aplicación deste complemento retributivo.
Dende a sección sindical da CIG consideramos que os decretos polos que se determina o abono destes complementos son contrarios a dereito polos seguintes motivos:
- Incúmprese o apartado 6 do artigo 5 do RD 861/86 por aplicar uns criterios para determinar as cantidades a aboar que non foron establecidos polo Pleno da Corporación nin negociados cos representantes dos empregados do concello
- Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade, con suxeición aos criterios que no seu caso teña establecido ol Pleno, sen na lei 7/1985, de 2 de abril.
- Incúmprese o apartado 4 do artigo 5 do RD 861/86 por non informar nin aos empregados públicos nin aos seus representantes da existencia destas gratificacións nin da súa contía.
- Corresponde ao Pleno de cada Corporación determinar no orzamento a cantidade global destinada á asignación do complemento de produtividade aos funcionarios dentro dos límites máximos sinalados no artigo 7.2, b), desta norma.
Polo anteriormente exposto
SOLICITA:
Que se cese de forma inmediata con esta, ao noso xuízo, practica ilegal de reparto de produtividade e que se convoque con carácter de urxencia á Mesa Xeral de Negociación para tratar de consensuar uns criterios de aplicación da produtividade que se poidan remitir ao Pleno da Corporación para a súa aprobación.
A Coruña, 15 de maio de 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2994
SOBRE AS BASES DE PROVISIÓN DO CONCELLO DA CORUÑA
Hai moito tempo que o servizo de persoal leva modificando os criterios nas distintas de bases de provisión de postos (concurso, promoción ou acceso) nalgúns casos sen petición previa por parte dos/as representantes dos/as traballadores/as e sen aclaración dos motivos polos que se cambiaban, recordámosvos os que tivemos nos últimos tempos:
2016
Bases de promoción interna á Sarxento do S.E.I.S. a pesar da ser coñecedores de que ían en contra da legalidade vixente, propuxeron pechar unha promoción ao subgrupo C1, só a Cabos impedindo a participación dos Bombeiros, ambos encadrados no subgrupo C2 . A avertencia da CIG de que acudiría ao xulgado foi o que lles fixo rectificar LIGAZÓN. Aclarar que mentres este colectivo non dispoña dunha regulamentación propia, terá que rexerse polos sistemas que regulan ao resto do persoal municipal.
Bases de arquitectos/as interinos/as con retribucións superiores a postos da RPT, mostramos o malestar na MXN do 25 de novembro LIGAZÓN, pero nesta ocasión sen posibilidade de recorrer ao xulgado, nin polo nivel CD24, nin polo temario que carecía de referencias ao PXOM co argumento de que a selección era para un programa concreto de Xustiza Social, a pesar diso este proceso foi utilizado posteriormente para a selección destes/as profesionais, tanto en medio ambiente, como no servizo de urbanismo, no que o coñecemento do PXOM é fundamental.
2017
Bases de 8 procesos selectivos ás que presentamos alegacións LIGAZÓN entre elas merecen especial atención as de acceso a TAS e que foron paralizadas pola CIG no xulgado LIGAZÓN
A outra xestión destacada foi a das de Cabo de Bombeiros, neste caso polo ninguneo que ven sendo algo habitual cara ás alegacións que rexistra a CIG, así o denunciabamos no resumo da MXN do 18 de decembro LIGAZÓN
2018
E volta outra vez cos Cabos...a pesar da suposta urxencia para a cobertura de prazas de Cabos , 11 meses despois achegáronnos unhas Novas, modificadas substancialmente pola concelleira e obviando a última proposta sen ningún tipo de negociación polo medio...non é de recibo que se modifiquen constantemente, porque da a sensación de que tantos cambios son “ad persónam” e crea inseguridade na planificación da carreira profesional do Parque.
Sobre a última “versión” das bases de Cabos presentamos outras alegacións no pasado marzo coa conseguinte valoración LIGAZÓN . A estas últimas alegacións fomos contestados sobre os cambios, dunha maneira moi pouco clara, mesturando cuestións non solicitadas nos mesmos parágrafos de alegacións aceptadas á CIG LIGAZÓN, isto creou máis controversia da que xa había.
A última contestación as nosas alegacións de bases, foron as de acceso para unha praza de Técnico de Residuos, nesta contestación nomean a CIG nunha serie de reclamacións realizadas por particulares e colexios oficiais, no que ao noso entender é un novo intento de agachar canta labor sindical da CIG sexa posible, algo que así lle fixemos ver na pasada MXN a quen asina estas notificacións LIGAZÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2826
CONTESTACIÓN ÁS BASES DE CABOS DE BOMBEIROS
CONTESTACIÓNS AS ALEGACIÓNS DAS BASES DE CABOS DO S.E.I.S.
