MANIFESTA:

Que o pasado 9 de marzo  achegáronos  as bases da convocatoria para a provisión por concurso de méritos de sete postos de cabo do servizo de extinción de incendio e salvamento

Que logo de estudialas facemos as seguintes alegacións:

  • A orde valoración dos méritos, debería comezar pola antigüidade, seguida da formación e dos outros méritos igual que se fixo historicamente no resto dos concursos de provisión do concello.
  • A antigüidade debería valorar a 0.20 puntos por ano traballado ao igual que se fixo en convocatorias anteriores, coa proposta de 2018, redúcese o tempo necesario para acadar a máxima puntuación a metade. O feito de andar variando o número de anos necesarios para acadar a puntuación máxima en cada convocatoria, parece apuntar a obxectivos concretos.
  • Os cursos de igualdade non teñen nada que ver co exercicio da profesión de bombeiro, polo que deberían eliminarse destas bases.
  • En canto ao grao de coñecemento do idioma galego, a valoración de 0,70 puntos debería corresponder ao Celga III.
  • No apartado dos cursos de formación do Plan de Formación Municipal, debería cambiarse “como máximo” por “con”.
  • Debería de unificarse nun só apartado a valoración dos cursos de dentro e de fora do plan municipal de formación, distintos da cualificación formativa II.0. o feito de separalos, pode supoñer que dous aspirantes cos mesmos cursos de formación realizados, tanto en número como en contido, reciban puntuacións diferentes, en función do lugar da realización dos mesmos.
  • Os cursos impartidos no Concello, sempre que se ofertaran á totalidade da plantilla, deberían ter máis puntuación que os impartidos fora del.
  •  Para o persoal que acredite a impartición de cursos fora do Concello, deberá acreditar tamén o cumprimento da lei 53/1984 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
  • Non se debería ter en conta o certificado de profesionalidade, pois este non aporta nada, nin á formación nin á capacitación dos bombeiros, polo que resulta innecesario para o exercicio da profesión, non obstante terían máis xustificación engadir o PER ou a titulación de mergullo profesional.

 

A valoración do desempeño recollida como mérito no artigo 10º do Regulamento de provisión de postos de traballo da administración publica galega, que sería fundamental para un concurso de provisión deste tipo non se pode efectuar, porque o Concello da Coruña non ten implementado ningún tipo de sistema para facelo a pesar da obriga que impón o EBEP.

 

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teñan presentadas as devanditas alegacións

O secretario da sección sindical da CIG