imprimir

Para algunhas persoas as Comisións de Servizo son recorrentes, o caso que imos narrar é dun funcionario que conta con tres nomeamentos en CS, primeiro saltando do orixe  ao posto 1884, despois ao posto 1882 e finalmente ao 1881 (colgan xerarquicamente entre eles), só cun impas na situación de CS entre o 1882 e 1881, entre abril de 2019 a xullo de 2020, tempo no que debería retornar obrigatoriamente ao seu posto orixe (delineante) por mor dunha promoción interna ao grupo B, poren estivo estes 15 meses sen exercer ese posto, ocupado en tarefas supoñemos que do posto 1882. A carreira administrativa a través de comisións de servizo deste funcionario, non a desfrutaron o resto de delineantes, a pesar de que este foi o último en ter en propiedade un posto de nivel 18.

Os procesos non estiveron carentes de polémica, no xulgado dende 2018 en dúas denuncias distintas que remataron no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza:

 

A PRIMERIA  DESCOÑECIDA ATA A SENTENZA DA Cont.Adm. 134/18

Era coñecido que este funcionario,  exercía funcións na vía pública en contraposición das que realizaban o resto de delineantes, o que non sabíamos era o motivo (tivemos constancia pola documentación que persoal achegou ao xulgado logo dun apercibimento do propio xulgado por non entregala) , estaba en COMISIÓNS DE SERVIZO no posto Engdo Insp Vía Publica (co código na actual RPT 1884) e que tiña un plus de TC, segundo a taboa de 2021 máis de 54.62€ mes, respecto ao posto en propiedade.

Nota:  supoñemos que o posto ocupado corresponde actualmente co 1884 e non co  1883 pois non existían códigos antes da RPT anterior ao 2017, facemos esta suposición porque na primeira fase de concurso incluíron o 1883 por estar ocupado en CS e este funcionario xa ocupaba o 1882, en todo caso ou o 1884 ou o 1883.

 

A SEGUNDA  DAS URXENCIAS, DA OPACIDAD E DAS CONFUSIÓNS QUE SE CONVERTEN EN MENTIRAS

Este funcionario, non sendo un dos funcionario de careira con maior antigüidade do seu servizo, nin do seu posto, nin do seu subgrupo, no 2014 e sen mediar publicidade foi nomeado en comisión de servizo por segunda ocasión no posto 1882 Encargado de Vía Pública que tiña como requisito de acceso ter a titulación de Delineante, no informe aparece o recurrente argumento de urgente necesidade da cobertura do posto”. Nesta ocasión a diferencia salarial respecto ao Delineantes foi (sobre taboa de 2021 a da CD +50€ e da ED 564,20€ ) de mais de 500€ (se restamos os 95€ de productividade). Curioso tamén que na modificación da RPT de 2017 eliminaron o requisito de acceso da titulación de Delineante para o posto 1882, asemade engadiron formación complentaria Crtl Arqueolóxico e Tec PRL, ista formación non existía na anterior RPT de 2014 cando accedeu o funcionario en CS. .

É importante sinalar que en paralelo a un proceso de promoción interna do C1 ao B para o corpo de Delineantes que cumpriran requisito de titulación , a maioría dos/as delineantes/as promocionados/as participaron na primeira fase do concurso en postos de vía publica,  postos 1883, 1885 e 1886..., pero non o puideron facer no 1882 porque naquel momento o Goberno Municipal eliminouno da PRIMEIRA FASE DE CONCURSO, a pesar de que este posto estaba afectado pola sentenza das CS que declaraba ilegais as que superasen os dou anos. A CIG denunciouno no xulgado, na sentenza do Cont. Adm. núm 3 do 7 de maio 00103/2019, se aprecia na defensa municipal que xoga a confundir entre ADM XERAL e ADM ESPECIAL:

“…las dos primeras estaban definidas en la relación de puestos de trabajo como pertenecientes a la escala de Administración Especial, de modo que como aquella convocatoria se refería a puestos de trabajo de la escala de Administración General, no era en ella donde se tenían que incluir (al parecer, está prevista una convocatoria especial para aquellos puestos de trabajo vacantes). Y en cuanto a las otras tres, no se trataba de puestos de trabajo vacantes, sino que pertenecían a titulares que se encontraban en comisión de servicios en otros puestos de trabajo, de modo que tampoco se podían incluir en la referida convocatoria.  Por todo ello se tiene que desestimar esta pretensión y, con ella, la totalidad del recurso.”

É falso que o CONCURSO foxe dividido en ADM ESP E XERAL, a realidade e que todos/as coñecedes é que está dividido entre os grupos A na SEGUNDA fase e o resto da PRIMEIRA que foi a recorrida.

