CONTESTACIÓNS AS ALEGACIÓNS DAS BASES DE CABOS DO S.E.I.S.

Aquí tedes as contestacións as nosas alegacións ás Bases de Cabos, nesta información intentamos aclarar que parte é estimada e cal non, pois as vagas contestacións da xefatura de persoal dificulta a comprensión do que a CIG ten solicitado:

CORREO ELECTRÓNICO DA XEFATURA DE PERSOAL ÁS ALEGACIÓNS DE BASES DE CABOS DE BOMBEIROS:

Boas tardes

Remítovos as bases para a provisión de sete postos de cabos, onde se recollen algunhas das alegacións formuladas polas seccións sindicais, nos seguintes termos:

- Modifícase a puntuación máxima do concurso de 16 a 20 puntos, polo que cambian tamén as puntuacións máximas e mínimas de cada apartado. NON O SOLICITOU NINGUÉN

- Apartado de formación: inclúense neste apartado tres subapartados: nivel formativo II, cursos dentro do plan de formación e cursos fose do plan de formación. O único apartado que leva puntuación máxima é o do nivel de cualificación formativa II. Os outros dous apartados non levan puntuación máximo, englobándose por tanto na puntuación máxima do apartado de formación. Neste apartado, acéptanse dúas alegacións formuladas pola sección sindical CIG.

- Apartado de antigüidade: Mantense a puntuación de 0,40 puntos por ano neste apartado pero auméntase a puntuación máxima a 7.2 puntos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación da sección sindical CIG que solicitaba o aumento de anos de prestación de servizos a baremar neste apartado.

- Apartado de grao de coñecemento de galego: Increméntase a puntuación para axustala aos limítes do 40% e do 10%,na correspondente porcentaxe. Corríxese un erro na escritura respecto ao CELGA III, recollido tamén nas alegaciónsde CIG.

- Apartado doutros méritos: Inclúense aquí os subapartados de cursos de igualdade, impartición de cursos e certificado de profesionalidade. Auméntanse as puntuacións para chegar á puntuación máxima deste apartado pero diminúese a puntuación dada aos cursos de igualdade, co correspondente rebaixe na porcentaxe de puntuación deste apartado sobre puntuación global do apartado doutros méritos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación formulada pola sección sindical CSIF.

O resto das alegacións desestímanse.

 

Aclaración do que estimaron e modificaron:

ESTIMADA, DESTIMADA, MODIFICADA

 

Sobra modificación máxima de 16 a 20 puntos non foi solicitado por ninguén. 

Orde de valoración

  • A orde valoración dos méritos, debería comezar pola antigüidade, seguida da formación e dos outros méritos igual que se fixo historicamente no resto dos concursos de provisión do concello. MANTEÑEN A ORDE QUE É CONTRARIA Á APROBADA NA MXN DO PASADO 27 DE ABRIL PARA AS BASES XENÉRICAS

Formación baixan dun 47% a un 40%

  • No apartado dos cursos de formación do Plan de Formación Municipal, debería cambiarse “como máximo” por “con”.
  • Debería de unificarse nun só apartado a valoración dos cursos de dentro e de fora doplan municipal de formación, distintos da cualificación formativa II.0. o feito de separalos, pode supoñer que dous aspirantes cos mesmos cursos de formación realizados, tanto en número como en contido, reciban puntuacións diferentes, en función do lugar da realización dos mesmos.
  • Os cursos impartidos no Concello, sempre que se ofertaran á totalidade da plantilla, deberían ter máis puntuación que os impartidos fora del. AUMÉNTASE EN +0.15
  • Para o persoal que acredite a impartición de cursos fora do Concello, deberá acreditar tamén o cumprimento da lei 53/1984 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. DESESTIMAN ESTA ALEGACIÓN

 Antigüidade suben dun 31.25% a un 36%

  • A antigüidade debería valorar a 0.20 puntos por ano traballado ao igual que se fixo en convocatorias anteriores, coa proposta de 2018, redúcese o tempo necesario para acadar a máxima puntuación a metade. O feito de andar variando o número de anos necesarios para acadar a puntuación máxima en cada convocatoria, parece apuntar a obxectivos concretos. AUMENTAN O VALOR NESTE APARTADO, PERO PASAN DOS 25 ANOS NECESARIOS PARA O MÁXIMO NO ANTERIOR PARA DEIXALO EN 18 ANOS

Galego suben dun 10% a un 14%

  • En canto ao grao de coñecemento do idioma galego, a valoración de 0,70 puntos debería corresponder ao Celga III. APROVEITAN UN ERRO MATERIAL DELES PARA SUBIR O VALOR NESTE APARTADO E QUE A CIG NON SOLICITOU

Outros méritos baixan dun 11,25% a un 10%

  • Os cursos de igualdade non teñen nada que ver co exercicio da profesión de bombeiro, polo que deberían eliminarse destas bases. SE LIMITAN A REBAIXAR DE 0.55 A 0.45 O MÁX NESTE PUNTO, HOUBO UN ACORDO EN MXN PARA QUE ESTOS CURSOS E OS DE PRL FORAN OBRIGATORIOS PARA TODO O PERSOAL, POLO TANTO NON PODEN SER PUNTUABLES.
  • Non se debería ter en conta o certificado de profesionalidade, pois este non aporta nada, nin á formación nin á capacitación dos bombeiros, polo que resulta innecesario para o exercicio da profesión, non obstante terían máis xustificación engadir o PER ou a titulación de mergullo profesional. NON SE ESTIMA E AUMENTASE +0.15 O CP

 

 Informámosvos que hoxe solicitamos que estas Bases de Concurso, se adecuaran ás que se aprobaron o pasado 27 de abril en Mesa Xeral de Negociación