Diante do incremento da campaña desinformativa levada a cabo polos sindicatos asinantes do chamado “Acordo de Policía” do ano 2009, CSIF,UGT E CCOO, campaña que non é puntual  senón sistémica dende o primeiro minuto en que nos negamos a asinar ese acordo, vémonos na necesidade de trasladarvos o relato dos feitos para que sexades vos mesmos os que tiredes as conclusións que consideredes oportunas.

No ano 2006 a CIG reúnese con CSIF para acordar o inicio das accións necesarias para conseguir que no Concello da Coruña se fixera unha Relación de Postos de Traballo (RPT) que mellorase os precarios salarios que tíñamos a totalidade dos/as empregados/as do noso Concello. Convén recordar que con anterioridade se tiñan producido mobilizacións de policías e bombeiros, cada seu pola súa conta, sen que tiveran resultado algún.

Aquel acordo inicial do ano 2006, tiña dous obxectivos: Conseguir sinaturas de apoio do persoal municipal e implicar ao resto dos sindicatos. Dous delegados, un da CIG e outro da CSIF, conseguiron arredor de 800 sinatura de empregados/as do Concello apoiando a realización dunha RPT. Armados deste documento e xa co apoio de CCOO e UGT, solicitamos do goberno do PSOE que realizase unha RPT. A unidade sindical durou ben pouco; a UGT desmarcouse do resto e pactou pola súa conta e co PSOE unha RPT que non satisfixo a ninguén, dando comezo ao conflito.

O obxectivo dos dous colectivos máis combativos, policías e bombeiros, era chegar aos mil cincocentos € de salario; e na procura deste obxectivo mantívose o conflito que durou cerca dos dous anos. É de salientar que non todos tiveron a mesma determinación de loitar ate acadar este obxectivo; e é de xustiza recordar que a sección sindical de CCOO, a pesares das presións dos responsables na comarca, mantivo o seu compromiso ate o final sen fraquezas.

Coa perda da maioría absoluta do PSOE, nas eleccións do 2007, e a conformación do bipartito (PSOE-BNG) a totalidade de sindicatos xunto co goberno municipal, asinamos unha RPT que garantía os 1500€ a policías e bombeiros, cun incremento retributivo (para estes colectivos) do 50% e subidas, en diferentes contías, ao resto de persoal municipal. Na asemblea xeral realizada no Coliseum para consulta ao persoal sobre da sinatura ou non deste acordo, nos dixemos que esa RPT proposta era tecnicamente moi deficiente aínda que  estes defectos podían permitirnos perfeccionar a RPT nun futuro, cando o Goberno Municipal pretendera a súa modificación.

No medio do conflito aprobouse a lei 4/2007, de Coordinación de Policías Locais de Galicia (LGPLG), que modificaba os grupos de titulación dos corpos da Policía Local e permitía que non se aplicasen as retribucións desta modificación ate o ano 2010. Se ben é certo que dita lei contemplaba detraer do complemento específico a cantidade que se incrementase polo cambio ao grupo C1 iso  implicaría unha modificación da RPT que iría en contra do acordo que dera fin ao conflito estando xa en vigor esa lei, polo que o Goberno do PSOE non se atrevería a facelo.

Pois neste contexto, a UGT e CSIF, iniciaron unhas negociacións por fora da Mesa Xeral de Negociación (das que xa nos gustaría saber de quen partiu a iniciativa), levou co apoio final de CCOO á aprobación do “acordo de reclasificación da Policía Local no ano 2009. A CIG NEGOUSE A ASINAR ESE ACORDO POR CONSIDERAR QUE ERA LESIVO PARA OS INTERESES DOS/AS POLICÍAS E, ADEMÁIS, VOLVÍASE A MODIFICAR A RPT DE XEITO ARBITRARIO E SEN XUSTIFICACIÓN TÉCNICA ABRINDO UNHA BRECHA QUE POÑÍA EN PERIGO O USO DA RPT EN PREXUIZO DA TOTALIADE DOS POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO; ESTA VEZ CON APOIO DOS SINDICATOS CSIF, UGT E CCOO. (Posición da CIG proposta 2009  - preme eiquí-).

Ese acordo adiou no tempo o incremento correspondente ao cambio de grupo nos policías que tiñan ingresado coa titulación anterior á LGPLG, que era a inmensa maioría, excepto os que tiñan preto a súa xubilación. Tal adiamento lastrou a consabida perda de retribucións varios anos. A PARTE DO DO ACORDO QUE AFECTABA Á RPT NON SE EXECUTOU POR IMPERATIVO LEGAL E PORQUE OS SINDICATOS ASINANTES DO MESMO NON FORON O SUFICIENTEMENTE HÁBILES OU PRECAVIDOS PARA APROVEITAR A ADECUACION NA RPT AOS NOVOS GRUPOS DE TITULACIÓN PARA MODIFICAR O ESPECÍFICO E O COMPLEMENTO DE DESTIÑO; AÍNDA NO CASO DE TER QUE ADIAR A SÚA APLICACIÓN POLO ACORDO, TAL E COMO SE FIXO COA RPT DE DECEMBRO DE 2009.

A necesidade dos asinantes para xustificar un mal acordo levounos á non aceptación dos impedimentos legais para a súa aplicación e non ter que asumir o seu erro teimando en aplicar o inaplicable e mostrando unha grande docilidade cos gobernos de quenda e obviando explorar outras posibilidades que terían permitido incrementar as retribucións, non só dos policías senón tamén do resto de empregados/as do Concello.

Dende a CIG, levamos tempo facendo unha proposta neste senso; proposta que ningún dos tres sindicatos asinantes do acordo 2009 atenderon e que limitáronse a criticar:

  1. Nivel mínimo de Complemento de Destiño para o subgrupo C1: CD 18 (coas consecuencias de efecto dominó nos corpos xerarquizados). A esta posibilidade negáronse co argumento de que a CIG pretendía utilizar “o seu acordo” para subir a outros colectivos. A realidade é que só afectaría a un colectivo fora do policial que son os/as compañeiros/as de bibliotecas que teñen o C1 – é dicir 21 persoas-). Así de ter aceptada esta proposta, os/as policías poderían levar todos estes anos cobrando a suba correspondente ao nivel e ter o nivel consolidado (a cambio desto se fixo cómplice aos policías da ilegalidade do pagamento dunha formación como compensación no ano 2015. –preme eiquí-
  2. Tamén levamos tempo defendendo a revisión da aplicación do complemento de perigosidade (que non só afecta á Policía , senón tamén a o S.E.I.S., lóxicamente) regulada no art. 49 das Normas de Xestión da RPT: “O perigo, representado polas siglas PG, retribúe a penosidade derivada do maior risco obxectivo e de exposición a situacións máis conflitivas no desempeño de postos relacionados coa seguridade cidadá” . Así, a nosa proposta sempre foi a aplicación textual do definido nese art. 49 o que suporía aos/ás policías o paso do PG1 ao PG4 cun aumento nas súas retribucións de 126€ mesuais e o Oficial, do PG2 ao PG4 cun aumento nas súas retribucións de 101€ mensuais.

Con esta proposta, evidentemente, baixarían o complemento de perigosidade do Inspector en adiante e subiría o resto. Pensamos que non enfadarse cos mandos para telos da súa parte foi a causa de non apoiar a proposta da CIG.