A CIG recorreu a sentenza, na do TSXG 000148/2020 de 15 de maio de 2020 (no inicio da pandemia) pois ben agora o argumento usado pola asesoría xurídica municipal é: “...Seguidamente se refiere la apelación a ocho puestos de trabajo de los que la Administración rechaza su oferta porque, aunque están vacantes, no están presupuestados

Incluso nos afea a sentenza:  En esa alegación se aprecia una confusión entre los conceptos de relación de puestos de trabajo y plantilla.

Para concluir: Por tanto, es perfectamente factible que puestos que figuran como vacantes en la RPT no estén presupuestados, que es lo que ocurre en el caso presente con aquellos ocho puestos, tal como se ha justificado por el Concello de A Coruña.” A CIG sempre se queixou da falta de información que se nos facilitaba sobre o cadro de persoal, non ía ser unha excepción neste litixio e xogaron a trileros cos postos vacantes e orzados.

A pesar do vertido no sentenza e en concreto do posto 1882, este estaba ocupado no momento do RECURSO de REPOSICIÓN da CIG en xuño de 2018 e tamén no momento da presentación do Contencioso Administrativo o 16 de xaneiro de 2019, polo tanto orzado no 2019.

É de coñecemento público que na propia asesoría xurídica hai persoal en CS e ten a obrigación de presentarse ao CONCURSO,  polo tanto coñecen o contido das BASES, deberíamos preguntarnos, Quen marca as liñas de defensa en materia de persoal neste concello?

 

ENTRE A SEGUNDA E A TERCEIRA  MANTENSE O TRATO DIFERENCIAL ENTRE IGUAIS

En 2019 a totalidade de Delineantes que reunían o requisito de titulación, promocionaron do subgrupo C1 ao grupo B, tomando posesión do mesmo a todos os efectos o 26 de marzo de 2019, o funcionario do que falamos estaba entre este grupo, polo que automaticamente tivo que cesar no posto 1882 na toma de posesión como de Tec. Sup. En Delineación encadrado entre os postos 1896 e 1902, algo que fixo a nivel burocrático, pero non de maneira efectiva, seguiu realizando labores relacionadas co anterior posto na vía pública, todo consentido ou promovido por quen ostenta a xefatura de servizo de infraestruturas  e que está detrás de informes que avalan as últimas COMISIÓNS DE SERVIZO no 1882 e 1881 (o servizo de persoal avalía esta forma de proceder).

Como comentamos no anterior apartado, o grupo de Delineantes ca titulación requirida foi promocionado ao grupo B en 2019, foi froito da presión que fixeron ao presentarse masivamente á PRIMEIRA fase do CONCURSO (curioso que si foran admitidos/as nesta fase sendo de adm. especial en contra do que afirma o letrado municipal na sentenza) na que optaban entre outros aos postos de Inspección en Vía Pública, no servizo de persoal deberon pensar erroneamente que ao pasar a un grupo superior quedaban excluídos inmediatamente do CONCURSO.

Quedará como anécdota do trato que se da a outras persoas, que o 2 de abril de 2019 os/as Delineantes/as, xa no grupo B, que solicitaron participar na fase de CONCURSO onde se ofertaron os postos mencionados, foron convocados  pola que por aquel entón era xefa do servizo de Persoal, nesa xuntanza comentoulles que xa tiñan alcanzado o grupo B e pregúntolles se querían renunciar a participar (non os podía obrigar)  na PRIMEIRA fase do CONCURSO, algún asistente antes de asinar unha folla de renuncia que traía preparada a xefa de persoal, pediulle unha boa valoración do posto de Téc. Sup. en Delineación por agravio comparativo cos postos aos que se optaba no concurso que carecían de especialización pero que tiñan complementos superiores, a xefa de servizo de Persoal recoñeceu aquel día o mal valorado deste posto, todos accederon a renuncia á espera dunha nova valoración (dous xubiláronse e algún está próximo)

 

A TERCEIRA CS ANULADA NO TSXG

O  terceiro posto en CS foi o de Tec de Protecc e Patrimonio (ref 1881) este encadrado no grupo B e de nivel 22, o nomeamento en CS foi moi controvertido pois foi creado no 2017 pola necesidade de crear un perfil técnico na RPT e realizar, de xeito efectivo, o mantemento do Patrimonio Arqueolóxico, este posto foi convocado en comisión de servizos 10 de xullo de 2020, 4 días despois o 14 de xullo de 2020 o BOP publica a listaxe de postos da segunda fase de CONCURSO, foi recorrido por nós, a sentenza do TSXG 00363/2022   anula o proceso porque desta comisión de servizo, non acepta o argumento de que a comisión de servizos fora posterior á publicación do concurso, En el caso presente, resulta indudable la cercanía entre las fechas de convocatoria del concurso e inclusión en el de plazas vacantes con la convocatoria para la cobertura del puesto en cuestión...

Quixeron novamente evitar introducilo no CONCURSO como fixeron na anterior fase pero non lles saíu ben nesta ocasión, debían ter moita presa por outorgar a CS.