Aquí tedes as contestacións as nosas alegacións ás Bases de Cabos, nesta información intentamos aclarar que parte é estimada e cal non, pois as vagas contestacións da xefatura de persoal dificulta a comprensión do que a CIG ten solicitado:
CORREO ELECTRÓNICO DA XEFATURA DE PERSOAL ÁS ALEGACIÓNS DE BASES DE CABOS DE BOMBEIROS:
Boas tardes
Remítovos as bases para a provisión de sete postos de cabos, onde se recollen algunhas das alegacións formuladas polas seccións sindicais, nos seguintes termos:
- Modifícase a puntuación máxima do concurso de 16 a 20 puntos, polo que cambian tamén as puntuacións máximas e mínimas de cada apartado. NON O SOLICITOU NINGUÉN
- Apartado de formación: inclúense neste apartado tres subapartados: nivel formativo II, cursos dentro do plan de formación e cursos fose do plan de formación. O único apartado que leva puntuación máxima é o do nivel de cualificación formativa II. Os outros dous apartados non levan puntuación máximo, englobándose por tanto na puntuación máxima do apartado de formación. Neste apartado, acéptanse dúas alegacións formuladas pola sección sindical CIG.
- Apartado de antigüidade: Mantense a puntuación de 0,40 puntos por ano neste apartado pero auméntase a puntuación máxima a 7.2 puntos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación da sección sindical CIG que solicitaba o aumento de anos de prestación de servizos a baremar neste apartado.
- Apartado de grao de coñecemento de galego: Increméntase a puntuación para axustala aos limítes do 40% e do 10%,na correspondente porcentaxe. Corríxese un erro na escritura respecto ao CELGA III, recollido tamén nas alegaciónsde CIG.
- Apartado doutros méritos: Inclúense aquí os subapartados de cursos de igualdade, impartición de cursos e certificado de profesionalidade. Auméntanse as puntuacións para chegar á puntuación máxima deste apartado pero diminúese a puntuación dada aos cursos de igualdade, co correspondente rebaixe na porcentaxe de puntuación deste apartado sobre puntuación global do apartado doutros méritos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación formulada pola sección sindical CSIF.
O resto das alegacións desestímanse.
Aclaración do que estimaron e modificaron:
ESTIMADA, DESTIMADA, MODIFICADA
Sobra modificación máxima de 16 a 20 puntos non foi solicitado por ninguén.
Orde de valoración
- A orde valoración dos méritos, debería comezar pola antigüidade, seguida da formación e dos outros méritos igual que se fixo historicamente no resto dos concursos de provisión do concello. MANTEÑEN A ORDE QUE É CONTRARIA Á APROBADA NA MXN DO PASADO 27 DE ABRIL PARA AS BASES XENÉRICAS
Formación baixan dun 47% a un 40%
- No apartado dos cursos de formación do Plan de Formación Municipal, debería cambiarse “como máximo” por “con”.
- Debería de unificarse nun só apartado a valoración dos cursos de dentro e de fora doplan municipal de formación, distintos da cualificación formativa II.0. o feito de separalos, pode supoñer que dous aspirantes cos mesmos cursos de formación realizados, tanto en número como en contido, reciban puntuacións diferentes, en función do lugar da realización dos mesmos.
- Os cursos impartidos no Concello, sempre que se ofertaran á totalidade da plantilla, deberían ter máis puntuación que os impartidos fora del. AUMÉNTASE EN +0.15
- Para o persoal que acredite a impartición de cursos fora do Concello, deberá acreditar tamén o cumprimento da lei 53/1984 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. DESESTIMAN ESTA ALEGACIÓN
Antigüidade suben dun 31.25% a un 36%
- A antigüidade debería valorar a 0.20 puntos por ano traballado ao igual que se fixo en convocatorias anteriores, coa proposta de 2018, redúcese o tempo necesario para acadar a máxima puntuación a metade. O feito de andar variando o número de anos necesarios para acadar a puntuación máxima en cada convocatoria, parece apuntar a obxectivos concretos. AUMENTAN O VALOR NESTE APARTADO, PERO PASAN DOS 25 ANOS NECESARIOS PARA O MÁXIMO NO ANTERIOR PARA DEIXALO EN 18 ANOS
Galego suben dun 10% a un 14%
- En canto ao grao de coñecemento do idioma galego, a valoración de 0,70 puntos debería corresponder ao Celga III. APROVEITAN UN ERRO MATERIAL DELES PARA SUBIR O VALOR NESTE APARTADO E QUE A CIG NON SOLICITOU
Outros méritos baixan dun 11,25% a un 10%
- Os cursos de igualdade non teñen nada que ver co exercicio da profesión de bombeiro, polo que deberían eliminarse destas bases. SE LIMITAN A REBAIXAR DE 0.55 A 0.45 O MÁX NESTE PUNTO, HOUBO UN ACORDO EN MXN PARA QUE ESTOS CURSOS E OS DE PRL FORAN OBRIGATORIOS PARA TODO O PERSOAL, POLO TANTO NON PODEN SER PUNTUABLES.
