imprimir

José María Calatayud Sánchez co DI 18164080Z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

COMUNICA

 Que dende fai moito tempo hai unha falta de persoal nas unidades de estatística e padrón que prestan atención ao público.

Que non nunca existiu un cadro de quendas do funcionariado no caso de rotacións entre as unidades de estatística e padrón de María Pita, Ágora e Fórum

Que o pasado 14  de xuño de 2017 a xefatura de servizo de interior decidiu centralizar a tramitación de expedientes de inscrición ou modificación do Padrón en María Pita, o argumento para este cambio foi o de axilizar e mellorar a atención ao público e evitar as grandes colas que se producían nos rexistros do Ágora e do Fórum.

Que esta nova organización fíxose coincidindo no inicio da xornada de verán do funcionariado, algo que que a Xefa de Servizo utiliza como argumento para rebaixar a carga de traballo.

Que si sumamos que agora unha única oficina encargase do traballo que antes facían tres e que durante a xornada de verán hai menos tempo para facelo, o resultado non pode ser outro que o que está a acontecer... masificacións, longas esperas e máis carga de traballo en María Pita.

Que non temos constancia de que se reforzara con persoal, ou se foi así, non deu o resultado esperado.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO

Que se reforce con máis persoal a unidade de estatística e padrón e se avalíe polos responsables do servizo de interior, se este cambio foi acertado ou non.

A Coruña 10 de agosto de 2017

Categoría: INICIO
Visitas: 1408