 

DA CREACIÓN DO POSTO EN CANTO AS COMPETENCIAS DE TITULACIÓN

O posto 1881 foi creado na RPT de 2017, no informe deste novo posto foi  o Proyecto marco de Mantenimiento y Conservación de yacimientos arqueológicos do Concella da Coruña. O 1881 asemade que o 1882 ten como formación complentaria Ctrl Arqueolóxico, (formación á que poido acceder o funcionario elixido a través da formación municipal no período 2014 a 2019?)  Este posto ten nivel 22, un plus TC e un Factor de Responsabilidade 9, son 323€ respecto ao resto de Técnicos Superiores en Delineación, asemade da contía económica sumaría méritos (por dous anos) no posto cara a un futuro concurso.

Imos as funcións deste posto, que no informe para incluílo na RPT especifica: “será o apoio técnico do xef de unidade e que avaliará as posibles afeccións ao patrimonio municipal, emitindo informes técnicos necesarios, valoracións de danos, redacción de memorias valoradas, etc.”

Por outra banda a Lei 2/2015 de Emprego Público de Galiza que especifica as Escalas, Grupos e Especialidades cas súas funcións e titulacións, concretamente na especialidade de “Bens artísticos e arqueolóxicos” na Disposición adicional octava están:

O encadrado no A2, parece coincidir cas funcións do informe que o crea este posto 1881 na RPT de 2017, o que non figura nestas funcións son as que a Lei 2/2015 ten para Delineantes e que limita claramente:

Para nós, forzouse a creación deste posto en canto ao barrado dos grupos A2/B, mestura 3 titulacións para o acceso, as B04 un FPII e as de 4403 E 4404 Diplomaturas en Belas Artes e en Historia do Arte respectivamente, claramente a de FPII non cumpre o requisito legal na ESPECIALIDADE DE BENS ARTÍSTICOS E ARQUEOLÓXICOS da Lei 2/2015.

O funcionario que accedeu ao posto 1881  o fixo pola súa titulación de acceso á administración pública , a de FPII e non as outras que figuran na RPT, Diplomaturas en Belas Artes ou Historia do Arte (da que sabemos cursou), é irrelevante na administración posuír outra titulación no exercicio do posto, claro está que sempre queda unha promoción interna... que cada quen pense o que considere.

 

O NOMEAMENTO O QUE COÑECEMOS DO PROCESO ATA QUE SE RESOLVA NO XULGADO

En canto o proceso de selección, por mor da sentenza do SUPREMO de 24 de xuño de 2019 (xa gobernaba o PSOE en solitario) rec.1594/2017 establece a obrigatoriedade da publicidade  nas convocatorias de provisión de postos de traballo polo sistema de comisión de servizo. Pola información dun interesado no proceso e que ocupa en propiedade un posto de Xefatura de Delineación 1198 con nivel 20 , podemos afirmar que o funcionario elixido para o posto ten menor nivel consolidado (2 menos) e  menor antigüidade (13 anos en concreto) no Concello que este outro candidato, non sabemos se houbo mais candidatos,  de momento descoñécense os criterios de selección se é que os houbo. O sindicato CIG ten unha sentenza que obriga a facilitar esta información 00017/2022, está recorrida polo Concello da Coruña.

Este nomeamento está afectado por dúas sentenzas, a do TSXG que anula o proceso e a que obriga a facilitar a información.

 

CONCLUSIÓNS

Para a CIG, modificaron ad hoc a RPT e preparan os tempos para as COMISIÓNS DE SERVIZO ou CONCURSOS (excluíndo os postos) e así evitarlle competencia con outros/as candidatos/as mentres aumenta méritos cara a un nomeamento definitivo, recordamos novamente que o tempo en CS suma como mérito en dous anos cara a concursos futuros. Recordar que non é o primeiro posto que sendo ocupado por este delineante é modificado na RPT a posteriori sen, que para nós exista a xustificación pertinente, pero o papel o aguanta todo se ven precedido pola, POTESTADE AUTOORGANIZATIVA, revisando o histórico, non sería  raro unha modificación deste posto ou porqué non unha promoción interna do B ao A2, con bases que poderían supoñer vantaxe sobre o resto pola particularidade da titulación solicitada e posible consolidación de niveis.

Se ben é certo que o contando nesta información forma parte dunha traxectoria en COMISIÓNS DE SERVIZO con distintos gobernos municipais, a diferencia co actual GOBERNO SOCIALISTA é:

 

O RESUMO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL EN POSTOS DECLARADOS ILEGAIS OU ANULADOS OS PROCESOS DE CS (xa comentado no corpo do correo)

Sobre os postos ocupados en Comisións de Servizos nunha década por este funcionario e que colgan xerarquicamente entre eles e que algún foi modificado unha vez ocupado por este funcionario en canto a titulación ou formación:

Categoría: cs
Visitas: 852