imprimir

 José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-Z  e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

 

MANIFESTA:

 

Que despois de ter recibido as propostas de bases que a continuación se relacionan:  OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17, TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS)  C.E. 16, TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016, TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017, ARQUITECTO C.E. /16, TECNICO MEDIO DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17 TECNICA MEDIA DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17

Despois de examinalas coa debida atención non podemos evitar facer as seguintes

ALEGACIÓNS:

XENÉRICAS:

  1. Determínase como nivel mínimo de coñecemento do lingua galega o Celga IV para tódalas prazas ofertadas con independencia do grupo de titulación e dos cometidos que teñen que desenvolver. O lugar onde se ten que determinar o nivel de coñecemento da lingua adecuado ao posto é na RPT e non nunhas bases de convocatoria específica.
  2. O nivel de coñecemento da lingua non pode ser determinado polo tribunal na proba a realizar para quen non teña o Celga IV, deberá adecuarse ao nivel do Celga requirido como requisito para ser equiparable e non resultar discriminatorio.
  3. Tratar o manexo de aplicacións informáticas como un mérito e non como un requisito e incluílo dentro da fase de oposición podería traer como consecuencia que accedera á praza en cuestión alguén con nivel cero de coñecementos nesta materia. Os coñecementos do uso de aplicacións informáticas ou forman parte dos méritos na fase de concurso ou deberían demostrase dentro da proba practica da fase de oposición. En todo caso na fase de oposición non debe haber exercicios non eliminatorios.
  4. Debería eliminarse de tódolos textos a frase: “ O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima”, esta xa ven suficientemente determinada na aplicación das bases e a aplicación de criterios distintos en cada proba podería alterar o resultado final e a ponderación do peso determinado nas bases para cada unha delas ao impedir que, alguén que matematicamente superara o 50 % dunha proba, ao ser este limite elevado polo tribunal, non puidera acceder á seguinte ou impedira que se puidera computar a fase de concurso.

ESPECÍFICAS:

OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17

  1. No apartado a) da fase de concurso na xustificación dos méritos non se ten en conta nin a diversidade de RPT nas diferentes administracións locais, nin a escandalosa falta destas en moitos concellos pequenos, nin a multiplicidade de tarefas que se lle encomendan ao persoal laboral ao servizo destas, o que fai que moitas veces non coincidan o denominación dos postos coas tarefas descritas no punto 2 destas bases.

Para solucionar este inconveniente e aproveitando que nas bases veñen descritas as funcións do posto obxecto da convocatoria, debería de admitirse como xustificante da experiencia profesional, ademais do determinado no apartado 8.1, a), certificación de ter desenvolvidas as tarefas que están descritas no apartado 2 destas bases. De non aceptarse esta alegación non se valoraría na súa xusta medida  o traballo realizado por algúns axudantes do cemiterio que para compensar a falta de oficiais están executando esta labor de xeito voluntario, enviándolles unha mensaxe bastante negativa.  

  1. Na descrición do posto realizada no punto 2, dotación económica, figuran como requisitos específicos titulacións técnicas que non están na RPT en vigor, en concreto 4301-02, 4306. Débense eliminar.

TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS)  C.E. 16

A denominación do posto e a titulación requirida non se axusta ao recollido na RPT, o posto se denomina Técnico Medio de Mobilidade e os requisitos de titulación son 4301-02; 4306. Débese adecuar a titulación requirida e a denominación do posto ao recollido na RPT vixente.

TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016

Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza. Consideramos que esta formación non ten relación co posto de traballo obxecto da convocatoria. Se fose necesario ter coñecementos de linguas estranxeiras deberían formar parte dos requisitos do posto. Deberíase eliminar o coñecemento de linguas estranxeiras dos méritos do concurso.

TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017.

  1. O posto de traballo vinculado a esta praza non está previsto para ser un posto de acceso por iso ten nivel de CD 24 e esta aberta a AG/AE. A cobertura deste posto debe ser por provisión e non por acceso.
  2. Se piden requisitos de titulación e nivel do idioma inglés que non constan na descrición do posto na RPT, estanse utilizando unhas bases especificas para modificar os requisitos dun posto de traballo, os requisitos para o desempeño deste posto de traballo non poden ser distintos dos recollidos na descrición que figura na RPT vixente.
  3. Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza pero ao contrario que nas bases de Técnico Superior de A.E. so se valora o nivel C e se esquece do nivel B, isto pode ser un erro inducido por facer do nivel B2 de inglés un requisito e non un mérito. Neste suposto ao ser o posto ligado a praza o de T.Sup. Prox. Europeos si consideramos que os idiomas teñen que ver co posto de traballo pero so se deberían valorar os idiomas  propios dos países que forman parte da  Unión Europea.
  4. No apartado 7.2 fala de catro exercicios e son 

 

TECNICA MEDIA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (TECNICA MEDIA DE INCLUSIÓN SOCIAL) C.E./16.

A este respecto so mencionar a sentenza 00206/2017 do  procedemento abreviado nº187/2017  que no seu fallo di “Que debo estimar el recurso administrativo interpuesto por Confederación intersindical Galega-CIG contra Ayuntamiento de A Coruña representado por la letrada del Ayuntamiento de A Coruña sobre personal declaro la nulidad de la resolución recurrida en concreto la base tercera A) de la convocatoria recurrida al requerir titulación genérica para su acceso y no titulaciones especificas –que según el Plan Bolonia- estarían vinculadas al ámbito social al estar cualificada la plaza convocada de administración especial en la RPT.”

En atención a esta sentenza deberanse eliminar as titulacións de carácter xenérico e incluír as titulación as de carácter social.

 

A Coruña,22 de maio do 2018

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: INICIO
Visitas: 3313