imprimir

EXECUCIÓN SENTENZA COMISIÓNS DE SERVIZO

Aquí tedes a execución da sentenza LIGAZÓN sobre as comisións de servizo, dende a CIG fixemos todo o posible por acabar con esta lacra que vai en contra dos intereses da maior parte do persoal municipal, mentres o concello segue facendo unha aposta clara por non acabar con elas, polos  nomeamentos constantes de novas comisións de servizo LIGAZÓN e pola  paralización da segunda fase do concurso, neste caso agachándose nos recursos a bases que fixeron funcionarios/as para non promover a fase que afecta aos subgrupos A1 e A2, resulta curioso que cando a CIG presentou recurso contra a primeira fase do concurso non houbo ningunha paralización... xa comentamos máis dunha vez como o concello utiliza a prudencia xurídica para paralizar ou non procesos... A DEPENDE... 

SENTENZA CONCURSO 1ª FASE

Tamén queremos informarvos do fallo LIGAZÓN do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en canto ao noso recurso contra as bases do concurso da primeira fase, o concello foi quen de convencer ao tribunal da excelencia dunha bases que premian como mérito o tempo en comisión de servizo ou estar en posesión de titulación non vinculante ao posto de traballo, tamén conseguiu convencelo de que as dúas fases de concurso obedecían en realidade a unha convocatoria para administración xerais na súa primeira fase e a segunda para administración especial, non se sostén este argumento en canto á distinción que fai entre  adm. xeral e especial, ambas convocatorias teñen en maior ou menor medida as tres opcións abertas.

Como último dicir que a sentenza fai mención a unha serie de postos que exclúe por non estar orzados algo imposible de comprobar para nós, non é posible determinar que postos están orzados dende o cadro de persoal, nas Mesas Xerais de Negociación sempre a CIG sempre queixase da documentación pouco clara que se entrega dende o servizo de persoal, podedes comprobar a importancia que ten isto agora.

A pesar de que non estamos satisfeitos co resultado das nosas denuncias, dicirvos que dende a CIG seguiremos traballando para evitar os abusos ao que nos ten acostumado este concello e volvermos a presentar as denuncias pertinentes cando así o consideremos.

 

Categoría: cs
Visitas: 616