imprimir

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña e delegado da Xunta de Persoal.

DIGO

  1. Que a sentenza da Sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo de 24 de xuño (rec.1594/2017) establece a obrigatoriedade da publicidade nas convocatorias de provisión de postos de traballo polo sistema de comisións de servizo.
  2. Que a CIG solicitou (agosto 2019 núm rex 27626) para que se aplicaran os fundamentos xurídicos da devandita sentenza, e así evitar a discrecionalidade e o ocultismo co que se nomearon a maioría das comisións de servizo neste concello. O servizo de persoal publicou só algúns destes procesos na súa totalidade, deixando algúns deles nun mero anuncio para presentación de solicitudes e non informando dos nomeamentos, nin das/os adxudicatarias/os nin das datas de inicio destas novas comisións de servizo.
  3. Que ningunha das últimas comisións de servizo están motivadas na urxencia e necesidade, máis tendo en conta a solicitude que a CIG fixo no 4 de outubro de 2019 para que se convocara a fase do concurso que afecta aos subgrupos A2 e A1, porén esta sigue paralizada.
  4. Que segundo a lei 9/1987 de 12 de xuño, dos Órganos de Representación,  no seu artigo 9 di: “As Xuntas de Persoal e os Delegados de Persoal, no seu caso, terán as seguintes facultades, no seus respectivos ámbitos: 1. Recibir información que lle será facilitada trimestralmente sobre a política de persoal do Departamento, Organismo ou Entidade Local.”
  5. Que o pasado 14 de outubro de 2019 solicitamos á dirección de facenda e persoal entre outras cousas: Información  sobre calquera tipo de cambio na situación administrativa do persoal, incluíndo dentro deste concepto comisións de servizo, adscricións provisionais, e traslados dentro dos diferentes postos de traballo sen que medie modificación da situación administrativa. Sen resposta a día de hoxe.

Polo anteriormente exposto

SOLICITA

Que en aplicación da sentenza do punto primeiro se de publicidade a:

Asemade, en base ao artigo 9 da lei 9/1987, reiteramos a petición de:

A Coruña 7 de febreiro de 2020

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: cs
Visitas: 1959