- Non se debería ter en conta o certificado de profesionalidade, pois este non aporta nada, nin á formación nin á capacitación dos bombeiros, polo que resulta innecesario para o exercicio da profesión, non obstante terían máis xustificación engadir o PER ou a titulación de mergullo profesional. NON SE ESTIMA E AUMENTASE +0.15 O CP
Informámosvos que hoxe solicitamos que estas Bases de Concurso, se adecuaran ás que se aprobaron o pasado 27 de abril en Mesa Xeral de Negociación
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2202
RESOLUCIÓN DO 12 DE MARZO NOMEAMENTO CS
Aquí podedes consultar a resolución pola que se aproban 3 comisións de servizo máis.
TEXTO DO CORREO
Bo día a todos/as,
No día de onte achegáronnos unha resolución pola que se nomean 3 novas comisións de servizo.
O primeiro que temos que dicir sobre ela é que fala dunhas bases do 30 de xaneiro das que non fomos informados e polo tanto non foron negociadas con nós.
AdEmais disto introducen unha nova condición:
“En el punto uno de las bases que regulan el procedimiento de dichos puestos recogen que se realizarán preferentemente con personal del propio Servicio siendo autorizada de forma inmediata en aquellos casos en los que solo exista una persona candidata en el Servicio.”
En base a isto nomean directamente a tres persoas en comisión de servizo.
Estamos ante unha nova arbitrariedade do servizo de persoal e que a Concelleira pretende darlle forma legal a través da resolución que achegamos nesta LIGAZÓN.
un saúdo
A sección sindical da CIG
gal a través da resolución que achegamos nesta LIGAZÓN.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2826
ALEGACIÓNS AS BASES DE CABO DE BOMBEIROS
MANIFESTA:
Que o pasado 9 de marzo achegáronos as bases da convocatoria para a provisión por concurso de méritos de sete postos de cabo do servizo de extinción de incendio e salvamento
Que logo de estudialas facemos as seguintes alegacións:
- A orde valoración dos méritos, debería comezar pola antigüidade, seguida da formación e dos outros méritos igual que se fixo historicamente no resto dos concursos de provisión do concello.
- A antigüidade debería valorar a 0.20 puntos por ano traballado ao igual que se fixo en convocatorias anteriores, coa proposta de 2018, redúcese o tempo necesario para acadar a máxima puntuación a metade. O feito de andar variando o número de anos necesarios para acadar a puntuación máxima en cada convocatoria, parece apuntar a obxectivos concretos.
- Os cursos de igualdade non teñen nada que ver co exercicio da profesión de bombeiro, polo que deberían eliminarse destas bases.
- En canto ao grao de coñecemento do idioma galego, a valoración de 0,70 puntos debería corresponder ao Celga III.
- No apartado dos cursos de formación do Plan de Formación Municipal, debería cambiarse “como máximo” por “con”.
- Debería de unificarse nun só apartado a valoración dos cursos de dentro e de fora do plan municipal de formación, distintos da cualificación formativa II.0. o feito de separalos, pode supoñer que dous aspirantes cos mesmos cursos de formación realizados, tanto en número como en contido, reciban puntuacións diferentes, en función do lugar da realización dos mesmos.
- Os cursos impartidos no Concello, sempre que se ofertaran á totalidade da plantilla, deberían ter máis puntuación que os impartidos fora del.
- Para o persoal que acredite a impartición de cursos fora do Concello, deberá acreditar tamén o cumprimento da lei 53/1984 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
- Non se debería ter en conta o certificado de profesionalidade, pois este non aporta nada, nin á formación nin á capacitación dos bombeiros, polo que resulta innecesario para o exercicio da profesión, non obstante terían máis xustificación engadir o PER ou a titulación de mergullo profesional.
