Hai moito tempo que o servizo de persoal leva modificando os criterios nas distintas de bases de provisión de postos (concurso, promoción ou acceso) nalgúns casos sen petición previa por parte dos/as representantes dos/as traballadores/as e sen aclaración dos motivos polos que se cambiaban, recordámosvos os que tivemos nos últimos tempos:

2016

Bases de promoción interna á Sarxento do S.E.I.S. a pesar da ser coñecedores de que ían en contra da legalidade vixente, propuxeron pechar unha promoción ao subgrupo C1, só a Cabos impedindo a participación dos Bombeiros, ambos  encadrados no subgrupo C2 . A avertencia da CIG de que acudiría ao xulgado foi o que lles fixo rectificar  LIGAZÓN. Aclarar que mentres este colectivo non dispoña dunha regulamentación propia, terá que rexerse polos sistemas que regulan ao resto do persoal municipal.

Bases de arquitectos/as interinos/as con retribucións superiores a postos da RPT, mostramos o malestar na MXN do 25 de novembro LIGAZÓN,  pero nesta ocasión sen posibilidade de recorrer ao xulgado, nin polo nivel CD24, nin polo temario que carecía de referencias ao PXOM co argumento de que a selección era para un programa concreto de Xustiza Social, a pesar diso este proceso foi utilizado posteriormente para a selección destes/as profesionais, tanto en medio ambiente, como no servizo de urbanismo, no que o coñecemento do PXOM é fundamental.

2017

Bases de 8 procesos selectivos ás que presentamos alegacións LIGAZÓN  entre elas merecen especial atención as de acceso a  TAS e que foron paralizadas pola CIG no xulgado LIGAZÓN  

A outra xestión destacada foi a das de Cabo de Bombeiros, neste caso polo ninguneo que ven sendo algo habitual cara ás alegacións que rexistra a CIG, así o denunciabamos no resumo da MXN do 18 de decembro LIGAZÓN

2018

E volta outra vez cos Cabos...a pesar da suposta urxencia para a cobertura de prazas de Cabos , 11 meses despois achegáronnos unhas Novas, modificadas substancialmente pola concelleira e obviando a última proposta sen ningún tipo de negociación polo medio...non é de recibo que se modifiquen constantemente, porque da a sensación de que tantos cambios son “ad persónam” e crea inseguridade na planificación da carreira profesional do Parque.

Sobre a última “versión” das bases de Cabos presentamos outras alegacións no pasado marzo coa conseguinte valoración  LIGAZÓN  . A estas últimas alegacións fomos contestados sobre os cambios, dunha maneira moi pouco clara, mesturando cuestións non solicitadas nos mesmos parágrafos de alegacións aceptadas á CIG LIGAZÓN, isto creou máis controversia da que xa había.

A última contestación as nosas alegacións de bases, foron as de acceso para unha praza de Técnico de Residuos, nesta contestación nomean a CIG nunha serie de reclamacións realizadas por particulares e colexios oficiais, no que ao noso entender é un novo intento de agachar canta labor sindical da CIG sexa posible, algo que así lle fixemos ver na pasada MXN a quen asina estas notificacións LIGAZÓN