O NOSO COMPROMISO

Defenderemos coa contundencia que nos define, a igualdade de trato entre todo o persoal do Concello da Coruña, con independencia da súa categoría profesional ou do servizo onde desenvolva os seus cometidos.

COMISIÓNS DE SERVIZO vs CONCURSO

Consideramos o concurso como o único sistema aceptable para a cobertura dos postos vacantes e consecuentemente loitaremos, como ate agora, contra a utilización fraudulenta das comisións de servizo e das adscricións provisionais

CARREIRA PROFESIONAL

A carreira profesional é un dereito dos/as empregados/as públicos/as e a súa implantación é unha obriga que a lexislación vixente impón as diferentes administracións. Cada día que se perda por non implementala, supón un novo agravio retributivo ao persoal do concello. Pularemos pola negociación dun regulamento que, xa sexa con carácter provisional ou definitivo, poidamos avanzar cara ao futuro.

VIXILANCIA DA SAÚDE LABORAL

Enfrontaremos con firmeza e determinación a problemática existente en materia de prevención de riscos laborais, mostrando unha especial atención aos riscos psicosociais e a vixilancia da saúde, poñendo a lupa no asunto do gas radón

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT)

Creemos que un obxectivo prioritario do novo período debe ser a confección dunha nova RPT, que partindo de cero reordene e unifique a disparidade de retribucións de postos de traballo con identidade de funcións e cometidos, que desagregue os diferentes factores que compoñen o FR e que aclare dunha vez o concepto de Especial Dedicación. Todo isto con criterios claros, sostibles tecnicamente e de aplicación universal.

FORMACIÓN

Darémoslle prioridade, como fixemos ate o de agora, as propostas que nos fagades chegar e negarémonos a avalar as propostas formativas de carácter anual que non cumpran cos criterios de universalidade e equidade no reparto e distribución das accións formativas.

Por todo isto

NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS SINDICAIS O 23 de Maio VOTA CIG