imprimir

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

COMUNICA:

Que o pasado 18 de setembro de 2017 solicitamos:

 “Que,  con carácter de urxencia, se nos faciliten, todas as fichas descritivas das  funcións dos postos existentes na última Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada na xunta de goberno local no día 25 de agosto de 2017, foliadas e dilixenciadas.” 

Que o pasado 28 de setembro a sección sindical da CIG recibiu un documento que constaba das 334 páxinas das fichas dos Postos de Traballo vixentes á aprobación da nova RPT e de 22 páxinas máis cunha fichas de novas creación.

Que nas novas fichas (22páx) seguen a faltar moitos postos da actual RPT, como por exemplo os dos/as Técnicos/as do Servizo de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, que conta con distintos postos de traballo non identificados no “novo” Manual de Funcións e que perciben distintas retribucións sen xustificación clara.

Que esta falta de identificacións evita esclarecer as diferencias entre postos que aparentemente son idénticos nas súas funcións e competencias profesionais.

Que se están comunicando de maneira individual e a petición dos/as interesados/as, informes dende o servizo de persoal no que se identifican postos e  funcións que non están no Manual de Funcións oficial.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se nos faciliten, todas as fichas descritivas das  funcións dos postos existentes na última Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada na xunta de goberno local no día 25 de agosto de 2017, foliadas e dilixenciadas.”

No caso de non haber máis que as facilitadas o pasado setembro, solicitamos que se convoque a Mesa Xeral de Negociación e abordar de maneira inmediata a elaboración dun Manual de Funcións que abarque a totalidade dos postos existentes.

A Coruña, 26 de xaneiro de  2018

 

 

 

 

 

 

  1. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
Categoría: INICIO
Visitas: 1509