A valoración do desempeño recollida como mérito no artigo 10º do Regulamento de provisión de postos de traballo da administración publica galega, que sería fundamental para un concurso de provisión deste tipo non se pode efectuar, porque o Concello da Coruña non ten implementado ningún tipo de sistema para facelo a pesar da obriga que impón o EBEP.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teñan presentadas as devanditas alegacións
O secretario da sección sindical da CIG
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3311
A CIG rexeita o acordo retributivo para persoal das administracións públicas asinado por CCOO, UGT e CSIF co goberno do PP
PREME AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2140
A suba salarial no sector público só permite recuperar o 0,48% anual, até 2020, do poder adquisitivo perdido
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2241
SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que trala aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) se está a comunicar ao persoal municipal a situación administrativa na que se atopan os/as ocupantes dos postos e as características deles.
Que logo de revisar algunha delas atopamos erros.
Que en 2016, logo de solicitalo en moitas ocasións, dende persoal facilitáronnos a RPT, coa situación administrativa de todos os postos.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos achegue a RPT coa situación administrativa do persoal que o ocupa e as características destes.
A Coruña, 8 de febreiro de 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2330
SOLICITUDE DAS FICHAS DESCRIPTIVAS DAS FUNCIÓNS DOS POSTOS DE TRABALLO
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o pasado 18 de setembro de 2017 solicitamos:
“Que, con carácter de urxencia, se nos faciliten, todas as fichas descritivas das funcións dos postos existentes na última Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada na xunta de goberno local no día 25 de agosto de 2017, foliadas e dilixenciadas.”
Que o pasado 28 de setembro a sección sindical da CIG recibiu un documento que constaba das 334 páxinas das fichas dos Postos de Traballo vixentes á aprobación da nova RPT e de 22 páxinas máis cunha fichas de novas creación.
Que nas novas fichas (22páx) seguen a faltar moitos postos da actual RPT, como por exemplo os dos/as Técnicos/as do Servizo de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, que conta con distintos postos de traballo non identificados no “novo” Manual de Funcións e que perciben distintas retribucións sen xustificación clara.
Que esta falta de identificacións evita esclarecer as diferencias entre postos que aparentemente son idénticos nas súas funcións e competencias profesionais.
Que se están comunicando de maneira individual e a petición dos/as interesados/as, informes dende o servizo de persoal no que se identifican postos e funcións que non están no Manual de Funcións oficial.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se nos faciliten, todas as fichas descritivas das funcións dos postos existentes na última Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada na xunta de goberno local no día 25 de agosto de 2017, foliadas e dilixenciadas.”
No caso de non haber máis que as facilitadas o pasado setembro, solicitamos que se convoque a Mesa Xeral de Negociación e abordar de maneira inmediata a elaboración dun Manual de Funcións que abarque a totalidade dos postos existentes.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2018
- ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2810
COMITÉ DE SAÚDE LABORAL 26 XANEIRO 2018
Bo día todos/as
Logo de un ano e 7 meses do anterior COMITÉ DE SAÚDE LABORAL…Logo de telo solicitado en moitas ocasións pola necesidade de tratar cuestións de gran importancia para a vosa Saúde e Seguridade…Logo das denuncias que fixemos, tanto por rexistradas coma nas distintas Mesas de Negociación… O pasado 26 de xaneiro fomos convocados ao Comité de Saúde Laboral.
Empezaron trasladándonos a acta anterior de maio 2016...non houbo ningún tipo de rubor, nin pola tardanza nin pola longa listaxe de cuestións pendentes a tratar, se ben atenderon algunhas cuestións denunciadas, moitas seguen sendo tratadas a futuro...
Dentro da cantidade de cuestións a tratar, destacamos:
- Sobre as reducións na Produtividade das Incapacidades Laborais(IT), volvemos a recordar a discriminación que existe nas reducións desta retribución ao respecto das Especiais Dedicacións, e que a Produtividade descontase no caso dunha enfermidade grave. Logo dun debate sobre cales se consideran enfermidades graves e moi graves, aprobamos que utilizarase a listaxe do decreto 1148/2011 ,polo que a partir de agora inclúense tamén as enfermidades graves que aparecen no devandito decreto.
- Revisións dos Plans de Autoprotección, logo de detectarse deficiencias importantes en distintos centros de traballo.
- Equipos de Protección Individual(EPIs), chalecos de protección na Policía Local e creación dunha comisión de compras para EPIS en cementerios
- Convocatoria do comité de Riscos Psicosociais(RPS) para establecer un calendario á hora de pasar os test de RPS.
- Inspeccións nalgúns centros para avaliar condicións ambientais.
- Creación dunha comisión con distintas facultades da Universidade da Coruña para facer estudos e propostas de actuación fronte ao Gas Radón.
Esperamos que esta información fora do voso interese.
Un saúdo
A sección sindical da CIG
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2416
Páxina 8 de 23